233 [= Tav 71,1]
Amigos, eu non posso ben aver

Amigos, eu non posso ben aver
nen mal se mi non ven de mia senhor,
e, pois m’ela faz mal e desamor,
ben vos posso con verdade dizer
que a mí aveo en guisa tal
que vi todo meu ben por gran meu mal,
ca vi ela, de que m’assi aven,
que ja non posso, assi Deus mi perdon,
d’al aver ben nen mal se dela non;
e, pois end’ei mal, posso dizer ben
que a min avẽo en guisa tal
[que vi todo meu ben por gran meu mal],
pois ben nen mal non m’é senon o seu
e que mi o ben falec’e o mal ei;
e pois meu tempo tod’assi passei,
con gran verdade posso dizer eu
que a min avẽo en guisa tal
[que vi todo meu ben por gran meu mal].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 248

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 11-12 [= LPGP 465]); Littera (2016: I, 544-545).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 105); Machado & Machado (1950: II, 9-10); Rios Milhám (2018a: II, 233).

Variantes manuscritas


17 en] eu B

Variantes editoriais


En Nunes os dous últimos versos de cada estrofa non constitúen o refrán.

5 mí aveo] min avẽo Nunes : mim aveo Littera   11 avẽo] aveo Littera   17 avẽo] aveo Littera

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:119)

Encontros vocálicos: 8 posso,‿assi; 14 mi‿o

Notas


Texto
  • *

    Aínda que ningunha das edicións anteriores o considerou, esta composición é ateúda, coas tres cobras ligadas causalmente. Véxase nota á cantiga 15.

  • 5

    Nótese a variación no refrán desta estrofa coa forma (vs. min) e aveo, desnasalizado. Véxase nota a 202.6. Cfr. nota a 27.4-6.
    Así mesmo, resulta sorprendente o violento hipérbato no sintagma gran meu mal (= meu gran mal), que reaparece en Don Denis amplificado con tan: Assi non er quis que m’eu percebesse / de tan gran meu mal nen o entendi (501.16).

  • 7

    Ela é complemento directo: na lingua trobadoresca as formas pronominais tónicas oblicuas poden funcionar como CD e CI sen preposición.

  • 13-14

    Enténdase: ‘pois ben nen mal non m’é senon o seu / e (pois) que mi o ben falec’e o mal ei’.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado