543 [= Tav 25,30]
De muitas coitas, senhor, que levei

De muitas coitas, senhor, que levei
des que vos soubi mui gran ben querer,
par Deus, non poss’oj’en min escolher
end’a maior; mais, per quant’eu passei,
de mal en mal e peior de peior,
non sei qual é maior coita, senhor.
Tantas coitas levei e padeci,
des que vos vi, que non poss’oj’osmar
end’a maior, tantas foron sen par;
mais, de tod’esto que passou per min,
de mal [en mal e peior de peior,
non sei qual é maior coita, senhor].
Tantas coitas passei de-la sazon
que vos eu vi, [senhor], per bõa fe,
que non poss’osmar a maior qual é;
mais das que passei, se Deus mi perdon,
de mal en [mal e peior de peior,
non sei qual é maior coita, senhor].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 526b, V 129

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 45 [= LPGP 190]); Nunes (1972 [1932]: 152-153); Eirín (2015: 185); Littera (2016, I, 193).
II. Outras edicións: Moura (1847: 73-74); Monaci (1875: 54); Braga (1878: 26); Machado & Machado (1952: III, 111-112); Júdice (1997: 123); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


1 que] qui B   3 en] eu BV; min] mi V   4 passei] pass\e/y V   9 sen] seu V   14 bõa] boa B : bona V   16 das] dꝯ B : da V; perdon] pardō B

Variantes editoriais


3 en min escolher] eu mi escolher Lang, Nunes, Littera   10 per min] per mi Nunes, Littera : por mi Lang   14 bõa] bona Lang

Paráfrase


(I) Das moitas coitas, senhor, que eu sufrín desde que vos souben moito amar, por Deus, non podo hoxe escoller a maior; mais, por todo canto eu pasei, de mal en mal e de peor en peor, non sei cal é a maior coita, senhor.

(II) Tantas coitas levei e padecín desde que vos vin, que non podo hoxe discernir entre elas a maior, pois foron tantas e sen igual; mais, de todo isto que me pasou, [refrán].

(III) Tantas coita pasei desde o tempo en que vos vin, senhor, abofé, que non podo discernir cal é a maior; mais das que sufrín, así Deus me perdoe, [refrán].

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:19)

Notas


Texto
  • 3

    As edicións precedentes optaron pola lección de V (mi), considerando estarmos perante unha forma pronominal átona, talvez condicionados por pasaxes como as seguintes: mais quer’én duas per força prender, / ou tres ou quatro, quaes me escolher (148.5); e aquesto non poss’eu escoller, / ca logo m’eu en al escolleria (398.10) etc. Mas esta lectura leva consigo a (inevitábel) sinalefa mi‿escolher, que convertería en hipométrico o verso. É por isto que, perante a lección unánime dos manuscritos (coa soa variación min/mí de B/V), optamos por considerar o banal erro <eu>/<en> (véxase, por exemplo este erro en 53.21, 117.21, 126.1-2, 139.8, 233.17, 243.9, 256.12 etc.), tal como suxire Nobiling (2007: 180-181). Deste xeito, a pasaxe indica que o trobador non é quen de determinar cal coita é a maior das que sofre (en min).

  • 5-6

    O refrán dionisino lembra o da cantiga 329 de Rodrig’Eanes de Vasconcelos (véxase tamén nota a 598.5 e 1625.6):
            d’eu por vassalo e vós por senhor,
            de nós qual sofre máis coita d’amor.

  • 14

    A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> en V é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de B), o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.

  • 16

    A forma gráfica pardon, aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado