I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 213-214); Simões (1991: 58 [= LPGP 758-759]); Littera (2016: II, 273).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 84); Braga (1878: 43); Machado & Machado (1952: III, 257-258).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 33); Tavares (1961: 26-27); Pena (1990: 68); Alonso Girgado (1992: 53).
1 Non] on B 2 d’Amor] [**]or V 4 de] do V; morrer] moirer B 9 partir] parar B 10 morrer] moirer B 11 catarei] Catasey B 15 Descusar morte (e) poys eu (certo ssey) tal razō B 16 prender] p̃nder B 18 que] qⁱ B
1 defender] deffender Nunes 6 m’at’Amor] mat’Amor Nunes, Simões, Littera 8 seu] ssen Nunes 9 partir] parar Simões, Littera 12 m’at’Amor] mat’Amor Nunes, Simões, Littera 15 mort’, e] morte, [e] Simões; en] eu Simões, Littera 18 m’at’Amor] mat’Amor Nunes, Simões, Littera
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:196)
Encontros vocálicos: 6 mi‿á; 9 morte,‿e; 12 mi‿á; 18 mi‿á
Face á edición tradicional mat’Amor (isto é, ‘Amor mate’), preferimos a segmentación m’at’Amor, máis satisfactoria e polivalente do punto de vista semántico co verbo atar (‘Amor préndeme’), para alén de o verbo matar esixir a presenza dun pronome. Neste sentido, percíbese noutras pasaxes o mesmo xogo paronomásico subxacente entre m’atar e matar (cfr. a morte desto se m’ata, 248.4; e desto xi m’atou morte, 851.4). Véxase Glosario, s.v. atar.
Nótese a estrutura verbal conviir + a + infinitivo, en liña coa necesaria presenza do nexo preposicional (a ou de) cando a forma conxugada de conviir vai seguida de infinitivo, de xeito que só está ausente o nexo cando o infinitivo vai anteposto: pois m’escolher conven (377.19), perfiar me conven! (1337.21), colher non conven (1679.8). Véxase Glosario, s.v. conviir.
O substantivo defenson ‘defensa’ (cfr. 601.9), sen palatalización inducida por iode, como en prijon (vs. prison), derivado do lat. defensiōnem, é a forma maioritaria no corpus profano (3.14, 171.15, 601.9, 1320.10, 1332.18), fronte a sinónimos da mesma familia lexical como defesa ~ defensa (no v. 8).