952 [= Tav 63,60]
Pero tal coita ei d’amor

Pero tal coita ei d’amor
que maior non pod’om’aver,
non moiro nen ei én sabor
nen morrerei, a meu poder,
porque sempr’atend’aver ben
da dona que quero gran ben.
E os que mui coitados son
d’amor desejan a morrer;
mais eu, assi Deus mi perdon,
queria gran sazon viver
porque sempr’atendo aver ben
[da dona que quero gran ben].
Mal sén é per-desasperar
ome de mui gran ben aver
de sa senhor, que lhi Deus dar
pod’, e non o quer’eu fazer
porque sempr’atendo aver ben
[da dona que quero gran ben].
E quen deseja mort’aver
por coita d’amor non faz sén
nen o tenh’eu por de bon sén.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 949, V 537

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 363-364); Rodríguez (1980: 83 [= LPGP 400]); Littera (2016: I, 429).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 193); Braga (1878: 102); Gassner (1933: 399); Machado & Machado (1953: IV, 318); Fernández Pousa (1959: 90).
III. Antoloxías: Gonçalves & Ramos (1983: 218); Pena (1990: 22-23); Alonso Girgado (1992: 21); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 83).

 

Variantes manuscritas


3 nen] uen B   4 morrerei] moirerey B   8 morrer] moirer B   9 Deus] des V; perdon] pardon B   11 aver] dauer BV   13 per-desasperar] pe desaꝑar B   20 por] pee V

Variantes editoriais


9 perdon] pardon Rodríguez   11 atendo] atend’ Nunes, Rodríguez   13 per] de Nunes   15 Deus] Dens Nunes   17 atendo] atend’ Nunes, Rodríguez   20 por] per Nunes

Paráfrase


(I) Aínda que teño tal coita de amor que ninguén a pode ter maior, non morro nin iso me agradaría nin morrerei, se puider, porque sempre espero ter o ben da dona que tanto amo.
(II) Os que están moi coitados de amor desexan morrer; mais eu, así Deus me perdoe, querería vivir moito tempo porque sempre espero ter o ben da dona que tanto amo.
(III) É un desatino que un perda a esperanza de recibir o moi gran ben da súa señora (amada), que Deus lle pode dar, e non o quero eu facer porque sempre espero ter o ben da dona que tanto amo.
(1) E quen desexa morrer por coita de amor non fai algo razoábel nin o teño eu por sensato.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8a 8b 8C 8C (= Tav 99:49) + 8b 8c 8c

Encontros vocálicos: 11 atendo‿aver; 17 atendo‿aver

Notas


Texto
  • 5

    Contrariamente a Nunes, Rodríguez e Littera, mantemos a variación lingüística do refrán (I atend’aver vs. II-III atendo aver), en liña con outras variacións de maior ou menor entidade que se detectan no refrán dalgunhas cantigas. Cfr. nota a 27.4.

  • 8

    Na lingua trobadoresca o verbo desejar aparece en complexos verbais (desejar + infinitivo) mais tamén en estruturas equivalentes coa preposición a como nexo (véxase tamén 153.1, 208.2, 428.2, 635.6, 754.6, 899.10, 1010.2, 1089.89). Cfr. nota a 3.17.

  • 9

    En B aparece a lección <pardon>, aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon. Sen dúbida, tal forma é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b; copista e no presente verso), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

  • 13

    Como acontece noutras ocasións, a partícula perfectiva per- foi copiada nos apógrafos italianos como se fose a preposición por, tal como ocorre tamén en BV, por exemplo, en 494.43 (per-retraudo), 970.11 (per-guardar) ou 1489.58 (per-peideira).

     

Buscar
    Non se atopou ningún resultado