(I) En nefasto día vos vin, señora; foi fatal por min e por vós, que sentides un pesar tan grande porque eu vos amo! E xa que a vós isto vos resulta difícil de soportar, difícil vos sería, señora, segundo eu penso, amárdesme vós moito e eu a vós non, mais así nunca será mentres eu estea vivo.
(II) E até aquí non fun home –cousa que eu ben entendín– que me quixésedes amar, nin o voso amor nunca foi para min, e xa que Deus a min non mo deu, nin vós, non mo pode dar outra persoa, nin tiven nunca ben, señora, nin sei o que iso é –iso é o que me pasa–, mais sei o que é: desexei mal (puxen o meu desexo onde non debía).
(1) E así perdo os meus días porque eu sempre vos servín e sirvo moito, e non me vale de nada: servireivos mentres puider, mais nunca vos pedirei nada.