[last revised: 03/06/2022]Print

975 [= Tav 12,4]
Tan grave dia vos eu vi

Tan grave dia vos eu vi,
senhor, tan grave foi por mí
e por vós, que tan gran pesar
avedes de que vos am’eu!
E, pois a vós aquest’é greu,
greu vos seri’, a meu cuidar,
d’amardes-mi muito, senhor,
[e] eu vós non, mais nunca assi
sera ja mentr’eu vivo for.
E non foi ome atẽes aqui,
cousa que eu ben entendi,
que me quisessedes amar,
nen voss’amor nunca foi meu,
e, poi-lo Deus a min non deu,
nen vós, non me pod’outren dar,
nen ouve nunca, senhor, ben,
nen sei que x’ést’, assi m’aven,
mais sei que é: desejei mal.
E perço meus dias assi
porque vos eu sempre servi
e sérvio muit’, e non mi val:
mentr’eu poder [vos] servirei,
mais nunca vos ren pedirei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 

Manuscripts


B 973, V 560

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 392-393 [= LPGP 116-117]); Littera (2016: I, 116); Querido (2016: 116); Littera (2016: I, 116).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 200-201); Braga (1878: 107); Machado & Machado (1953: IV, 349-350).

Manuscript variants


3 vós] nos V   10 atẽes] areēs B   12 quisessedes amar] quissessedes amar B : quissesse (des) des amar V   13 meu] ineu B   17 x’ést’] rest V

Editorial variants


8 vós non, mais nunca] vós; non mays nunc(a) Nunes   10 ome] hom(e) Nunes; atẽes] ates Querido   12 quisessedes amar] quisesse desamar (?) Nunes   18 mais sei que é: desejei mal] mays sey que o desejey mal Nunes : mais sei que en desejei m’al Littera : mais sei que o desejei mal Querido   22 mentr’eu poder [vos] servirei] mentr[e] eu poder servirei Querido

Paraphrase


(I) En nefasto día vos vin, señora; foi fatal por min e por vós, que sentides un pesar tan grande porque eu vos amo! E xa que a vós isto vos resulta difícil de soportar, difícil vos sería, señora, segundo eu penso, amárdesme vós moito e eu a vós non, mais así nunca será mentres eu estea vivo.
(II) E até aquí non fun home –cousa que eu ben entendín– que me quixésedes amar, nin o voso amor nunca foi para min, e xa que Deus a min non mo deu, nin vós, non mo pode dar outra persoa, nin tiven nunca ben, señora, nin sei o que iso é –iso é o que me pasa–, mais sei o que é: desexei mal (puxen o meu desexo onde non debía).
(1) E así perdo os meus días porque eu sempre vos servín e sirvo moito, e non me vale de nada: servireivos mentres puider, mais nunca vos pedirei nada.

Metrics


Esquema métrico: 8a 8a 8b 8c 8c 8b 8d 8a 8d (I [= Tav 53:1]) + 8a 8a 8b 8c 8c 8b 8d 8d 8b (II [cfr. Tav 54:1]) + 8a 8a 8b 8e 8e

Encontros vocálicos: 8 nunca‿assi; 10 ome‿a·tẽ͜es; 21 sér·vi͜o

Notes


Text
  • *

    O esquema métrico explicitado no repertorio métrico tavaniano e mais na edición de Querido mostra como a editora non considera a equivalencia rimática -ar / -al dos vv. 12, 15, 18 e 21.

  • 5-6

    Nótese a repetida presenza do provenzalismo greu, que concorre na lingua trobadoresca, sempre en rima, coa forma xeral grave, ambas as dúas formas procedentes do lat. gravem.

  • 8

    Na lingua trobadoresca, ao igual que acontece co CI, as formas pronominais oblicuas en función de CD poden aparecer sen preposición ([e] eu vós non).

    Por outra parte, a puntuación de Nunes, que liga non á adversativa mais non ten sentido ([e] eu vós, non mais nunca assi).

  • 10

    Foi é a forma xeral de P3 de pretérito de seer (e de ir), mais tamén aparece como forma de P1, tal como acontece neste verso: a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -Ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive  vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).
    Entre as palabras gramaticais, talvez sexa até a preposición que presenta máis variantes nos textos medievais. Concretamente, na lingua das cantigas profanas, para alén da forma maioritaria atá, aparece candanseu rexistro de atra (1500.7), atro (1440.15), tães (644.4), sendo atẽes a segunda variante máis utilizada, pois atéstase tamén en 28.10 e 1663.12.
    No presente contexto, atẽes presenta medida bisilábica, talvez anunciando a moderna forma até.

  • 12-21

    Nestes versos aparece a equivalencia /l/:/ɾ/ que se detecta en múltiplas ocasións ao longo do corpus. Véxase 104.34-35 (al : alongar), 144.1-6 (amar : al), 541.2-3 (amor : frol), 971.17-21 (souber : segrel), 1202.9-10 (atal : guaanhar), 1207.1-2 (bailar : brial), 1207.11-12 (brial : pesar), 1207.16-17 (vestir : min)1 1292.r1-r3 (Soveral : estar : Soveral), 1356.1-2 (Natal : dar), 1359.2-6 (cantar : mal : brial), 1369.2-8 (Soveral : atal : falar : Corral), 1379.8-10 (mal : Albar- : tal), 1430.12-13 (priol : melhor), 1495.5-6 (segrel : molher), 1507.13-17 (dar : ferrar : lamaçal : ar), 1515.1-7 (rascar : pesar : Juncal), 1519.8-14 (maenfestar : mal : maenfestar), 1519.15-24 (falar : cuidar : falar : val), 1533.15-18 (disser : segrel), 1534.7-12 (segrel : quiser), 1616.2-4 (Elvas : ervas), 1617.8-12 (cervas : Elvas : relvas), 1617.32-36 (ervas : Elvas : relvas), 1659.12-13 (taful : algur), 1653.9-11 (segrel : mester). Cfr. notas a 206.4-6, 383.19-20, 427.5-6, 453.5-6, 698.5-6 e 877.1-7.

  • 18

    Absolutamente todos os editores alteran, sen xustificación ecdótica, o texto subministrado polos apógrafos italianos. Na realidade, coa segmentación axeitada e a subsecuente puntuación, máis unha vez revélase certa a copia que chegou a nós, de modo que desejei mal é a resposta a mais sei que é.

  1. ^

    A equivalencia acústica /l/:/n/ é similar a /l/:/ɾ/, todas elas consoantes líquidas.

Search
    No results