876 [= Tav 14,10]
O meu senhor, o bispo, na Redondela, ũu dia

O meu senhor, o bispo, na Redondela, ũu dia,
de noit’e con gran medo de desonra fogia;
eu indo-mi aguisando por ir con el mia via
achei ũa companha assaz brava e crua,
que me deceron logo de cima da mia mua:
azemela e cama levavan ja por sua.
E des que eu nacera nunca entrara en lide,
[e], pero que ja fora cabo Valedolid’e
Escovar, doas muitas fezeron en Molide,
e ali me lançaron a min a falcatrua:
a maos [e]scudeiros gage o Churruchão,
a [a]taes sergen[t]os, ca non gente befua!
Ali me desbulharon do tabardo e dos panos,
non ouveran vergonha dos meus cabelos canos
nen me deron por ende grã[a]s nen adianos:
leixaron-me qual fui nado no meio da rua,
e ũu rapaz tinhoso, que a de part’estava,
chamava minha nana «velha fududancua».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 885, V 468

Ediciones


I. Edicións críticas: Tavani (1993 [1963]: 135 [= LPGP 124-125]); Lapa (1970 [1965]: 119-120); Lopes (2002: 477); Littera (2016: I, 131).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 171-172); Braga (1878: 88); Machado & Machado (1953: IV, 217-218); Fernández Pousa (1954: 30); Pena (1998c: 115); Callón (2017: II, 33).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: III, 28-29); Tavares & Miranda (1987: 334).

Variantes manuscritas


1 Redondela] rondela B; dia] diā V   2 noit’e] noyr B; desonra] desontra B : desonitra V   3 indo] hyudo V   4 e crua] et qua BV   5 mua] uiua V   6 azemela e] agemela / et V; cama levavan ja] ca ma leuauāna B : cama leuauāna V   7 nacera] naça V; entrara] ēcrara B   9 Escovar] estouar B : escouar V   10 lançaron] lancarō B : lauzarō V; falcatrua] falcacrua B : falçaqua V   11 om. B : amaes studeyrꝯ gage o churruc\h/aō V   12 a [a]taes] Ataaes B : τ daaes V; gente] gen̄t B : genē V   13 tabardo] cabardo B; e] et V; dos] des BV; panos] pauꝯ B   14 non] ꞇ nō B : et nō V; vergonha] u’goha B; dos] des B; meus] <...> B : nūs V; cabelos canos] cabelus / cauꝯ V   15 por ende] per ende B   16 leixaron-me] leixan rome V; qual] qel B : q̅l V; da rua] delarria BV   17 e ũu rapaz] et huū tapat* V; tinhoso, que a de part’estava] cinheso q̅ ade parc̄ staua B : cinhoso q̅ ade parē staua V   18 chamava] chamauā BV; nana] nona B; fududancua] fududadia V

Variantes editoriales


1 ũu] un Lapa : um Lopes, Littera   2 noit’e] noite Lapa, Lopes   3 el] ele Lapa   5-6 mua: / azemela e cama levavan ja] mua / azémela e ca m’a levavan ja Tavani : mua: / azémela e cama levavan-na Lapa : mua: / azêmela e cama levarom-na Lopes, Littera   8-9 [e], pero que ja fora cabo Valedolid’e / Escovar, doas muitas fezeron en Molide] pero que ja fora cabo Valedolide / estojar doas muitas fezeron en Molide Tavani : pero que ja fora [a] cabo Valedolide / escontra donas muitas fazer, e en Molide Lapa : [e] pero que já fora cabo Valedolide / [m’] estorvar d’ũas moitas fezeron en Molide Lopes : [e] pero que já fora cabo Valedolide / escovardoas muitas fezerom em Molide Littera   10 falcatrua] falcacrua Lapa   11-12 a maos [e]scudeiros gage o Churruchão, / a [a]taes sergen[t]os, ca non gente befua] a maes scudeirus gage o Churruchão, / a taes sergen[t]os, ca non gente befua Tavani : a[i], maos escudeiros trage o Churruchão [e assua], / el á taes sergentes, ca non gente befua! Lapa : a meus ‘scudeiros [em] cage o Churruchão [assua] / e ata aos sergentes com sa gente bafua Lopes : a meus ‘scudeiros [em] cage o Churruchão [assua] / e ata aos sergentes, ca som gente befua Littera   13 panos] panus Tavani   14 non] e non Tavani, Lapa : e nom Lopes; ouveran] ouveron Lapa : houverom Lopes; cabelos canos] cabelus canus Tavani   15 grã[a]s] grãs Tavani, Lopes; adianos] adianus Tavani   16 no medio da rua] no meio de la rua Tavani, Lapa   17 ũu] un Lapa, um Lopes; que a de part’estava] que o Deus poren [d]estrua! Lapa : que Deus por en [d]estrua Lopes : que há de par em ‘strua Littera   18 chamava minha nana «velha fududancua»] chamava mina mua «velha fududancua» Tavani : chamava-mi «mia nona, velha fududancua!» Lapa : chamava-mi «minhana velha fududancua» Lopes, Littera

Paráfrasis


(I) O meu señor, o bispo, en Redondela, un día, de noite e con gran medo de deshonra fuxía; e eu, índome dispoñendo para facer con el o meu camiño encontreime cunha unha compañía (de homes armados) moi brava e cruel, que me baixaron de enriba da miña mula: acémila e cama levaron xa por súa.

(II) E desde que eu nacera nunca entrara en combate, e, aínda que xa estivera cabo de Valladolid e Escobar, moitas doazóns fixeron en Melide, e alí (foi onde) me armaron a min a ciada: a maos escudeiros paga o Churruchão, e a (outros) tales serventes, que non a xente pobre!

(III) Alí me espiron da capa e da roupa; non tiveron reparo polos meus cabelos brancos nin me deron por iso ricos panos tinxidos de grana nin outras ofrendas: deixáronme tal como nacín no medio da rúa, e un rapaz tiñoso, que estaba á parte, chamáballe a miña avoa «vella fodida polo cu».

Métrica


Esquema métrico: 13’a 13’a 13’a 13’b 13’b 13’b (I) + 13’a 13’a 13’a 13’b 13’c 13’b (II-III)

Encontros vocálicos: 1 Redondela‿ũ͜u; 3 -mi‿aguisando; 7 entrara‿en; 13 tabardo‿e; 15 a·di·a·nos; 17 ũ͜u

Notas


Texto
  • *

    A composición presenta un texto certamente complexo a partir dos manuscritos, cunha mudanza métrica entre a estrofa I e as estrofas II-III, que algúns editores (Lapa, Lopes, Littera) emendaron a través de múltiplas correccións da lección dos apógrafos coa finalidade de nivelar metricamente a cantiga.

  • 1

    O indefinido ũu (e tamén algũu e neũu) debería, aparentemente, computar como bisilábico, e así acontece con certa frecuencia ao longo do corpus; porén, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora (véxase tamén no v. 17). Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.

  • 4

    O erro <q>/<cr> de BV volve repetirse en V na copia de falcatrua, v. 10, neste caso tamén coa frecuentísima confusión <c>/<t> que delata a forma falcacrua de B, sen dúbida xa existente no antígrafo (véxase nota a 494.43). Nos dous cancioneiros italianos é común a confusión <q>/<cr>: mizcrado <mi[*]crado> B (148.24), creer <qeer> V (349.10), creo<qeo>V (371.6, 1448.15), creede< qee/de> V (476.16), cras<qas> B (1588.16).

  • 4-5

    A concordancia plural de companha (companha ... deceron) explícase polo valor colectivo do suxeito, tal como gente ou poboo en textos medievais, por veces con verbo en plural.

  • 5

    Obsérvese que nas cantigas profanas só aparece o verbo decer, fronte ás Cantigas de Santa Maria, onde conviven decer e decender (e mais descender).

  • 5-6

    A diferente segmentación e puntuación en Tavani xera un outro período diferente, con diversa significación:
              que me deceron logo de cima da mia mua
              azémela e ca m’a
    levavan ja por sua.
    Ora ben, o sintagma mua azemela ou mula azemela non se rexistra na lingua medieval, a teor dos datos do CGPA; ao contrario, achamos un contexto na Crónica de D. Fernando, de Fernão Lopes, en que fica evidente o traslado de camas por parte deses animais: quatro azemellas, as duas d’ellas com duas camas (Macchi 1966: 95).

  • 7-10

    Para estes versos pode proporse unha puntuación parcialmente diferente, tamén na procura de sentido coherente para a pasaxe (nótese, neste sentido, a locución conxuntiva e pero, de frecuente uso no corpus):

              E des que eu nacera nunca entrara en lide,
              [e] pero que ja fora cabo Valedolid’e
              Escovar; doas muitas fezeron en Molide,
              e ali me lançaron a min a falcatrua: / ...

  • 8-9

    A hipometría do v. 8 levounos á reintegración da copulativa inicial (tamén en Lopes e Littera), decisión ecdótica sustentada pola moi frecuente omisión da copulativa por erro de copia, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.). E noutros casos, a métrica e/ou o sentido indica a necesidade da recuperación da copulativa (véxase 6.14, 60.27, 103.18, 110.3 e 17, 230.5, 271.5 etc.). Cfr. nota a 42.15 e 274.19.

    Canto ao v. 9, ningunha proposta textual semella satisfactoria, todas elas con emendas sobre a lección manuscrita e con interpretacións dubidosas, mesmo fantasiosas (Lopes e, sobre todo, Littera). Cronoloxicamente, a lectura de Lapa non ten moito sentido (... escontra donas muitas fazer, e en Molide), mentres que a de Tavani introduce un hapax na altura (estojar ‘esconder’), tamén con difícil encaixe semántico; canto á lectura de Lopes non ten apoio textual nin sentido ([m’]esto[r]var d’ũas moitas fizerom em Molide), ao tempo que en Littera aparece unha estraña creación escovardoas, que xustifica do seguinte modo: «Arriscamo-nos, desta feita, a seguir os mss., embora o termo *escovardoas não pareça estar atestado; pensamos, no entanto, que será um aumentativo perfeitamente possível, resultando num verso que se adapta muito bem ao contexto» (Lopes & Ferreira & al. 2011-: http://cantigas.fcsh.unl.pt/ [consult. 25-3-2020]).

    Na proposta que presentamos ligamos coa segmentación da copulativa en Valedolid’e os dous versos e acollemos a lectura literal de <estouar> B e <escouar> V, que permite estabelecer o topónimo Escovar (probabelmente Escobar de Campos, en León), localidade próxima a Valladolid (cfr. v. 8), que tamén aparece nunha cantiga de Afonso X coa forma Escobar: ambas as variantes rexístranse xa nos primeiros textos (véxase CGPA, s.v. Escovar, Escobar). É de supor que Molide se refira a Melide (cunha variante labializada), vila situada no centro de Galiza.

  • 10

    Por máis que Lapa fixase unha forma falcacrua, a forma falcatrua (cfr. o erro <c>/<t>) non admite dúbidas por ser voz utilizada tamén na lingua moderna, aínda que non coñezamos outra atestación medieval fóra da de Airas Nunez; con todo, pode verse no Cancioneiro Geral de Garcia de Resende:

    Se veio tal falcatrua
    por sua parte ou por vossa,
    nos dizei qual é mais gossa
    se a vossa, se a sua (Dias 1990: III, 285).

  • 11-12

    Estes dous versos constitúen, novamente, máis outro locus criticus na composición, con lecturas outravolta moi afastadas da letra dos manuscritos (especialmente en Lopes e Littera).

    As lecturas de Lapa e mais de Lopes e Littera tentan a normalización métrica da estrofa, coa introdución dun hipotético assua por necesidades rimáticas, a condicionar un texto que se afasta da lección dos manuscritos. Así, fronte á lectura tavaniana, que Littera declara «não compreender», xorden estoutras propostas textuais:
              a[i], maos escudeiros trage o Churruchão [e assua],
              el á taes sergentes, ca non gente befua! (Lapa).

     

              a meus ‘scudeiros [em] cage o Churruchão [assua]
              e ata aos sergentes com sa gente bafua (Lopes).

     

              a meus ‘scudeiros [em] cage o Churruchão [assua]
              e ata aos sergentes, ca som gente befua (Littera).
    Segundo Littera, «cage será um galicismo, o verso significando: o Churruchão reúne (assua) os meus escudeiros numa "gaiola" (uma qualquer forma de prisão); mas nossa leitura é meramente conjetural» (Lopes & Ferreira & al. 2011-: http://cantigas.fcsh.unl.pt [consult. 25-3-2020]).

    A nosa edición acolle a proposta tavaniana, que considerou unha forma gage como un galicismo procedente de gagier ~ gager 'pagar', tendo tamén en conta que gage (‘garantía, prenda’) xa conta con dúas documentacións na poesía trobadoresca, profana e relixiosa. Así, nunha composición de Soarez de Quinhones:
              Se lhi frorec’o bastage,
              meu senhor, seede sage
              que prendades dele gage (1574.7).
    E tamén nas Cantigas de Santa Maria:
              E macar a dona de gran linnage
              era, non quiseron dela menage
              seus devedores; mais deu-lles en gage
    ​​​​​​​          seu fill’, onde foi pois mui repentuda (CSM 62.18).
    ​O Churruchão, por outra parte, é un personaxe dunha importante familia dese nome, da aristocracia galega, que significativamente tamén aparece, coa forma Chorrichão, noutra composición do mesmo Fernan Soarez de Quinhones:
              Máis valria que amor de Chorrichão
    ​​​​​​​          nen de Martin Gonçalvez Zorzelhone (1572.5).

    A voz sergento parece a mellor opción a partir da lección manuscrita, aínda que resulta sorprendente a terminación -o, que contrasta fortemente co xeral sergente dos textos medievais (véxase CGPA, s.v.), procedente do lat. servientem. Porén, nas Cantigas de Santa Maria existe unha forma feminina caracterizada coa terminación -a:
              Nosso ben per ssa vertude que ela grande mostrava
              en sãar enfermidades; e esta se lle dobrava
              quand’o avangeo santo dezia como falava
              o angeo de Deus con ela, u ela disse: "Sergenta
              Muito praz aa Virgen santa que Deus fillou por parenta ...” (CSM 349.28).
    Finalmente, o adxectivo befua é, sen dúbida, o precedente do moderno galego bafúa (‘pobre, miserábel, ruín’), voz recolleita nos dicionarios galegos decimonónicos (véxase RILG, s.v. bafúa). Alén desta ocorrencia, a voz bafua foi compilada por José Luis Pensado no seu vocabulario de voces históricas galegas, en dous documentos do século XII do Tombo de Sobrado dos Monxes: Ego Pelagius Ueremuir, cognomento Bafua, dono atque concedo (ano 1169); Petrus Guistrarit monachus, Pelagius Bafua magister. Constatim (ano 1188) (cfr. González González 2006: s.v.). Porén, non reaparece até 1820: poñen os bancos xunto as reixas, como si fora xente bafúa, sendo como son máis que eles, fóra as Ordes (cfr. TILG, s.v.). Véxase tamén RILG, s.v. bafúa​​​​​​​.

  • 13

    A voz desbulhar, con múltiplas ocorrencias na lingua medieval, é ‘espir con violencia; roubar’, e así o indica tamén as series en que está incluído o verbo no Synodicon portugués (García y García 1982: 384, 177): “forçar, roubar, enbargar ou esbulhar” (doc. de 1496); “esbulhar, forçar ou roubar” (doc. de 1505).

  • 14

    Neste verso, a métrica indica a necesidade de omitir a copulativa inicial, como acontece noutras pasaxes ao longo do corpus, e moi especialmente en posición inicial de verso, onde o testemuño diverxente dos manuscritos determina con seguranza o carácter espurio da copulativa. Isto acontece con certa frecuencia; véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (935.6, 1148.9).

    O adxectivo canos é un claro castelanismo, en rima con panos, pois a forma galego-portuguesa é cão(s), procedente do lat. canum / canos (cfr. 1435.9 e 29, 1357.7).

  • 15

    Dun modo similar ao que acontece con por non mentir (véxase 950.15; cfr. Brea & Fernández Guiadanes 2021: 69-71), tamén na expresión adverbial por én ~ por end(e) é xeral a preposición a preposición por, embora nesta pasaxe (e mais en 1331.4) B presente per en face do correcto por de V.

    A grãa é un pano de cor escarlata, de alta calidade (Morán Cabanas 2001: 87-88), e os adianos son agasallos (talvez tamén prendas de vestir?), aínda que non existen máis rexistros desta voz que a súa aparición nas Cantigas de Santa Maria (sempre en rima con panos), embora non se poida precisar exactamente o seu significado:
              Des que lle naceu o fillo, en logar que adianos
              déss’end’a Santa Maria, teve-o grandes set’anos
              que lle non vẽo emente nen da cera nen dos panos
              con que o levar devera, e cuidou seer arteira (CSM 43.30).

     

              E el enton de grado foi beija-los panos,
    ​​​​​​​          e tornou tan mancebo come de vint’anos;
    ​​​​​​​          e por est’aa Virgen grandes adianos
    ​​​​​​​          deu, porque os que ama nunca os obrida (CSM 141.43).


    ​​​​​​​          E levantaron-sse logo, dando grandes adianos
    ​​​​​​​          ​​​​​​​todos a Santa Maria; e el coseu os panos
    ​​​​​​​          mui ben con aqueles fios e encobriu os danos,
    ​​​​​​​​​​​​​​          a pesar do dem’astroso que‚ peor que golpello (CSM 273.50).

  • 16

    Fronte ao resultado meo (só en 278.5), na poesía profana a forma meio ‘metade’ (< medium) é transmitida sempre por BV, a funcionar como substantivo ou como adxectivo anteposto, o mesmo que forma parte da loc. prep. en/(e)no meio de (456.4 e 6, 489.14, 1030.14, 1377.14, 1473.9, 1631.13 etc.).

    Emendamos a lección <delarria> dos manuscritos por dúas razóns: a) un texto de la rua (Tavani, Lapa) suporía un verso hipermétrico; b) parece un castelanismo que nin sequera está condicionado pola rima (cfr. canos, v. 14).

  • 17

    A de parte constitúe unha locución adverbial de lugar ('á parte, a un lado'), tamén presente en 1586.7, que era frecuente na produción prosística medieval. Eis, como mostra, dúas pasaxes significativas: Quando dom Gonçallo esto soube, apartousse a de parte e disse: ... (Crónica Geral de Espanha de 1344); E agora, tanto que foy degolada, ueeo a mỹ hũũ menino que me parece que nõ he mais de jdade de quatro ãnos, e chamou-me a de parte e falou-me tam perfectamente, que a mĩ parecia seer eu rustico ante el (Orto do Esposo). Véxase numerosas ocorrencias no Corpus Galego-Portugués Antigo, s.v. a de parte, adeparte.

    O final do verso, tal e como foi transmitido polos manuscritos, rompe (igual que o v. 11, na estrofa II) o esquema métrico da primeira estrofa, que Lapa e Lopes novamente quixeron arranxar con intervencións textuais. Por unha banda, o editor portugués, seguido en Lopes, refai a parte final do verso afastándose da lección dos manuscritos (que o Deus poren [d]estrua!); por outra banda, en Littera innóvase tamén na mesma dirección cunha inexistente palabra rimante (‘strua) que nada significa, por máis que se tente xustificar cunha pasaxe de Afonso X, tamén con importantes problemas ecdóticos, especialmente na edición de Littera (véxase 480.17): «Mais uma vez, optámos por seguir de perto a lição dos mss., neste caso levando ainda em consideração que o termo strũa (no caso, nasalizado) aparece igualmente numa cantiga de Afonso X. [...] A nossa leitura, meramente conjetural, significa: que tem o seu par no estrume (ou seja, que se assemelha a estrume)» (Lopes & Ferreira & al. 2011-: http://cantigas.fcsh.unl.pt [consult. 27-3-2020]).

  • 18

    Este verso presenta diversas edicións, conforme a lectura feita a partir dos códices e segundo a interpretación que cada editor pretenda. Alén das varias emendas na lección dos códices, cal Tavani (mua) ou Lopes e Littera (minhana1 ), a cuestión central parece descansar na elección entre nana (B) e nona (V). A prioridade concedida a B leva a fixar nana, con múltiplas atestacións na lingua medieval (véxase CGPA, s.v. nana) neste verso: a pesar de Lapa indicar que nona é unha «mulher idosa (termo pejorativo)», na documentación medieval só achamos nana (case un centenar de documentacións no Corpus do Galego-Portugués Antigo entre 1263 e 1442, en xeral precedido de posesivo, case sempre mia, coas variantes mja, mj̃a, mina, minna ou mjña), que pervive en galego moderno co mesmo significado de ‘avoa’ ou ‘nai’ (véxase RILG, s.v. nana). Por tanto, o rapaz insulta a nai ou avoa do protagonista chamándolle “velha fududancua”.
    Ademais, nótese o uso proclítico da forma tónica bisilábica minha, certamente escasa no corpus (só 533.15, 1312.6 e 1629.5), onde é esmagadoramente maioritario o uso de mia, forma átona (unisilábica).
    Finalmente, o adxectivo feminino fududancua ‘sodomizada’ aparece sempre acompañando velha (452.15, 1597.5, 12, 17 e 24) ou, nunha única ocasión, puta (1518.21). A súa forma masculina atéstase moi limitadamente nos textos medievais, onde só achamos unhas poucas ocorrencias (véxase CGPA), algunhas con resultados de apócope final da base lat. fotūtum ĭn cūlum (cfr. avol ‘avó’, por exemplo): Se alguun omne disser a seu uiçino mãa paraula, traedor, ou seruo, ou fudud’ in cul, ou ceguu sauido, feyra ele una uez cum que quier que tena, e se uiuo ou morto escapar, nulla rem por ende peyte (doc. de 1250); Qual quer que [deostar] outro ou lhy disser falso ou trehedor ou fudodinculi ou cornudo ou erege (Ferreira 1987: I, 265); primeiramente chamándolle vilaao, fodidincul, curnudo, priuado, perro treedor, dizéndolle outros deostos et injurias atroçes (doc. de 1423); De custum'é que todo home que disser a outro nome deuedado, assi como é fudud'in cul ou fududo no cúú, que llo desdiga en Conçello, ca ly mentyo do que ly disse; e sse llo nõ quiser desdizer, pectely iiijor maravidis aaquel a que disse as palauras maas (doc. do século XV, nos Foros de Garvão); vos por maa puta velha, e eu por villaão fodudo no cuu ca assi quisestes vos (Fernão Lopes, Crónica de D. João I).

  1. ^

    Cfr. «O termo minhana (minha dona), se é esta a leitura correta, era um termo honorífico, aplicável a donas da mais alta linhagem. Tratar-se-á, pois, aqui, da utilização escarninha desse termo, seguida de um insulto» (Lopes & Ferreira & al. 2011-: http://cantigas.fcsh.unl.pt [consult. 27-3-2020]).

Buscar
    Sin resultados