I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 509); Lanciani (1977: 70 [= LPGP 334]); Littera (2016: I, 376-377).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 25); Braga (1878: 10); Carter (2007 [1941]: 152-153); Machado & Machado (1950: II, 264-265); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 419).
III. Antoloxías: Jensen (1992: 122).
2 null’ome] nullome BV 5 me] mj B : mi V 6 mund’aver] mund(o) auer A : mundo auer BV 7 gran] om. BV 8 muit’] om. BV 16 que] om. BV 17 me] mj B : mi V 19 fez] faz BV
4 amigos] amigus Lanciani 5 me] mi Lanciani, Littera 6 mund’] mundo Lanciani, Littera 8 d’a] da Michaëlis : de Lanciani 11 me] mi Lanciani, Littera 12 mund’] mundo Lanciani, Littera 17 me] mi Lanciani, Littera 18 mund’] mundo Lanciani, Littera 19 fez] faz Lanciani, Littera
(I) A maior coita que eu vin sufrir de amor a ningún home, desde que nacín, súfroa eu, e, xa que así é, meus amigos, así vexa pracer, dou grazas a Deus porque me fai ter a maior coita do mundo pola miña señora.
(II) E ben considero eu que fago algo moi razoábel ao agradecer moito a Deus a maior coita, que El me dá pola miña señora, a quen servirei mentres eu viva: moi de corazón dou grazas a Deus porque me fai ter a maior coita do mundo pola miña señora.
(III) E eu considero esta coita, certamente, como a maior de cantas fará Noso Señor; e dáma como a maior de cantas fixo, e, xa que así é, dou grazas a Deus porque me fai ter a maior coita do mundo pola miña señora, (1) porque ma fixo ter pola mellor dona de cantas fixo Noso Señor.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:63)
Encontros vocálicos: 3 mi-‿a; 15 mi-‿a; 19 mi-‿a
A utilización da grafía <ll> (vs. <lh>) de BV para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.
Non resulta axeitada a representación gráfica da (cfr. de en Lanciani, sen apoio nos manuscritos) que Michaëlis utiliza para o encontro entre a preposición de e o artigo do sintagma que constitúe o CD pola deslocación sintáctica de elementos. Véxase a orde recta: E ben tenn’eu que faço gran razon / de gracir muit’a Deus a maior coita».
Á inversa da variación que se produce noutras pasaxes (véxase nota a 130.10), neste verso aparece tamén unha diferente opción temporal entre o Cancioneiro da Ajuda, que ofrece a forma verbal de pretérito fez, fronte ao presente (histórico) faz no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e, eventualmente, o da Vaticana (véxase tamén 193.3, 200.17, 307.8, 982.10, 982.24, 995.7 e 13).
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: