1102 [= Tav 15,1]
Dizen pela terra, senhor, ca vos amei

Dizen pela terra, senhor, ca vos amei
e de toda-las coitas a vossa maior ei:
e sempr’eu, namorado,
ei a viver coitado.
Dizen pela terra que vos amei, [senhor],
e de toda-las coitas a vossa ei maior:
e sem[pr’eu, namorado,
ei a viver coitado].
E de toda-las coitas a vossa maior ei,
e non dórmi’aa noit’, e o dia peior ei:
e sempr’eu, namorado,
[ei a viver coitado].
E de toda-las coitas a vossa ei maior,
e non dórmio à noit’, e o dia ei peor:
e sem[pr’eu, namorado,
ei a viver coitado].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 

Manuscritos


B 1100, V 691

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 315 [= LPGP 128]); Montero Santalha (2007: 29); Littera (2016: I, 133).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 244); Braga (1878: 132); Machado & Machado (1956: V, 145);  Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Bernárdez (1952: 90); Nunes (1959: 365-366); Álvarez Blázquez (1975: 203-204); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 29).

Variantes manuscritas


1 Dizen] Dy(x)zeu V; terra] teira B   3 sempr’eu] sē prē B : sen pren V   5 terra] teira B; vos] uus V   9 maior ei] (ey) mayor (ey) ey B   10 noit’, e] noyta B   14 ei] ay B; peor] pe(y)or V

Variantes editoriais


1 Dizen pela terra, senhor, ca vos amei] Dizem [i] pela terra, senhor, ca vos amei Montero Santalha   5 Dizen pela terra que vos amei] Dizen pela terra ca vos amei Nunes : Dizem [i] pela terra ca vos amei Montero Santalha : Dizem pela terra ca vos amei Littera   10 dórmi’aa noit’] dórmio a noit’ Nunes, Littera : dôrmi’‿aa noit’ Montero Santalha : dórmi’ aa noite Rettore; peior] peor Nunes   14 dórmio à noit’] dórmio a noit’ Nunes, Littera : dôrmi’‿aa noite Montero Santalha : dórmio á noite Rettore

Paráfrase


(I) Din pola terra, señora, que vos amei, e de todas as coitas sufro a maior por vós: e por sempre eu, namorado, hei de vivir coitado.

(II) Din pola terra que vos amei, señora, e de todas as coitas sufro por vós a maior: e por sempre eu, namorado, hei de vivir coitado.

(III) E de todas as coitas por vós sufro a maior, e non durmo de noite, e paso o día peor: e por sempre eu, namorado, hei de vivir coitado.

(IV) E de todas as coitas sufro a maior por vós, e non durmo de noite, e o día pásoo peor: e por sempre eu, namorado, hei de vivir coitado.

Métrica


Esquema métrico: 12a 13a 6’B 6’B (I-II) + 13a 13a 6’B 6’B (III-IV [= Tav 37:22])

Encontros vocálicos: 10 dór·mi’͜a·a; 14 dór·mi͜o

Notas


Texto
  • *

    Por máis que esta composición fose incluída por Nunes na súa edición das cantigas de amigo, é unha cantiga de amor, dirixida á senhor (xa no íncipit). Na edición crítica do texto de Airas Paez, Rettore (2020: 20) sintetiza a cuestión: «Malgrado il componimento sia, dal punto di vista retorico, indubbiamente una cantiga d’amor, è evidente que esso è scrito piuttosto come una lirica d’amigo: lo dimostra il lessico povero e ripetitivo, la sintassi essenziale e soprattutto la struttura metrica di una cantiga de refrá a coblas alternas di tipo aab (...) che coniuga parallelismi e leixa-prén».

    Conforme o texto subministrado por BV, a cantiga presenta dúas partes diferenciadas metricamente, tal como sucede nalgunhas composicións, nomeadamente nalgunhas de amigo (véxase, por exemplo, as cantigas 585, 656, 735, 1175 ou 1207), feito que escusaría a integración de unha sílaba ([i], [eu]...) nos vv. 1 e 5: «nell’intero corpus delle cantigas d’amigo vi sia un consistente numero di componimenti (perlopiú a coblas alternas di tipo aaB che combinano parallelismo e leixa-prén) in cui il criterio della corrispondenza esterna deve essere applicato non sulla totalità del testo quanto per coppie di strofe, pertanto il problema nel nostro caso non si pone affatto, dato che l’apparente irregolarità è stata riconosciuta come a tutti gli effetti regolare in un significativo numero di testi. Se, come si è detto sopra, il nostro testo gioca con un ibridismo tra i generi ed è metricamente piú vicino al canto di donna, se ne deduce che il fenomeno (al momento provato solo nelle cantigas d’amigo, ma in quanto non sono stati ancora analizzati allo stesso modo i corpora delle canzoni d’amor e d’escarnho e maldi-zer) può essere applicabile anche qui: se si segue questo ragionamento, non è necessario considerare i vv. 1 e 4 ipometri di una sillaba» (Rettore 2020: 23).

  • 1-5

    Para alén da obvia integración de senhor como palabra rimante no v. 5, Montero Santalha acrecenta o adverbio i no primeiro hemistiquio dos vv. 1 e 5, para reequilibrar metricamente os versos, porén cunha secuencia que non aparece nunca no corpus das cantigas (*Dizen i...).

    Tal como acontece decote cos textos medievais, tamén esta cantiga presenta variacións –fonomorfolóxicas– en varios versos simétricos. Nestes versos, repárese na variación morfolóxica (ca, v. 1; que, v. 5), que debe ser sumada á que se produce nos vv. 10-14 (véxase nota).

  • 3

    A primeira ocorrencia do refrán presenta un texto sempr’én (<sē prē> B, <sen pren> V), que contrasta coa copia do refrán na estrofa III, que presenta sempr’eu: é máis coherente do punto de vista semántico a presenza do suxeito eu en face do pronome én, feito que implica a nivelación sobre a segunda lección.

  • 5

    A teor dos datos subministrados polos cancioneiros, as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva ou integrante. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV), tal como se percibe nesta pasaxe e noutras moitas: 66.6, 84.15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 981.19 e 26, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1

    A relativa frecuencia da terminación gráfica -us no Cancioneiro da Vaticana en voces en que é xeral a terminación -os alcanza tamén ao pronome persoal vos, que por veces aparece como <uus> (cfr. un antecedente <uꝯ>), tal como acontece tamén no Cancioneiro da Ajuda.

  • 10-14

    Para alén da variación ca / que nos vv. 1-4, no v. 10 rexístrase a aglutinación aa, sen a crase à do v. 14, en liña coa alternancia aa ~ à do corpus profano; asemade, fronte á variante peior (típica dos apógrafos italianos), no v. 14 comparece a forma peor, única que se rexistra no Cancioneiro da Ajuda.

    A respecto de dormir aa ~ à noite debe subliñarse que a formulación de Airas Paez é a única que utiliza a preposición a na introdución do complemento circunstancial de tempo con dormir. Ao longo do corpus, dormir aparece sen preposición: Levad’, amigo, que dormides as manhanas frias (656.1); Amiga, tal coita d’amor á sigo / que ja nunca dorme noite nen dia (1240.16). Ou con preposición de: des i de noite nunca dorme nada (1588.7); ca non dórmio de noite con pavor (1669.9).

  1. ^

    Resultan tamén significativas algunhas correccións e/ou vacilacións, como as de 530.4 (<(qu) ca> B) e 1450.17 (<ca que> B, <ca q̄> V), así como o erro de copia de A en 414.r1 (<que / ca> A, <q̄> B, <que> V).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado