I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 123-124); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 108-109 [= LPGP 655-656]); Littera (2016: II, 131-132).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 69-70); Carter (2007 [1941]: 37-38); Marques Braga (1945: 121-122); Machado & Machado (1949: I, 258-259); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 146).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 117); Diogo (1998: 54).
1 desamparedes] deseu paredes B 3 vós] uus A 4 que vo-l’eu venno rogar] quuoleu uenho roguar B 5 me] mj B 7 me] mj B 9 mereci] u’ia B 14 vo-l’] uolo B 19 guisa] guissa A 22 nos] uos B; tẽedes] teedes B 26 sennor] semhr B 28 o voss’ome] o uꝯ uossom̄ B 29 deve] deua B 31 vós] uꝯ AB 29 deve] deua B
1 desamparedes] desenparades Bertolucci Pizzorusso 3 vall’a mí] valha-m’i Michaëlis : valha-mi Bertolucci Pizzorusso, Littera 5 me] mi Bertolucci Pizzorusso, Littera 7 me] mi Bertolucci Pizzorusso, Littera 8 vall’a mí] valha-mi Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso, Littera 9 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso 10 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso 11 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso 14 dereito] dereit’ Michaëlis 16 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso 17 poss’eu] posso’eu Littera 19 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso 20 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso 22 nos ambos] vos anbus Bertolucci Pizzorusso : nós ambos Littera 24 somos ambos vossos] somus anbus vossus Bertolucci Pizzorusso 25 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso 27 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso 29 fiqu’Amor] fic’amor Michaëlis : fic’Amor Bertolucci Pizzorusso; deve] dev’a Bertolucci Pizzorusso, Littera 30 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso 31 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso
(I) Por Deus, señora, non me desamparedes ante o voso amor que me así quere matar, e vállame a min o bo siso que vós tendes, e Deus, por quen volo eu veño rogar, e vállame, fermosa señora miña, a coita que por vós levo, e o pavor, e vállame
(II) E vállame porque non saberedes que eu nunca vos merecín pesar do que con xustiza me vos queixedes, agás se vos pesa que vos ame; e eu non considero que é inxustiza nin mal que un home ame a súa señora por dereito de liñaxe, antes é conforme a dereito, e vós sabédelo.
(III) E, miña señora, por Deus, se vos prouguer, non deixedes que o voso amor me force, porque eu non podo con el; mais poderédesme vós, se quixerdes, amparar da forza (do amor) do modo en que vos eu dixer: señora fermosa, se vos prouguer, xa que el por vós me forza, que vós o forcedes a el.
(IV) E, xa que a ambos nos tendes so o voso poder, non me deixedes ser forzado por el, pois ambos somos vosos (vasalos) e debedes crer a quen vos mellor aconsellar; e, miña señora, coido que serei eu, porque sempre vos darei por consello que amparedes da morte o voso vasalo.
(1) E fique Amor como debe ficar, cando non vos quixer avergoñar por vos matar un home que tendes.
Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10’a 10b 10c 10c 10’a + 10b 10b 10’a (= RM 100:24)
Encontros vocálicos: 14 dereito,‿e
Perante as formas <my> (v. 3) e <mi> (v. 8) de A (<mj> en B), optamos por considerar tónicas estas formas pronominais e segmentar a preposición a, de acordo con outros contextos similares: nunca me vall’a min Nostro Sennor (370.4), mais valh’a mí contra vós (426.16) (cfr. nota a 81.16). Véxase Monteagudo 2019: 111-113.
B ofrece unha alternativa redaccional neste verso diverxente de A, coa mudanza mereci > veria, pouco adecuada ao contexto e explicábel paleograficamente como unha copia deficiente.
Téñase en conta que a preposición de introduce unha cláusula que funciona como suxeito, frecuente na construción seer + nome: ‘é torto e mal (de) ome amar sa sennor natural’ (véxase Glosario, s.v. de, uso 15).
A alusión á sennor natural implica unha transposición da linguaxe e das relacións feudais (a vasalaxe como relación natural) á senhor das cantigas (véxase Martínez Martínez 2006: 195-197).
No Cancioneiro da Ajuda detéctanse algúns casos de confusión de sibilantes, probabelmente un fenómeno gráfico sen transcendencia fonolóxica. Igual que <guissa> neste verso, véxanse outras formas como <dessamar> desamar (66.21), <dessamparado> desamparado (317.21), <oussasse> ousasse (268.2, 275.4, 308.11, 313.8 e 346.3 <oussase>) e <oussen> ous’én (268.3), ou as repetidas <guissa> guisa e <guissada> guisada (72.27, 137.32, 140.1, 2 e 5, 147.3, 150.4, 259.18, 409.8, 692.7), <pessar> pesar (90.21, 214.21, 395.9, 439.4 e 10, 441.6, 12 e 18), <quissesse> quisesse (199.27, 407.10), <quisso> quiso (407.11) e <quisser> quiser (71.18, 692.13). Véxanse tamén notas a 69.7, 80.10, 88.15 e 89.2.
Neste verso Bertolucci acolleu mecanicamente a lección vós de B (nótese o frecuente erro <uos>/<nos>), con pouco sentido no contexto, mentres que Littera converteu en tónico o pronome CD nos (ambos), referido ao trobador e ao amor, tal como se desprende tamén do v. 24.
O presente subxuntivo fique resulta a forma máis axeitada para o contexto, que en Michaëlis e Bertolucci parece indicativo (fic’ amor), a continuar mecanicamente a forma gráfica <ficamor> dos códices, que, en calquera caso, permite ambas as interpretacións.
Nótese en B a presenza da partícula a de ligazón na perífrase de dever + infinitivo (dev’a ficar). Na lingua das cantigas profanas o verbo dever participa en perífrases obrigativas con infinitivo, tanto sen elemento nexual como coas preposicións de (minoritaria) e, sobre todo, a, que constitúe a fórmula maioritaria. Nesta pasaxe rexístrase unha diverxencia entre a lección de A e de BV, xa que os apógrafos italianos presentan a perífrase coa preposición a: devia / con dereit’a chamar. Cando existen diverxencias redaccionais, os manuscritos non mostran unha especial preferencia por unha ou outra formulación perifrástica: á presente diverxencia deve ficar A vs. dev’a ficar B, hai que acrecentar devede-l’a sofrer A vs. devede-lo sofrer B (80.6), dev’end’a filhar A vs. dev’ende filhar B (310.22). Non obstante, debe sinalarse que, en determinados casos, a presenza da preposición provoca hipermetría: devedes fazer A vs. devedes a fazer B (55.17), deviades vós gradecer B vs. deviades vós a gradecer A (117.23), devedes temer A vs. devedes a temer B (135.12).
O suxeito de quiser e matar é Amor, que quere avergoñar á sennor de lle matar un home dela (o trobador); isto é, ‘non deixedes que vos avergoñe matándovos un vasalo’.
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.