593 [= Tav 25,13]
Amigo, queredes-vos ir?

– Amigo, queredes-vos ir?
– Si, mia senhor, ca non poss’al
fazer, ca seria meu mal
e vosso; por end’a partir
mi conven daqueste logar:
mais que gran coita d’endurar
mi sera, pois me sen vós vir!
– Amig’, e de min que sera?
– Ben, senhor bõa e de prez,
e, pois m’eu for daquesta vez,
o vosso mui ben passará;
mais morte m’é de m’alongar
de vós e ir-m’alhur morar,
mais pois [s]e[n] vós ũa vez ja.
– Amig’, eu sen vós morrerei.
– Non querra Deus esso, senhor,
mais, pois u vós fordes non for,
o que morrerá eu serei;
mais quer’eu ant’o meu passar
ca assi do voss’aventurar,
ca eu sen vós de morrer ei.
– Queredes-mi, amigo, matar?
– Non, mia senhor, mais por guardar
vós, mato mí, que mi-o busquei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 575-576, V 179

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 81-82 [= LPGP 181]); Nunes (1973 [1928]: 28-29); Cohen (2003: 611); Littera (2016: I, 226).
II. Outras edicións: Moura (1847: 153-155); Monaci (1875: 72); Braga (1878: 36); Machado & Machado (1952: III, 205-206); Cohen (1987: 68-69); Júdice (1997: 69); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 344-345); Arias Freixedo (2003: 389-390); Fidalgo (2009a: 104).

Variantes manuscritas


5 logar] loguar V   7 mi] me V   11 passará] sse passara BV   14 vos] uos BV   15 morrerei] moirerey B   16 Non querra] Nono q̄ira B : nono q̄rra V   18 morrerá] moirera B   21 morrer] moirer B   23 mais] maye V

Variantes editoriais


Lang presenta unha diferente estruturación dialogal, pois liga os vv. 8 e 15 aos respectivos parlamentos anteriores.

7 mi] me Lang, Nunes   11 mui] |mui| Cohen; passará] se passará Lang, Nunes, Cohen, Littera   14 mais pois [s]e[n] vós ũa vez ja] Mais pois é vós ũa vez ja Lang : Mais, pois é voss’ũa vez ja Nunes : mais pass’ o voss’ũa vez ja Cohen, Littera   16 querra Deus] o queirades Lang   21 ca] E Nunes   24 vós] vos Cohen; mato mí] mato-mi Littera

Paráfrase


(I) –Amigo, querédesvos ir? –Si, miña senhor, porque non podo facer outra cousa, pois sería prexudicial para min e para vós; por iso me convén marchar deste lugar: mais que grande será a coita que terei que soportar, cando me vir sen vós!

(II) –Amigo, e que vai ser de min? –Ben, senhor boa e de valor, e despois de eu me ir desta vez a vós havos de ir ben; mais é a miña morte afastarme de vós e ir morar a outro lugar, mais despois sen vós, dunha vez.

(III) –Amigo, eu sen vós morrerei. –Non quererá Deus iso, senhor, mais cando onde vós fordes eu non for, o que morrerá hei ser eu; mais quero eu pasar as miñas antes que pórvos en risco a vós, porque eu sen vós hei de morrer.

(1) –Amigo, querédesme matar? –Non, miña senhor, mais por protexervos a vós, mátome a min, que o busquei.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a + 8c 8c 8a (= Tav 161:234)

Encontros vocálicos: 20 *ca‿assi; 22 -mi,‿amigo; 24 mi-‿o

Notas


Texto
  • 4-5

    Nótese a estrutura verbal conviir + a + infinitivo, en liña coa necesaria presenza do nexo preposicional (a ou de) cando a forma conxugada de conviir vai seguida de infinitivo, de xeito que só está ausente o nexo cando o infinitivo vai anteposto: pois m’escolher conven (377.19), perfiar me conven! (1337.21), colher non conven (1679.8). Véxase Glosario, s.v. conviir.

  • 11

    Pola hipermetría versal omitimos o pronome se (mantido en todos os editores, coa expunción de mui en Cohen e Littera), pois, para alén de non rexistrar passar como verbo pronominal no corpus, existe algún contexto en que a súa presenza é produto dun erro de copia (véxase 942.13).

  • 14

    Este verso presenta unha expresión estraña (véxase a inintelixibilidade da lectura de Lang), o cal explica as diversas propostas e emendas editoriais, que culminan na edición do cancioneiro de amigo de Rip Cohen: a partir dunha suxestión de Lang baseada nun verso similar noutra cantiga de Joan Baveca (senon que pas[s]’o vosso ũa vez ja, 1247.21) estabelece unha expresión que xa se encontra na mesma estrofa no v. 11 (o vosso mui ben passará).
    A solución para este difícil verso podería derivarse dos versos correlativos das outras estrofas, onde se repite o sintagma sen vós (mi sera, pois me sen vós vir!, v. 7; ca eu sen vós de morrer ei, v. 21). Ao mesmo tempo, haberá que considerar a presenza da expresión adverbial ũa vez ja ‘de vez, definitivamente’, que se rexistra noutras dúas pasaxes do corpus das cantigas profanas (900.14, 1247.19). Así, propomos unha lectura mais pois [s]e[n] vós ũa vez ja, como final do período iniciado no v. 12; isto é: ‘éme morte se me afasto de vós e me vou morar lonxe, mais despois, sen vós, definitivamente’.

  • 16

    Igual que acontece con se no v. 11, é adventicio o pronome o no verso (o CD é esso) e a súa presenza espuria por erros de transmisión pode verse noutros contextos ao longo do corpus das cantigas profanas: 423.4 (V), 776.15 (BV), 1029.7 e 13 (BV), 1374.4 (BV), 1477.27 (BV).

  • 20

    Tal como foi transmitido o verso en BV parece inevitábel a sinalefa ca‿assi, contradicindo os principios de autonomía silábica de ca. Véxase nota a 47.5-8.

  • 24

    Os pronomes vós e , como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado