589 [= RM 25,24]
Com’ousará parecer ante mí

Com’ousará parecer ante
o meu amig’, ai amiga, por Deus,
e com’ousará catar estes meus
olhos se o Deus trouxer per aqui,
pois tan muit’á que nos veo veer
e meus olhos e meu parecer?
Amiga, ou como s’atreverá
de m’ousar sol dos seus olhos catar
se os meus olhos vir un pouc’alçar,
ou no coraçon como o porra,
pois tan muit’á que nos veo veer
[mí e meus olhos e meu parecer?]
Ca sei que non terrá el por razon,
como quer que m’aja mui grand’amor,
de m’ousar veer nen chamar «senhor»,
nen sol non o porra no coraçon,
pois tan muit’á que nos vẽo [veer
e meus olhos e meu parecer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscrits


B 571, V 175

Éditions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 79 [= LPGP 187]); Nunes (1973 [1928]: 24); Cohen (2003: 607); Littera (2016: I, 223-224).
II. Outras edicións: Moura (1847: 147-148); Monaci (1875: 70); Braga (1878: 35); Machado & Machado (1952: III, 200-201); Cohen (1987: 61); Júdice (1997: 34); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscrites


1 Com'ousará] Camousara B   3 ousará] ōsara B   5 nos] uꝯ V   10 porra] poira B   11 nos] uꝯ BV   13 terrá] teira B   16 porra] poira B; coraçon] corazō B : corazon V   17 nos] uꝯ BV

Variantes éditoriales


5 nos veo] nom veo Lang : non veo Nunes : non vẽo Cohen : nom vẽo Littera   5-6 veer / mí] veer- / mi Littera   11 nos veo] nom veo Lang : non veo Nunes : non vẽo Cohen : nom vẽo Littera   11-12 veer / mí] veer- / mi Littera  17 nos vẽo] nom veo Lang : non veo Nunes : non vẽo Cohen : nom vẽo Littera   17-18 veer / mí] veer- / mi Littera

Paraphrase


(I) Como ousará presentarse ante min o meu amigo, ai amiga, por Deus, e como ousará ollar estes ollos meus se Deus o trouxer por aquí, pois xa hai tanto tempo que nos veu ver a min e aos meus ollos e á miña fermosa figura?

(II) Amiga, ou como se atreverá a simplemente ousar ollarme cos seus ollos se os meus vir alzar un pouco, ou como o pensará sequera, pois xa hai tanto tempo que nos veu ver a min e aos meus ollos e á miña fermosa figura? (III) Porque sei que non terá el por sensato, aínda que me ame moito, o ousar ollarme nin chamarme «señora», nin sequera se lle ocorrerá pensalo, pois xa hai tanto tempo que nos veu ver a min e aos meus ollos e á miña fermosa figura.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:17)

Notes


Texte
  • *

    O sentido parece aconsellar a inclusión de amiga como vocativo interpelado na primeira pregunta formulada na cantiga:

    Com’ousará parecer ante mí
    o meu amig’, ai amiga, por Deus,
    e com’ousará catar estes meus
    olhos se o Deus trouxer per aqui,
    pois tan muit’á que nos veo veer
    mí e meus olhos e meu parecer,

    amiga? Ou como s’atreverá
    de m’ousar sol dos seus olhos catar / ...

    Porén, a presenza do mesmo vocativo no v. 2 (ai amiga) fai máis probábel a manutención da autonomía estrófica por máis que esperásemos unha copulativa como partícula introdutora da segunda pregunta.

  • 3

    A lección <ōsara> ousará mostra o erro <o͂>~<on>/<ou> (derivado de <n>/<u>) que é moi frecuente ao longo dos cancioneiros, especialmente en B: <cōsimento> cousimento (116.22), <con simēt> cousiment’ (117.15), <guisō> guisou (501.3), <pōco> pouco (591.9), <baratō> baratou (729.5), <em car nō> encarnou (877.21), <ōui> ouvi (1233.12), <ōny> ouvi (1458.7), <sōbe> soube (1505.1, 1509.7), <buscō> buscou (1507.7), <nōtro> noutro (1509.1), <sōba> soub’a (1509.16), <cōsa> cousa (1510.1). E en V tamén se encontra o mesmo erro: <tornō> tornou (603.15), <morō> morou (865.12), <nō> vou (1012.20), <cōtre> voutre (1015.17).

  • 5

    Todos os editores coincidiron en emendar a lección dos manuscritos para afirmar que o amigo non veu ver a amiga; mais o que o texto afirma é, simplemente, que xa hai moito tempo que o amigo veu, incidindo na demora: é, por tanto, desnecesaria tal emenda. Alén diso, por medio da utilización do pronome plural nos, o autor executa de xeito maxistral o desdobramento do eu poético tópico das cantigas de amor.
    Nótese, por outra banda, a moi leve variación veo (I-II) vs. ve͂o (III) no refrán, que mostra como a nasalidade fonolóxica en múltiplas voces e contextos estaba en proceso de desaparición. Cfr. nota a 27.4-6.

  • 6

    O pronome (no segundo verso do refrán), como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca. 

Rechercher
    Aucun résultat trouvé

    Nous utilisons des cookies de tiers à des fins analytiques pour pouvoir connaître les habitudes de navigation (par exemple, les pages visitées). N'oubliez pas que si vous acceptez les cookies de tiers, vous devrez les exclure des options de votre navigateur ou du système proposé par des tiers.
    Cliquez sur le bouton correspondant pour accepter ou rejeter les cookies :

    ParamètresAccepter