I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 203-204); Blasco (1984: 141-142 [= LPGP 812]); Marcenaro (2012b: 224-225); Littera (2016: II, 352).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 88); Carter (2007 [1941]: 57-58); Machado & Machado (1949: I, 332-333); Fernández Pousa (1953: 16); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 189).
III. Antoloxías: Torres (1977: 114-115).
2 me ven] mha uen B 3 ũa] ua A 4 me] mj B 6 me] om. A 8 pecado] pc̄cado B 9 coitado e] coytade B 11 sennor] senor A 12 me] mj B 13 outr’] oyr B 14 én] rē B 15 por] por (mui) A : por mj̄ B 17 o] e B; me] mj B 21 mal] ual B 24 faç’ensandecer] faz ensandeçer A 27 sera] ser(i)a A
9 coitado] coitad(o) Michaëlis : coitad' Littera 10 per ren] por én Michaëlis 11 min] mi Michaëlis
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= Tav 161:275)
Encontros vocálicos: 9 coitado‿e
Nótese a variación viir / aviir entre A e B (me ven vs. mi aven).
A forma doia, con [j] antihiático que se acabou consolidando en galego, só volve aparecer en 522.r, face ás formas máis etimolóxicas doa (548.6) e doades (746.10, 814.9).
Por outra banda, a mudanza textual de Michaëlis, sen apoio nos manuscritos, reorienta o sentido do período: ‘e de ningún modo a dona se doe de min’ vs. ‘e por iso se doe a dona de min’.
A aparición da grafía <z> en formas que regularmente presentan <c, ç> debe ser posta en relación con outras confusión gráficas que atinxen ao ámbito das sibilantes no Cancioneiro da Ajuda: en varias ocasións rexístrase <fazo> e <faza> faço e faça, ás veces en formas contractas (69.7 e 10, 117.17, 136.10, 189.24, 203.27, 273.22, 278.15, 403.2, 433.2), <ouzo> ouço (85.26) e <nazer> nacer (260.2). Véxanse tamén notas a 66.21, 80.10, 88.15 e 89.2.