950 [= Tav 63,43]
Non vi molher des que naci

Non vi molher des que naci
tan muito guardada com’é
a mia senhor, per bõa fe;
mais pero a guardan assi
quantos dias no mundo son,
ala vai o meu coraçon.
De sa madre sei ũa ren:
que a manda muito guardar
de mí e d’outren ala entrar;
mais pero a guarda mui ben
quantos dias no mun[do son,
ala vai o meu coraçon].
Do[s] que a guardan sei eu ja
que lhis non pod’ome ala ir;
mais direi-vos, por non mentir:
pero mui guardada está
quantos dias no mundo son,
[ala vai o meu coraçon].
E pesa-mi a min porque non
posso ir u vai meu coraçon.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 947, V 535

A fiinda, ausente en B, só foi copiada no Cancioneiro da Vaticana.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 359-360); Rodríguez (1980: 76 [= LPGP 392]); Littera (2016: I, 427-428)
II. Outras edicións: Monaci (1875: 192); Braga (1878: 102); Nunes (1973 [1926-1928]: I, 217-218): Machado & Machado (1953: IV, 316); Gassner (1933: 396-397); Fernández Pousa (1959: 88).
III. Antoloxías: Dobarro Paz et alii (1987: 101); Ferreira (1988: 52-53); Alvar & Beltrán (1989: 284); Jensen (1992: 140).

Variantes manuscritas


1 naci] nag BV   2 guardada] guarda ca B : guardaua V   3 bõa] boa B   4 pero] prio V   6 coraçon] coracon B   7 De sa madre] E dessa madre BV; ũa] buā V   10 pero] po V   11 mun[do]] mī V   13 guardan] guardar V   15 por] per B : pᵉ V   17 son] sen V   19-20 om. B

Variantes editoriais


3 bõa] boa Nunes, Rodríguez, Littera   7 De] E de Nunes   10 guarda] guarda[m] Nunes   15 por] per Rodríguez, Littera

Paráfrase


(I) Desde que nacín non vin unha muller tan ben gardada como o está a miña señora, abofé; mais aínda que a gardan así cantos días existen no mundo, alá vai o meu corazón.
(II) De súa nai sei eu unha cousa: que a manda gardar moito de que eu ou outro entremos alí; mais aínda que a garda moi ben cantos días existen no mundo, alá vai o meu corazón.
(III) Polos que a gardan sei eu xa que non pode ninguén ir alá; mais direivos, por non mentir: aínda que está moi gardada cantos días existen no mundo, alá vai o meu corazón.
(1) E a min pésame, porque non podo ir a onde vai o meu corazón.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= Tav 160:347) + 8c 8c

Encontros vocálicos: 9 ala‿entrar; 14 ome‿ala; 19 -mi‿a; 20 posso‿ir

Notas


Texto
  • 1

    Obsérvese o erro <g>/<ci> nos dous cancioneiros italianos, que se acha nalgunha ocasión máis en cada un deles fronte ao outro: padeci <pades> B, <padeg> V (886.2), ciente <gente> B, <çiente> V (1336.11).

  • 4

    Dun modo diferente a como acontece noutros contextos en que mais e pero funcionan como conxuncións independentes do punto de vista sintáctico (véxase 76.10, 301.16, 692.10, 728.16, 953.4, 1146.9), mais pero (mas pero en 268.16) constitúe –tamén no v. 11– unha locución conxuntiva equivalente a ‘a pesar de, non obstante, porén’.

  • 7

    A métrica indica que a copulativa inicial que ofrecen BV é adventicia e que debe ser expunxida, situación confirmada por diversas pasaxes ao longo do corpus en que, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 E 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 E 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9). E noutros casos, a pesar da coincidencia dos testemuños, existen razóns sintácticas, métricas ou doutro tipo que aconsellan a antecitada expunción.

  • 15

    A frecuente frase formularia por non mentir, que permite a interpolación de diversos elementos (por vos non mentir, por vos eu non mentir etc.), equivale a outras expresións de certeza, como per bõa fe, de pran etc. (véxase nota a 25.19, 92.6, 113.16). Neste contexto, a aparición de per en B, que contrasta coa unánime presenza de por na expresión, debe ser interpretada como un erro de copia do antecedente, coa lección correcta en V (véxase Brea & Fernández Guiadanes 2021: 69-71).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado