654 [= Tav 115,5]
Donas, veeredes a prol que lhi ten

Donas, veeredes a prol que lhi ten
de lhi saberen ca mi quer gran ben.
Par Deus, donas, ben podedes jurar
do meu amigo que mi fez pesar;
mais, Deus, é que cuid’a mí a gaar
de lhi saberen que mi quer gran ben?
Sofrer-lh’-ei eu de me chamar «senhor»
nos cantares que fazia d’amor;
mais enmentou-m’, e todo con sabor
de lhi saberen que mi [quer gran ben].
Foi-m’el en seus cantares enmentar;
vedes ora se me dev’a queixar,
ca se non quis meu amigo guardar
de lhi saberen que [mi quer gran ben].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 

Manuscritos


B 639, V 240

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 69-70); Vallín (1995: 253 [= LPGP 728]); Cohen (2003: 124); Littera (2016: II, 239).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 92); Braga (1878: 48); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 436); Machado & Machado (1952: III, 299).

Variantes manuscritas


1 veeredes] uerredes V   2 gran] gr̃a B   6 gran] gr̃a B

Variantes editoriais


5 é que cuid’a mí] eé que cuida mi a gãar Nunes : e que cuida mi a gaar Vallín : e que cuida mi a gãar Cohen, Littera   6 ca] que Vallín, Littera   9 enmentou-m’, e todo] enmentou-me todo Nunes, Vallín, Cohen, Littera   10 que] ca Nunes   12 vedes] veedes Nunes   14 que] ca Nunes

Paráfrase


(I) Donas, habedes ver o proveito que lle ten (ao meu amigo) o saberen que me ama.

(II) Por Deus, donas, ben podedes xurar que o meu amigo me causou pesar; mais, Deus!, é que pensa gañar o meu favor por lle saberen que me ama?

(III) Soportareille o feito de me chamar «senhor» nos cantares de amor que facía; mais nomeoume, e todo polo gusto de lle saberen que me ama.

(IV) Foime el nomear nos seus cantares; vede logo se me debo queixar, pois o meu amigo non se quixo gardar se de lle saberen que me ama.

Métrica


Esquema métrico: 10b 10B + 3 x 10a 10a 10a 10B (= Tav 11:6)

Encontros vocálicos: 1 ve͜e·re·des

Notas


Texto
  • 1-2

    Obsérvese a presenza do dístico inicial –a modo de exordio–, que recolle o refrán, dun modo similar ao que acontece na cantiga nº 653, onde existe un dístico final. Véxanse tamén as cantigas 489 e 1497.

  • 2

    Máis unha vez, o refrán presenta vacilación lingüística no uso das variantes conxuntivas que ~ ca (ca, vv. 2; que, vv. 6, 10, 14), confirmando que as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva ou integrante (cfr. nota a 27.4). En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV): 66.6, 84.15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .

  • 5

    Nótese como o elemento <e> lido como a forma verbal é dá mellor sentido á estrofa (‘é que pensa gañar o meu favor por lle saberen que me ama?’) evitando unha forzada interpretación coa copulativa (‘e que pensa conseguir (de proveito) para min, por lle saberen que me ama?’).

    Por outra banda, como acontece coa perífrase dever + a + infinitivo (véxase nota a 36.8-9), convén segmentar a preposición a como elemento que liga cuidar co infinitivo (cuidar a gaar), dado que esta é, ademais, a construción maioritaria na lingua trobadoresca; outrosí, convén a deglutinación da preposición para introducir o pronome tónico mi (cuid’a mí a gaar).

    Canto a gaar, xunto con gãar, é unha das diversas formas que o verbo gañar presenta nas cantigas profanas, ao lado de guaanhar, gaanhar e gaanar.

  • 9

    En ningunha das anteriores edicións se realiza a segmentación da copulativa, mais o sentido leva a deglutinar a conxunción, pois o CD de enmentar é me (referido á amiga, que fala, obviamente, en primeira persoa).

  1. ^

    Resultan tamén significativas algunhas correccións e/ou vacilacións, como as de 530.4 (<(qu) ca> B) e 1450.17 (<ca que> B, <ca q̄> V), así como o erro de copia de A en 414.r1 (<que / ca> A, <q̄> B, <que> V).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado