1120 [= Tav 122,5]
Sanhudo m’é meu amig’, e non sei

Sanhudo m’é meu amig’, e non sei,
Deu-lo sabe, por que xi m’assanhou,
ca toda ren que m’el a mí mandou
fazer fig’eu e nunca lh’[er] errei,
e por aquesto non tenh’eu en ren
sanha, que sei onde mi verra ben.
Tan sanhudo non m’é, se m’eu quiser,
que muit’alhur sen mí possa viver,
e en sobervia lho quer’eu meter
que o faça se o fazer poder,
e por aquesto non tenh’[e]u [en ren
sanha, que sei onde mi verra ben].
E, des que eu de mandado sair,
non se pode meu amigo guardar
que me non aja pois muit’a rogar
polo que m’agora non quer gracir,
e por aquesto non tenh’eu en ren
[sanha, que sei onde mi verra ben].
Quando m’el vir en Santa Marta estar
mui fremosa, meu amigo ben lheu
querra falar migo e non querrei eu;
enton me cuido ben del a vingar,
e por aquesto non [tenh’eu en ren
sanha, que sei onde mi verra ben].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 1118, V 709

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 317-318 [= LPGP 804-805]); Cohen (2003: 349); Littera (2016: II, 329).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 250); Braga (1878: 136); Machado & Machado (1956: V, 177);  Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


1 Sanhudo] Sanhuda V; amig’e] amigo B   2 que] que(i) V   3 ren] ten V   4 e nunca lh’[er] errei] enun calheirey B : en uncalherrey V   5 e] om. B; tenh’eu] teneu B   6 verra] ueira B   10 faça] faza V   13 que eu] q̅u B   16 gracir] grazir V   17 tenh’eu en] tenlheu eu B   21 querra] Q̅ira B; querrei] q̅irey B

Variantes editoriais


4 lh’[er] errei] lh[i] errei Nunes : lh’<i> errei Cohen : lh[e] errei Littera   16 m’agora] m’ag’ora Nunes   20 lheu] leu Cohen   24 mi] om. Nunes

Paráfrase


(I) Está irado o meu amigo, e non sei –Deus o sabe– por que se asañou comigo, pois fixen todo canto me mandou e nunca lle faltei en nada, e por isto non teño en nada a saña, que sei de onde me virá o ben.

(II) Tan irado non me está, se eu quero, que sen min poida vivir moito tempo noutro lugar, e con soberbia quérolle dicir que o faga, se o puider facer, e por isto non teño en nada a saña, que sei de onde me virá o ben.

(III) E, des que eu saia do seu mandado, o meu amigo non poderá evitar que teña que me rogar despois moito polo que agora non me quere agradecer, e por isto non teño en nada a saña, que sei de onde me virá o ben.

(IV) Cando me vexa estar en Santa Marta tan fermosa, o meu amigo quererá falar comigo facilmente, mais eu non quererei; daquela penso vingarme ben del, e por isto non teño en nada a saña, que sei de onde me virá o ben.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:206)

Encontros vocálicos: 9 so·ber·bi͜a; 19 Marta‿estar; 21 migo‿e

Notas


Texto
  • 4

    A diferenza dos anteriores editores (Nunes, Cohen, Littera), integramos a hipotética partícula er antes de errei, cuxa ausencia se explicaría do punto de vista dos erros de copia como unha haplografía.

  • 9

    Nótese que meter neste verso significa ‘dicir, expresar’, acepción que volve aparecer en 683.10.

  • 19

    Santa Marta debe aludir a unha ermida da parroquia de Berdía, pertencente ao concello de Santiago de Compostela.

  • 20

    Os manuscritos subministran a forma lheu, por máis que Cohen estabeleza a minoritaria variante leu na súa edición das cantigas de amigo. O adverbio lheu (sempre na frase ben lheu ‘facilmente’) é outro provenzalismo de escasa presenza no corpus. Esta forma con consoante palatal (talvez de orixe catalá; véxase García-Sabell Tormo 1990: 203-205) convive con leu (véxase nota a 14.13).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado