(I) Pensaba eu, cando non tiña amor, que el non podería poder comigo; mais, desde que o teño, xa non o pensaría, porque non sei nin me podo defender; e porque Amor soubo isto de min, fíxome el amar tal señora en que me ben mostrase o seu poder.

(II) E mostroumo de forma que (eu) quería antes hoxe a miña morte que vivir, porque sufro coitas que non sufriría; mais, mal que me pese, téñoas de sufrir, porque de tal maneira me ten vencido Amor que, se non for Deus ou a gran mesura da miña señora, podo vivir en coita.

(III) Mais esta mesura, como a conseguiría a miña señora? Porque non me atrevo a lle dicir que me socorra, pois sei que me diría que me gardase ben de a ver; e por isto ben sei que Amor me faría cada día peor se llo dixese, e non me atrevo a dicilo.

(IV) Mais aquí é preciso sabedoría máis que esforzo en procurar fazer servizo de todos os modos á miña señora, e en desexar o seu ben e esperar sempre o seu ben; e se ela me quere defender de Amor, por facer outra cousa mellor, tan gran mesura non pode facer!