420 [= Tav 50,6]
Nostro Sennor, que eu sempre roguei

Nostro Sennor, que eu sempre roguei,
pola coita que m’Amor faz sofrer,
que mi-a tollesse e non quis toller
e me leixou en seu poder d’Amor,
des oje-mais sempre ll’eu rogarei,
pois ei gran coita, que me dé maior
con que moira, ca mui gran sabor ei,
per bõa fe, de máis non guarecer,
pois s’El nunca de min quiso doer
e me faz viver sempr’a gran pavor
de perde-lo sén; mais ja graci-ll’-ei,
pois ei gran coita, que me dé maior,
se ll’aprouguer, mui cedo, ca non sei
oj’outra ren con que visse prazer;
pois m’El non quis nen quer del defender
e de meu mal ouve tan gran sabor,
mentr’eu viver sempre o servirei,
pois ei gran coita, que me dé maior
con que moira, ca de pran al non sei
que me possa toller coita d’amor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 261, B 438, V 50

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 510-511); Lanciani (1977: 76 [= LPGP 336]); Littera (2016: I, 377).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 25); Braga (1878: 10); Carter (2007 [1941]: 153-154); Machado & Machado (1950: II, 266); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 420).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 125-126).

Variantes manuscritas


2 m’Amor] mhamor BV   3 tollesse e non] tolhesse non mha B : tolhesse nō mha V   5 des] es A   6 me] mj BV   9 quiso] qⁱs BV   10 sempr’a] senp’ B : semp̄ V   11 perde-lo] ꝑder o B : perder o V; graci-ll’-ei] g̃çirlhoey BV   14 oj’] oieu BV; visse] eu uisse BV   15 del] om. BV   17 sempre o] senp’o eu BV; servirei] siruirei A   20 me] mj B : mi V

Variantes editoriales


2 m’] mh Lanciani : mi Littera   3 tollesse e non] tolhess’e non mh-a Lanciani : tolhess’e nom mi a Littera   6 me] mi Lanciani, Littera; dé] dê Michaëlis, Lanciani, Littera   11 perde-lo] perder o Lanciani, Littera; graci-ll’-ei] gracir-lho-ei Littera   12 me] mi Lanciani, Littera; dé] dê Michaëlis, Lanciani, Littera   14 que visse] que eu visse Littera   17 sempre o] sempr’o eu Lanciani, Littera   18 me] mi Lanciani, Littera; dé] dê Michaëlis, Lanciani, Littera   20 me] mi Lanciani, Littera

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10a 10C + 10a 10c (= Tav 183:2)

Encontros vocálicos: 3 mi-‿a

Notas


Texto
  • 1

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición, incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), véxase nota á cantiga 15.

  • 5

    A forma oje-mais (só en 411.3, 436.18; des oje-mais en 225.1 e 8 e 420.5 e 436.1) constitúe a adaptación galego-portuguesa do frecuente provenzalismo oimais ‘de aquí en diante’.

  • 6

    Nótese como no refrán, a conxunción que funciona como completiva nas estrofas I-II para se converter en consecutivo-final na estrofa III. Véxase nota a 208.4. Cfr. nota a 27.4.

  • 9

    A variante quis de B e V faría hipométrico o verso. Véxase nota a 60.19.

  • 11

    Coa lección perder os apógrafos italianos son máis resistentes a presentar a asimilación fonética (gráfica) do artigo coa forma verbal precedente (véxase nota a 210.8), así como mostran rexeitamento  do proceso asimilatorio [ɾʎ] > [ʎ] coa lección gracir-lho-ei, fenómeno que é moi ocasional en BV mais que aparece con relativa frecuencia en A (véxase nota a 21.3).

  • 14

    Neste verso rexístrase en B unha presenza espuria de eu, tal como acontece en diversas pasaxes nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9, 306.9; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7. Nótese, de todos os xeitos, como no v. 17 a versión de BV reintroduce eu –reiterativo– coa crase sempr’o (... sempr’o eu servirei).

  • 17

    A forma sirvirei de A parece un lapso de copia, pois no corpus non se rexistran aínda procesos de asimilación regresiva nestas formas verbais, que só no período moderno consolidaron esta evolución nos rexistros orais.

Buscar
    Sin resultados