I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 403 [= LPGP 470-471]); Littera (2016: I, 552-553).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 131); Carter (2007 [1941]: 122); Machado & Machado (1950: II, 128-129); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 318).
1 Coit’averia se de] Coyta queiria sehu de B 2 coidasse aver] cuydassa ueer B 3 vee-la] uēela A 5 como] omo A : Come B 6 morreria] moireria B 7 o] E B 9 e pero ést’assi] e pᵉa questassy B 11 cuidass’aver] cuydasse ueer B 12 nen] [N]on A : Nen B 13 nen] [N]on A : Nen B 14 cuido a ir] cuydayr B 16 assi] asi A 17 come] Como B
2 coidasse] coidass(e) Michaëlis : coidass’ Littera 3 poder’eu] poder’ eu Michaëlis 11 come] como Michaëlis, Littera 13 nen] Non Michaëlis : Nom Littera 14 cuido] cuid(o) Michaëlis : cuid’ Littera 17 come] como Michaëlis, Littera
(I) Tería coita se da miña señora pensase recibir ben, cando a vise, e non puidesse vela de forma ningunha; xa que por iso teño agora tan gran coita como se pensase obter o seu ben, non morrería máis por vela, (II) cousa que, mentres eu viva, non penso nin pensei nunca, desde que a vin: obter o seu ben; e, aínda que é así, teño tan gran coita por ir a onde ela está como se pensase obter o seu ben: non morrería máis por vela, (III) nin estaría máis feliz, en verdade, do que estou, porque penso ir a onde está ela, que morro por servila; e así morro xa por vela como se pensase obter o seu ben: non morrería máis por vela, (1) aínda que sei que obro mal desexando (tanto) o meu mal como o meu ben.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10D 10D + 10e 10e (= Tav 203:1)
Encontros vocálicos: 2 coidasse‿aver; 14 cuido‿a
Esta cantiga de Lopez d’Ulhoa é unha verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda, aínda que na edición michaëliana só aparecen ligadas as estrofas I-II, e en Littera todas as cobras son independentes. Véxase nota á cantiga 15.
Nótese a alternancia de aver (A) e veer (B) na copia deste verso, tamén no v. 11, ambas formas correctas, embora mude o significado. A mesma ou similar variación entre códices é relativamente frecuente: veer A vs. aver BV (66.31, 83.6, 312.1, 417.8), aver A vs. veer B (92.8, 174.13), aver A vs. a veer B (188.28), a veer V vs. aver B (754.6). Véxase tamén 61.21, onde é necesaria a emenda de aver en prol de veer.
Do mesmo xeito, na copia deste verso rexístrase a construción verbal coidar + infinitivo (en A), face a cuidar + a + infinitivo (en B).
Por outra parte, o acento na 4ª sílaba aconsella optar pola sinalefa coidasse‿aver, aínda que tamén sería posíbel quando‿a.
A versión michaëliana do verso propón unha forma poder’, futuro de subxuntivo, que non é gramatical no contexto, pois o verbo principal é un pospretérito (averia, v. 1); a alternativa editorial lóxica é poder(a), cun uso subxuntivo do antepretérito, que contrasta con coidasse no v. 2, mais que se pode rastrexar no corpus trobadoresco (véxase, por exemplo, nota a 310.8).
O refrán presenta a variación lingüística como ~ come (véxase nota a 237.30) tanto na lección de A (como - come - come) como na de B (come - come - como). Cfr. nota a 27.4-6. Por outra parte, nótese a variación no primeiro verso do refrán en B, que na primeira estrofa presenta a lección cuidass’aver fronte a cuidasse veer na segunda, coa alternancia aver / veer que se detecta noutras pasaxes (véxase nota ao v. 2).
A forma <asi> é outra mostra no Cancioneiro da Ajuda de diferentes confusións gráficas no ámbito das sibilantes, nomeadamente da grafía <s> en contextos en que representa /s/, grafado de regra con <-ss->. Esta grafía detéctase especialmente en desinencias do pretérito de subxuntivo: <amase> amasse (409.6), <deues(e)> devesse (282.14), <disses(e)> dissesse (409.21), <ousas(e)> ousasse (346.3, 982.22), <podes(e)> podesse (409.2), <quisesedes> quisessedes (88.15, 812.7), <soffresen> sofressen (85.17), <uis(e)> visse (138.6). Alén desta desinencia, tamén se acha a mesma representación gráfica en <asi> assi (240.23), <disesse> dissesse (199.28), <outrosi> outrossi (413.11, 17 e 23, cfr. outrossi no v. 5), <pos(o)> posso (409.14), <uasalo> vassalo (84.12), <uoso> vosso (362.2). Véxanse tamén notas a 66.21, 69.7, 80.10 e 89.2.
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: