851 [= Tav 8,3]
A que eu quero gran ben des que a vi

A que eu quero gran ben des que a vi
e que amo, Deu-lo sabe, máis ca mí
me faz en coita viver,
e desto xi m’atou morte, sen poder
que eu aja d’end’al fazer.
A provar averei eu se poderei
guarir sen a ir veer, pero ben sei
que o non ei de fazer,
e desto xi m’atou morte, [sen poder
que eu aja d’end’al fazer].
[E] pero nunca lh’eu cousa mereci
per que me mate, ventura me faz i
sen seu grado ben querer,
e desto xi m’atou [morte, sen poder
que eu aja d’end’al fazer].
Nunca tal ventura vistes qual eu ei
contra ela, que servi sempre e amei,
po-lo non ousar dizer,
e desto xi m’atou [morte, sen poder
que eu aja d’end’al fazer].
Por sandice mi pod’ome esto contar,
mais por coita non quen vir seu semelhar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 

Manuscritos


B 855, V 441

Após a fiinda, en BV iníciase un novo verso: <E desto> B, <e desto> V.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 264-265 [= LPGP 99]); Negri (2012: 126); Littera (2016: I, 64-65).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 164); Braga (1878: 83-84); Machado & Machado (1953: IV, 181-182);  Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


1-2 des que a vi / e que amo] des quea ui / (desquea ui) / eque amo V   4 matou] maton V   5 eu] en V   11 nunca] nūc(h)a B; mereci] merezi V   12 ventura] e. uentᵉa : uentᵉa V   13 sen] sen ssen V   14 xi m’atou] xunatou B   16 ventura] uentᵉa V; qual]  l V   21 ome] omē BV   22 quen vir seu] uir sen B

Variantes editoriais


Na edición de Nunes, a fiinda inclúe tamén os dous versos do refrán. Negri reconstrúe coa fiinda unha estrofa final, sinalando a carencia do terceiro verso.

4 xi m’atou] xi mi ven Nunes : mi matou NegriLittera   9 xi m’atou] xi mi ven Nunes : mi matou NegriLittera   11 [E] pero nunca lh’eu cousa mereci] Pero nunca lh’eu cousa [non] mereci Nunes : Pero nunca lh[e] eu cousa mereci NegriLittera   14 xi m’atou] xi mi ven Nunes : mi matou NegriLittera   17 sempre e] sempr’e Nunes, NegriLittera   19 xi m’atou] xi mi ven Nunes : mi matou NegriLittera   21 ome] omen Nunes, NegriLittera

Paráfrase


(I) A que eu quero moito desde que a vin e que amo, Deus o sabe, máis que a min, faime vivir en coita, e disto me vén a morte, sen que eu teña poder para evitalo.

(II) Hei probar se poderei vivir sen a ir ver, mais sei ben que non o hei de facer, e disto me vén a morte, sen que eu teña poder para evitalo.

(III) Aínda que eu nunca por ningunha cousa merecín que me mate, a (miña) ventura faime amala sen o seu consentimento, e disto me vén a morte, sen que eu teña poder para evitalo.

(IV) Nunca tal ventura vistes como a que eu teño en relación con ela, que sempre servín e amei, por non ousar dicilo, e disto me vén a morte, sen que eu teña poder para evitalo.

(1) Por loucura me pode calquera contar isto, mais non por coita, quen vir o seu semblante.
 

Métrica


Esquema métrico: 11a 11a 7b 11B 8B + 11c 11c (= Tav 42:4)

Encontros vocálicos: 17 sempre‿e; 21 ome‿esto

Notas


Texto
  • 2

    A preposición a non existe na expresión amar máis ca mí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (44.13, 102.17, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. , func. 2). Cfr. nota a 177.22 e 243.16.

  • 4

    A lectura e emenda da unánime lección manuscrita <matou> por parte de Nunes (mi ven) é absolutamente inxustificada e debe provir dunha incomprensión do verbo atar-se ‘'resultar, provir, seguirse' (sempre con uso pronominal e coa rexencia da preposición de ou do pronome én, que só aparece, para alén deste contexto, en 248.4 (A morte desto se m’ata) e 1552.21 (ca demo lev’a prol que xi lh’én ata). Neste sentido, nótese tamén a errada emenda de xi en mi realizada por Littera, obrigada pola mecánica manutención de matou, sen segmentación.

  • 11

    Nunes sanou a hipermetría versal cunha desnecesaria negación (cfr. nunca... eu... mereci) e Littera cunha reintegración condenada á sinalefa (lh[e] eu). Consideramos que semella máis acaída a restauración da copulativa inicial de estrofa, por ser esta omitida con frecuencia polos copistas. Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc. Deste xeito, e fronte á posibilidade de e, pero, con independencia sintáctica das dúas conxuncións, optamos pola locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’, de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar por unha ou outra lectura.

  • 12

    Neste verso asistimos á comparecencia espuria de e (omitida no verso anterior), que xa en Nunes foi eliminada por razóns métricas (hipermetría) e tamén pola incoherencia sintáctica que supuña a súa presenza. En calquera caso, en bastantes pasaxes é necesaria a expunción da copulativa, que procede de lapsos dos copistas, como mostran contextos en que, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9).

  • 21

    A lección <omē> de BV implicaría unha forma omen (así en Nunes e en Littera) con que non sería posíbel a sinalefa omeesto, mostrando como se manifesta o verniz lusitanizante que en ocasións presenta o texto copiado nos apógrafos italianos, con formas omen onde a métrica esixe ome. É necesaria, pois, a emenda e a recuperación da forma ome tal como acontece noutras pasaxes do corpus: 82.14, 132.21, 492.17, 851.21, 901.28 (B’V vs. AB), 1109.7, 1198.8, 1559.8, 1681.17.

  • 21-22

    Tras o texto da fiinda os copistas semellan ter iniciado con <e desto> a copia do refrán, que foi erradamente trasladado á edición en Nunes.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado