864 [= Tav 14,9]
Oi oj’eu ũa pastor cantar

Oi oj’eu ũa pastor cantar
du cavalgava per ũa ribeira,
e a pastor estava senlheira;
e ascondi-me po-la ascuitar,
e dizia mui ben este cantar:
«So-lo ramo verd’e frolido
vodas fazen a meu amigo:
choran olhos d’amor!».
E a pastor parecia mui ben
e chorava e estava cantando,
e eu mui passo fui-mi achega[n]do
po-la oir e sol non falei ren;
e dizia este cantar mui ben:
«Ai estorninho do avelanedo,
cantades vós, e moir’eu e pen[o]
e d’amores ei mal!».
E eu oi-a sospirar enton,
e queixava-se estando con amores
e fazia grilanda de flores;
des i chorava mui de coraçon
e dizia este cantar enton:
«Que coita ei tan grande de sofrer,
amar amig’e non’ousar veer!
E pousarei so-lo avelanal!».
Pois que a grilanda fez a pastor,
foi-se cantando, indo-s’én manselinho,
e tornei-m’eu logo a meu caminho,
ca de a nojar non ouve sabor;
e dizia este cantar a pastor:
«Pela ribeira do rio
cantando ia la virgo
d’amor:
quen amores á
como dormirá,
[a]i bela frol?».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 
35

Manuscritos


B 868-869-870, V 454

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 233-234); Tavani (1993 [1963]: 83 [= LPGP 123-124]); Cohen (2003: 319); Littera (2016: I, 123).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 168); Braga (1878: 86); Machado & Machado (1953: IV, 200-201); Fernández Pousa (1954: 23-24).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 13-15); De la Iglesia (1886: III, 35-36); López-Aydillo (1914: 50-51); Cidade (1941: 12-13); Seoane (1941: 24-26); Nemésio (1961 [1949]: 143-144); Piccolo (1951: 134-135); Varela Jácome (1953: 17-18); Nunes (1959: 294-295); Álvarez Blázquez (1975: 24-25); Landeira Yrago (1975: 120-121); Torres (1977: 443-444); Reckert & Macedo (1980: 188-189); Fiúza (1981: 71-73); Dobarro Paz et alii (1987: 35); Ferreira (1988: 69-70); Alvar & Beltrán (1989: 348-349); Pena (1990: 320-321); Sansone (1990: 288-290); Jensen (1992: 34-36); Pena (1993: 165-166); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 261-262); Diogo (1998: 211-212); Morán (1999: 28-29); [Morán] (2001: 24-25); Arias Freixedo (2003: 294-296); Magalhães (2007: 99); Alvar & Talens (2009: 570-572); Mongelli (2009: 146-147); Souto Cabo (2017: 57).

Variantes manuscritas


1 oj'eu] ogen B   2 ribeira] om. B : sibeyra V   4 e] om. B; ascuitar] asenytar V   6 So-lo ramo] Sol iramo B   7 amigo] amige V   9 parecia] paretia B   12 oir] oyi V; non] nã V; ren] irem B   15 cantades] cantandes B   19 grilanda] gilanda BV   20 coraçon] corazō V   22 Que] .q. // Que B   25 grilanda] gilanda BV   26 indo-s’én] om. B : indosseu V   27 tornei] tr ney B : t̃ ney V; caminho] camȳo BV   29 e dizia este cantar] e dizia este cātar bē B : e dizia este cantar bē V   30 ribeira] iribeyra B; rio] iryo B   31 virgo] u’go B : uigo V   33 quen] quem quē B   34-35 dormirá, / [a]i] dormoiay B : dormoray V

Variantes editoriais


En Nunes os vv. 6, 7 e 8 forman parte da primeira estrofa.

2 du cavalgava] du cavalgaba Tavani : u cavalgava Littera   3 estava] estava [i] Nunes : estav’a[li] Cohen   4 ascuitar] escuitar Nunes, Tavani   6 So-lo] Sô lo Littera; verd’e frolido] verde frolido Nunes   8 choran] e choran Nunes, Cohen, Littera   12 oir] oi’r Nunes   15 moir’eu] moir[o] eu Nunes; pen[o]] pen’ Tavani, Littera   18 -se] -s’ Nunes   19 fazia grilanda] fazi’ũ[a] guirlanda Nunes, Cohen : fazia guirlanda Tavani : fazi’[ũ]a grilanda Littera   23 non’ousar] non ousar Tavani   24 so-lo avelanal] so l’avelanal Nunes : sô lo avelanal Littera   25 grilanda] guirlanda Nunes, Cohen, Tavani, Littera   27 caminho] camĩo Tavani   29 e dizia este cantar] e dizia este cantar ben Nunes, Tavani, Cohen : e dizia este cantar bem Littera   30-35 Pela ribeira do rio cantando /  ia la virgo d’amor: quen amores /  á como dormirá, ai bela frol! Nunes

Paráfrase


(I) Hoxe escoitei cantar unha pastora cando cabalgaba por unha ribeira, e a pastora estaba soa e escondinme para a escoitar, e dicía moi ben este cantar: «Baixo o ramo verde e florido celébranlle vodas ao meu amigo: choran ollos de amor!».
(II) E a pastora era moi ben parecida e choraba e estaba cantando, e eu moi paseniñamente funme achegando por a ouvir e non dixen nada; e dicía este cantar moi ben: «Ai estorniño do abeledo, vós cantades e eu morro e peno, e sufro de amores!».
(III) Escoiteina suspirar entón e queixábase estando namorada e facía unha grilanda de flores; e choraba moi de corazón e dicía este cantar daquela: «Que coita tan grande teño que sufrir: amar o meu amigo e non o ousar ver! E quedarei baixo o abeledo!».
(IV) Unha vez que a pastora fixo a grilanda, foise cantando, índose de alí devagar, e volvín eu logo ao meu camiño, pois non lle pracía; e dicía ben este cantar a pastora: «Pela ribeira do río ía cantando a doncela por amor: quen ten amores como durmirá, ai bela flor?».

Métrica


Esquema métrico: 10a 10’b 9’b 10a 10a 8’C 8’C 6D (I [= Tav 143:2]) + 10a 10’b 9’b 10a 10a 9’C 9’C 6D (II) + 10a 10’b 9’b 10a 10a 10C 10C 10D (III [= Tav 143:1]) + 10a 10’b 9’b 10a 10a 7’C 7’C 2A - 5D 5D 4A (IV [cfr. Tav 141:1])

Encontros vocálicos: 11 mi‿achega[n]do; 14 do‿avelanedo; 18 -se‿estando; 26 cantando,‿indo; 27 logo‿a; 29 di·zi·a‿este

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga pertence a un reducido conxunto de sete composicións de carácter híbrido que combinan en graos diferentes elementos propios das cantigas de amigo –mais tamén das cantigas de amor e mesmo das de escarnio– con elementos temáticos e léxicos propios do xénero da pastorela. Era esta unha modalidade poética bastante cultivada nas tradicións literarias oitánica e occitánica, en que un cabaleiro encontra soa e require de amores a unha moza pastora. As outras cantigas deste grupo son: Ũa pastor se queixava (nº 517), Ũa pastor ben-talhada (nº 551) e Vi oj’eu cantar d’amor (nº 564), de Don Denis; Cavalgava noutro dia, de Joan Perez d’Avoin (nº 691); Pelo souto de Crexente, de Joan Airas de Santiago (nº 969) e, finalmente, Quand’eu un dia fui en Compostela, de Pedr’Amigo de Sevilha (nº 1100). Sobre esta cuestión véxase Tavani (1986: 217-223).
    Por outra parte, a composición de Airas Nunez é única no corpus por presentar cobras independentes que funcionan a modo de refrán, todas elas con manifesta intertextualidade –máis ou menos explícita– con outros textos do trobadorismo profano. Repárese, ademais, como xeralmente nestes para-refráns, a rima é asoante ou toante, facto que se rexistra nun grupo significativo das cantigas de amigo (ou similares), todas elas de teor tradicionalizante. Véxase nota á cantiga 583.
    Nótese, finalmente, a aparición da mesma palabra e/ou secuencia rimante no primeiro e derradeiro verso de cada estrofa (I cantar; II mui ben; III enton; IV a pastor).

  • 2

    A distinción entre d’u ‘de onde’ e du ‘cando’ parte de Huber (1986 [1933]: §482) e foi retomada por Tavani na edición de Airas Nunez (1992 [1963]), aínda que ficou anulada en Littera coa emenda para u. Presenta poucos rexistros na lírica profana (323.13, 564.13, 634.11864.2) e comparece nunha ocasión nas Cantigas de Santa Maria:
              O ben que perdeu Eva
              du perdeu parayso,
              cobrou Santa Maria
              pelo seu mui bon siso (CSM 320.20).

  • 3

    Os segundos e terceiros versos de todas as cobras son eneasílabos graves (cfr. tamén as sinalefas miachega[n]do –v. 11– e logoa –v. 27–), feito que anula a necesidade de ningunha reintegración neste verso (ou no v. 19), que tanto Nunes como Cohen e Littera realizaron.
    Por outra parte, no corpus das cantigas, a forma xeral derivada de singularium/am é senlheiro/a (ás veces coa forma disimilada sinlheiro; véxase nota a 478.48), con evolución regular da secuencia [ng’l] a [nʎ] (véxase Ferreiro 1999 [1995]: §91b). En Martin Codax rexístrase, porén, senneira, que documenta o seguinte paso evolutivo da secuencia [nʎ] a [ɲ] (cfr., por exemplo, ŭngŭlam > unlla > uña). Cfr. nota a 1298.2.

  • 4

    Nótese a forma ascuitar (< auscŭltāre), igual que asconder (< abscondĕre), de uso compacto no corpus da lírica profana, con as- inicial previo ao posterior proceso de asimilación e/ou confusión prefixal.

  • 6

    O encontro sŭb-ĭllum desembocou na asimilación so-lo (tamén no v. 24), igual que ŭbī-ĭllum derivou en u-lo (forma sobrevivente en galego). En calquera caso, a solución so-lo rexístrase só en cantigas de amigo (véxase tamén 659, 922, 1161), talvez como máis outra marca de teor arcaizante. Nos restantes xéneros foi regularizado este encontro, que presenta a forma so ~ su o(s)/a(s) (véxase Glosario, s.v. so). Neste sentido, a presentación formal de Littera (sô lo) non é axeitada, por canto suxire a conservación da consoante lateral do artigo en posición posvocálica.

  • 6-8

    O ramo verde remite a dúas composicións presentes no corpus das cantigas. Véxase a cantiga de Pero Gonçalvez de Portocarreiro (922):
              O anel do meu amigo
              perdi-o so-lo verde pino,
              e chor’eu, bela!
              O anel do meu amado
              perdi-o so-lo verde ramo,
              e chor’eu, bela!
              Perdi-o so-lo verde pino,
              por én chor’eu, dona virgo,
              e chor’eu, bela!
              Perdi-o so-lo verde ramo,
              por én chor’eu, dona d’algo,
              e chor’eu, bela!
    Outrosí, revive no inicio dunha cantiga de Don Denis (585.1-6):
              –Ai flores, ai flores do verde pino,
              se sabedes novas do meu amigo?
              Ai Deus, e u é?

              Ai flores, ai flores do verde ramo,
              se sabedes novas do meu amado?
              Ai Deus, e u é?

  • 8

    A reintegración da copulativa inicial no verso en Nunes, Cohen e Littera só se explica pola tentativa de restauración da isometría nunha cobra con función de refrán que se presenta como anisométrica en todos os casos (cfr. vv. 14-16, 22-24 e 30-25). 

  • 11

    Nótese a presenza da construción adverbial mui passo ‘amodiño’ (cfr. gal. mod. paseniño).

  • 14

    Para alén a aparición de estorninho com antropónimo na Crónica de D. Fernando de Fernão Lopes, esta voz é atestación única nos textos medievais, pois hai que esperar ao século XVI para achar estorninho no dicionario de Jerónimo Cardoso, ou nas obras de Gil Vicente e de Camões (véxase CdP, s.v. estorninho).
    Por outra parte, avelanedo  (voz derivada do lat. abellanētum), tal como avelana e avelanal (v. 24), e como outras voces que aparecen con frecuencia nas cantigas de amigo (Granada, irmana, louçana, sano, venia etc.), mostra a conservación de -n- intervocálico, sen dúbida como decoración arcaizante propia deste xénero (véxase Ferreiro 2008b), aínda que tal arcaísmo fonético pode moi esporadicamente aparecer tamén noutro tipo de composicións (véxase 429.r8 e 473.4).

  • 14-16

    Novamente estes versos deberán ser citación ou eco doutro(s) texto(s) das cantigas. Neste caso, o terceiro verso da cobra é repetición literal (con copulativa inicial) do refrán dunha cantiga de Roi Paez da Ribela:
              Malaventura mi venha
              se eu pola de Belenha
              d’amores ei mal! (1436.1-3).

  • 15

    A restauración da vogal final de peno, xa en Nunes, é necesaria por rima (toante) avelanedo : peno.

  • 19

    A forma guirlanda de todos os editores precedentes (tamén no v. 25) só a achamos nas Cantigas de Santa Maria coa variante guerlanda (CSM 121), fronte a grilanda, forma que estabelecemos a partir da lección <gilanda> de BV e que se documenta noutros textos medievais, como a tradución da General Estoria (et este tragia ẽna cabeça hũa grilanda de pyno; CGPA s.v.), a Crónica Troiana (et per aquel entẽdíã se sse cobríã ben ou sse tragíã aposto ou desapostadas suas grilandas; CGPA, s.v.) ou a Historia Troiana: et se os allẽos vencíam os seus, coroávaos con grilandas de ramos e de flores; e por aquela entendían se se cobrían ben ou se se tragían aposto en súas grilandas (Pichel Gotérrez 2013: 1497, 1684)1 . Véxase tamén Rodríguez Parada (2019: 359-361).

  • 22-24

    Nestes versos, a citación explícita dunha cantiga de Nuno Fernandez Torneol é evidente se confrontamos ambos textos:
              Que coita tamanha ei a sofrer
              por amar amig’e non o veer!
              E pousarei so-lo avelanal.

              Que coita tamanha ei endurar
              por amar amig’e non lhi falar!
              E pousa[rei so-lo avelanal] (659.1-6).

  • 23

    Neste verso localízase unha crase única na lírica trobadoresca, cal a que se produce no encontro nono ousar, con fusión do pronome coa vogal inicial de ousar.

  • 26

    A voz manselinho/a é unha mostra da dupla sufixación -elo+-inho (véxase Ferreiro 2001 [1997]: §464) que o adxectivo (ou adverbio) presenta noutros dous contextos do corpus lírico profano:
              Sedia la fremosa seu sirgo torcendo,
              sa voz manselinha fremoso dizendo
              cantigas d’amigo.

              Sedia la fremosa seu sirgo lavrando,
              sa voz manselinha fremoso cantando
    ​​​​​​​          cantigas [d’amigo] (735.2 e 5, Estevan Coelho)

    ​​​​​​​          A moça ben parecia
    ​​​​​​​          e en sa voz manselinha
    ​​​​​​​          cantou e diss’a meninha: / ... (1277.8, Lourenço).
    O mesmo acontece co adxectivo fraquelinha, utilizado por Joan Garcia de Guilhade nunha cantiga de escarnio, en claro contraste coa aparición de -elinho, ligado aos xéneros amorosos:
    ​​​​​​​          Dona Ouroana, pois ja besta avedes,
    ​​​​​​​          outro conselh’ar avedes mester:
    ​​​​​​​          vós sodes mui fraquelinha molher
    ​​​​​​​          e ja máis cavalgar non podedes (765.4).
    E aínda se rexistra o substantivo mocelinha na mesma cantiga de Guilhade:
    ​​​​​​​          Que feramente as todas venceu
    ​​​​​​​          a mocelinha! En pouca sazon
    ​​​​​​​          de parecer todas vençudas son (765.14).
    A voz mocelinho atéstase tamén nas Cantigas de Santa Maria:
    ​​​​​​​          foss', assi proug’aa Virgen, que dos çeos é Reynna:
    ​​​​​​​          fez que o moço pedisse de comer, e foi aginna
    ​​​​​​​          guarid’e trebellou logo conos outros moçelinnos (CSM 389.38).
    En calquera caso, esta re-sufixación con -inho sobre un anterior sufixo -elo/-a revela como este sufixo xa deixara de ser produtivo e de ser utilizado nas formacións diminutivas.

  • 27

    Nótese a translación mecánica de <camȳo> BV como camĩo en Tavani a pesar da rima con manselinho. A existencia de voces acabadas en -inho/-inha en rima con alternancia das grafías <ĩ>/<ỹ> (con vogal nasalizada) ou <inh>/<ynh> (con consoante palatal) demostra que xa no século XIII se consolidara na lingua o desenvolvemento da nasal palatal2 : bainha - galinha (469.7-8 <baynha> B - <galỹa> B); aginha - campinha - espinha (478.9-13 <a gỹa> BV - <canpynha> BV - <espinha> B, <es pinha> V); arminhos - vinhos - martinhos - mesquinhos (489.25-29 <ar minhos> B, <arminhos V> - <vỹos> BV - <maʳcmhos> B, <maʳtinhos> V - <mesqⁱnhos> BV), martinhos - vinhos (494.25-26 <Martinhos> B, <martinhos> V - <vyõs> B, <vỹos> V); manselinho - caminho (864.26-27 <mãselinho> B, <manselinho> V - <camỹo> BV); cortinha - cozinha - aginha - farinha (1460.19-23 <cortinha> BV, <cozĩa> B, <coziã> V - <agĩa> B, <agiã> V - <farinha> BV), toucinhos - ansarinhos (1537.11-12 <roncinhꝯ> B - <anssarĩꝯ> B); mezquinho - Cogominho - martinho (1579.11-14 <mezq̄nho> B - <cogomiõ> B - <m’tinho> B); vinho - mininho (1584.19-20 <vỹo> B - <mininho> B); sobrinho - vinho (1660.7-8 <sobrĩo> B, <sobriõ> V - <vinho> B, <uinho> V); vinho - meninho (1682.8-10 <uinhu> V - <menĩo> V). 
    Algo similar acontece nas Cantigas de Santa Maria, onde, para alén das variacións existentes entre os catro manuscritos3 , nas súas rimas tamén se percibe a convivencia ou a alternancia das solucións -inno/-ĩo ~ -inna/-ĩa (ou con <y>) nas rimas ao longo de toda a obra4 : Archetecrỹo - vinno (CSM 23.3-4), camỹo - menỹo - festinno (CSM 43.45-47), velloçinna - mesquinna - Reỹa (CSM 75.18-20), meezỹas - reỹas - mesquinnas (CSM 89.31-34), menynnos - pequenỹos (CSM 89.70-72), camỹo - pastorynno - menỹo (CSM 102.17-19), Reynna - menỹa - cortynna (CSM 105.7-11), carpynnas - reynnas - meezỹas (CSM 105.98-102), mesquĩa - tĩia - aginna (CSM 114.21-23), aginna - tiinna - Reynna - meezỹa (CSM 115.186-191), Menynno - festỹo - furadynno (CSM 136.28-30), pastorynno - festỹo - fremosỹo (CSM 145.40-42), mesquỹa - ovellỹa - agỹa (CSM 147.16-20), festynno - camỹo - velocỹo (CSM 147.40-44), vynno - mesquynno - minỹo (CSM 149.58-60), Reynna - agỹa (CSM 158.25-26), mesquynna - Reynna - agỹa (CSM 167.30-32), Minỹa - Reynna (CSM 180.2-4), agynna - menynna - fremosynna - mesqỹa (CSM 195.39-44).
    É máis, nunha voz como vinha, cuxa nasal palatal non procede da caída de -n- intervocálico senón da secuencia [nj], aparece concorrencia das tres grafías posíbeis na obra mariana. Véxase, por exemplo, vinna (CSM 132.40; 161.3, 28, 29 etc.), vynna (CSM 161.12, 37; 226.36 etc.) e vỹa (CSM 161.20, 33; 325.55, 60 etc.), vocábulo procedente do lat. uīnĕa(m). Mesmo pode aparecer co formato gráfico vĩa e vỹa en convivencia rimática con formas procedentes de bases coa terminación latina -īna(s): vỹa - meezỹa - Reynna (CSM 321.53-54), meezỹas - vĩas - Reynnas (CSM 352.30-32).

  • 29

    Os dous manuscritos transmiten este verso hipermétrico. O paralelismo construtivo da cantiga impide a expunción da copulativa inicial:
              e dizia mui ben este cantar (v. 5)
              e dizia este cantar mui ben (v. 13)
              e dizia este cantar enton (v. 21)
              e dizia este cantar (ben) a pastor (v. 29).
    Nótese que, probabelmente, a solución resida na expunción do adverbio ben, de modo que ficaría ausente nas dúas últimas aparicións (vv. 21, 29) fronte ás dúas primeiras (vv. 5, 13).

  • 30-35

    Esta estrofa-refrán remite de inmediato a unha cantiga de Joan Zorro (1167):
              Pela ribeira do rio
              cantando ia la dona virgo
              d’amor:
              «Venhan-nas barcas polo rio
              a sabor».

              Pela ribeira do alto
              cantando ia la dona d’algo
              d’amor:
              [«Venhan-nas barcas polo alto
              a sabor»].

  • 31

    A conservación de /l/ na forma do artigo incide tamén na procura dunha retórica arcaizante na elaboración das cantigas de amigo (véxase Ferreiro 2008b, 2013), igual que acontece noutros poemas (587, 609, 704, 735, 781, 825, 891, 892, 903, 969, 1130, 1166, 1167, 1169, 1201, 1206, 1281, 1294, 1297, 1299, 1304 e 1314) e do mesmo xeito que se verifica coas correspondentes formas pronominais (véxase nota a 586.5).
    A voz virgo (‘virxe’) reforza, novamente, a presenza de elementos arcaizantes, pois só se localiza en cantigas de amigo (véxase 1169.11, xunto coa expresión dona virgo en 922.8 e 1167.2), todas elas de Airas Nunez e Joan Zorro. Para alén da súa presenza neste xénero e mais en fórmulas latinas (ou na denominación do signo zodiacal), só achamos este latinismo (cfr. lat. virgo,-inis) nun documento galego de 1427, nun uso inducido polo latín litúrxico: Primeiramente mando a mia alma ao muy alto e muy poderoso Señor Deus que a conprou e redemeu por lo seu santo sangre justo precioso et rogo e peço aa sua madre Virgo Santa Maria con toda a Corte Çelestaal que lle rogen por min que me queira perdoar os meus pecados que ey feytos como a sua voontade (cfr. CGPA, s.v. virgo).

  1. ^

    Cfr., de todos os xeitos, guirlanda no Livro das obras de Garcia de Resende (Verdelho 1994: 341).

  2. ^

    Non achamos discordancias entre B e V polo estreito parentesco dos dous apógrafos italianos.

  3. ^

    Aínda que na derradeira edición das cantigas marianas feita por Mettmann (1986-1989) aparecen niveladas as rimas en -ỹa e –ĩa; véxase, por exemplo, como os manuscritos diverxen en Catelinna ~ Catelỹa e Madodinna ~ Madodĩa en rima con Reỹa e meezỹa en CSM 54.68 e 78).

  4. ^

    Limitamos os exemplos ás primeiras duascentas cantigas.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado