I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 381); Barbieri (1980: 59 [= LPGP 913]); Littera (2016: II, 472-473).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 126-127); Carter (2007 [1941]: 115); Machado & Machado (1950: II, 107-108); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 307).
1 Os] s A 3 morreron por én] moireron por eu B 5 pois] ois A 6 se de morrer ei] po rꝯ amoirer ey B 7 Da] De B; coraçon] coracon B 8 fez] faz B 9 per] De B; coraçon] moirer B 10 maravillo-me e] Marauilhado me B 13 cuidava] cuydara B 15 morreria] moireria B; pelo mẽor] polo meor B 19 E] om. B 20 matar] matwr B; morrerei] moirerey B
6 se de morrer ei] poys a morrer ey Barbieri 7 Da] De Barbieri 8 fez] faz Barbieri, Littera 9 dever’a] dever a Barbieri : devera Littera 10 maravillo-me] meravilho-me Barbieri, Littera : maravilho-m(e) Michaëlis 12 se de] poys a Barbieri : pois a Littera 13 visse] viss(e) Michaëlis 15 polo] pelo Michaëlis 18 se de] poys a Barbieri : pois a Littera
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= Tav 160:224)
Encontros vocálicos: 10 -me‿e; 13 visse‿un
A variante redaccional de B, cunha cláusula causal, é equivalente á redacción de A, cunha cláusula condicional. Neste sentido, resulta sorprendente a actuación editorial de Littera, que acolle a lección de A neste verso do refrán para mudar en prol da redacción de B nos refráns das seguintes estrofas.
Á inversa da variación que se produce noutras pasaxes (véxase nota a 130.10), neste verso aparece tamén unha diferente opción temporal entre o Cancioneiro da Ajuda, que ofrece a forma verbal de pretérito fez, fronte ao presente (histórico) faz no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e, eventualmente, o da Vaticana (véxase tamén 193.3, 200.17, 419.19, 982.10, 982.24, 995.7 e 13).
A versión de Barbieri suxire que dever é futuro de subxuntivo en vez do necesario devera en crase coa preposición a de enlace na perífrase co infinitivo.
Nótese, máis unha vez, a frecuencia con que nos apógrafos italianos, agora en B, se omite a conxunción copulativa inicial da fiinda (ou dunha estrofa), que neste caso é presente no Cancioneiro da Ajuda mediante a letra de espera. Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.