527 [= Tav 25,53]
Non sei como me salv’a mia senhor

Non sei como me salv’a mia senhor
se me Deus ant’os seus olhos levar,
ca, par Deus, non ei como m’assalvar
que me non julgue por seu traedor,
pois tamanho temp’á que guareci
sen seu mandad’oir e a non vi.
E sei eu mui ben no meu coraçon
o que mia senhor fremosa fara
depois que ant’ela for: julgar-m’-á
por seu traedor con mui gran razon,
pois tamanho temp’á que guareci,
[sen seu mandad’oir e a non vi].
E, pois tamanho foi o erro meu
que lhi fiz torto tan descomunal,
se mi a sa gran mesur’a [mí] non val,
julgar-m’-á por én por traedor seu,
pois tamanho temp’á que [guareci,
sen seu mandad’oir e a non vi].
[E], se o juizo passar assi,
ai eu, cativ’, e que sera de min?
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 529, V 112, T 6

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 35); Nunes (1972 [1932]: 120-121); Gonçalves (2016 [1991]: 160 [= LPGP 201-202]); Eirín (2015: 139); Littera (2016: I, 183-184).
II. Outras edicións: Moura (1847: 48-49); Monaci (1875: 49); Braga (1878: 23); Machado & Machado (1952: III, 77); Sharrer (1991: 21-22); Montero Santalha (1997: 234); Júdice (1997: 108); Montero Santalha (2004); Ferreira (2005: 138-139).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 48).

Variantes manuscritas


4 seu] sen B   5 tamanho] tambano B : camanho V   6 seu] om. V; mandad’oir] mandado hir BV; vi] uir B : uyr V : [*]yr T   10 con] cū B   11 tamanho] camanho BVT   13 erro] eiro B   15 gran] g̃ra B1

Variantes editoriais


3 ei] [s]ey Nunes; m’assalvar] m’a salvar Lang   5 tamanho] camanho Lang   6 sen] om. Lang; mandad’oir] mandado oi Lang   11 tamanho] camanho Lang   12 sen] om. Lang; mandad’oir] mandado oi Lang; non] mon Nunes   14 lhi] lhe Gonçalves   15 se mi a sa gran mesur’a [mí] non val] me a sa [mui] gran mesura non val Lang : mi a sa gran mesura non val Gonçalves, Littera : mi a [mí] sa gran mesura non val Eirín      17 tamanho] camanho Lang   18 sen] om. Lang; mandad’oir] mandado oi Lang   19 E] om. Gonçalves   20 min] mi Lang, Nunes

Paráfrase


(I) Non sei como me xustificar perante a miña senhor se Deus me leva perante os seus ollos, pois, por Deus, non vexo como xustificarme para que non me xulgue  como traidor contra ela, pois tanto tempo hai xa que seguín vivo sen ouvir os mandados dela e que non a vin.

(II) E sei eu moi ben no meu interior o que a miña senhor fará así que perante ela for: ha de xulgarme como traidor a ela, con moita razón, [refrán]

(III) E xa que o meu erro foi tan grande que lle fixen un agravio tan descomunal, se non me axuda a súa mesura, ha de xulgarme como traidor contra ela, [refrán]

(1) E, se así for o xuízo, ai de min, infeliz, que vai ser de min?

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= Tav 160:22)

Encontros vocálicos: 15 mi‿a

Notas


Texto
  • 3

    Neste verso rexístrase a única aparición da variante assalvar ‘xustificar, desculpar’, con a- protético (véxase a diferente segmentación e conseguinte interpretación de Lang), que podemos encontrar nas cantigas trobadorescas, en coherencia coa escasísima aparición na lingua medieval, pois nos bancos de datos lexicais só localizamos unhas poucas ocorrencias (véxase CGPA, s.v.). Véxase nota a 35.12.

  • 5-6

    A versión langiana do refrán é certamente defectuosa, condicionada pola dependencia de V.

  • 14

    Descomunal, adxectivo presente en varias cantigas afonsinas, deriva por prefixación de comunal (véxase nota a 537.11), é moito máis común na lingua das cantigas do que a súa base léxica (véxase tamén 3.12, 485.7, 495.16, 497.9, 592.14, 926.20 e 1408.27).

  • 15

    Perante a hipometría (pola inevitabilidade da sinalefa mi‿a), resolvemos co pronome a hipometría do verso (cfr. mesur’a mí nen mercee non val, 883.r3). Con todo, o recurso á construción pleonástica mi a mí, existente no corpus, tamén sería posíbel.

  • 19

    A métrica indica que é necesaria a copulativa inicial da fiinda, ausente con relativa frecuencia nos manuscritos. Casos semellantes, en fiindas, documéntanse en 274.19, 287.19, 398.22, 527.19, 578.19, 581.19, 633.22, 841.19, 1019.22, 1020.19, 1051.19, 1057.19.

  • 20

    Este mesmo verso aparece nunha cantiga de Vaasco Gil (262.19). Véxase nota a 3.21.

  1. ^

    Dado o estado extremadamente lacunoso de T, non referenciamos no aparato os innúmeros casos de carencia textual e cinxímonos a referir as variantes editoriais.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado