(I) Por Deus, señora, non me desamparedes ante o voso amor que me así quere matar, e vállame a min o bo siso que vós tendes, e Deus, por quen volo eu veño rogar, e vállame, fermosa señora miña, a coita que por vós levo, e o pavor, e vállame
(II) E vállame porque non saberedes que eu nunca vos merecín pesar do que con xustiza me vos queixedes, agás se vos pesa que vos ame; e eu non considero que é inxustiza nin mal que un home ame a súa señora por dereito de liñaxe, antes é conforme a dereito, e vós sabédelo.
(III) E, miña señora, por Deus, se vos prouguer, non deixedes que o voso amor me force, porque eu non podo con el; mais poderédesme vós, se quixerdes, amparar da forza (do amor) do modo en que vos eu dixer: señora fermosa, se vos prouguer, xa que el por vós me forza, que vós o forcedes a el.
(IV) E, xa que a ambos nos tendes so o voso poder, non me deixedes ser forzado por el, pois ambos somos vosos (vasalos) e debedes crer a quen vos mellor aconsellar; e, miña señora, coido que serei eu, porque sempre vos darei por consello que amparedes da morte o voso vasalo.
(1) E fique Amor como debe ficar, cando non vos quixer avergoñar por vos matar un home que tendes.