893 [= Tav 155,12 (= 157,55)]
[S]ennor, eu vivo muit’a meu pesar

[S]ennor, eu vivo muit’a meu pesar
e mui coitado, se Deus me perdon,
por vós, que amo mui de coraçon,
que me fez Deus, por mal de mí, amar,
e por meu mal me vos foi amostrar,
ca, de-lo dia, sennor, que vos vi,
per bõa fe, nunca coita perdi
por vós, que eu por mal de mí amei
des que vos vi, per bõa fe, sennor,
ca des enton me fez o voss’amor
na mui gran coita viver que oj’ei,
e por meu mal vos vi e vos falei,
ca, de-lo dia, [sennor], q[ue] v[os vi,
per bõa fe, nunca coita perdi]
por vós, que quero mellor d’outra ren,
que me fez Deus, por meu mal, ben querer,
ca en tal coita me vejo viver
que ja perdi o dormir e o sén,
e por meu mal vos quero tan gran ben,
ca, de-lo dia, s[ennor], q[ue] v[os vi,
per bõa fe, nunca coita perdi]
por vós, que amo muito máis ca mí:
ben me creede, sennor, que é ‘ssi.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 

Manuscritos


A 299

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 598-599 [= LPGP 976-977]); Littera (2016: II, 549-550).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 175); Machado & Machado (1960: VII, 66); Arbor Aldea (2016b).

Variantes manuscritas


2 e] ꞇ e A; coitado, se] coytad a se A   5 vos] uos A   6 vos] uos A   9 vos] uos A   12 vos] uos A; vos] uos A   19 vos] uos A

Variantes editoriales


6 vos] vus Michaëlis   9 vos] vos Michaëlis   12 vos ... vos] vos ... vos Michaëlis   13 vos] vus Michaëlis   19 vos] vos Michaëlis   20 vos] vos Michaëlis

Paráfrasis


(I) Señora, eu vivo moi a meu pesar e moi coitado, así Deus me perdoe, por vós, que amo de todo corazón e a quen Deus me fixo amar, para o meu mal, e para o meu mal me vos foi mostrar, pois desde o día que vos vin, señora, abofé, nunca a coita perdín (II) por vós, que eu por mal de min amei desde que vos vin, certamente, señora, pois desde entón o voso amor me fixo vivir na coita moi grande que hoxe eu teño, e polo meu mal vos vin e vos falei, pois desde o día que vos vin, señora, abofé, nunca a coita perdín (III) por vós, que quero mellor que outra cousa, que Deus me fixo amar, para o meu mal, porque en tal coita me vexo vivir que xa perdín o sono e o siso, e por mal meu vos amo tanto, pois desde o día que vos vin, señora, abofé, nunca a coita perdín (1) por vós, que amo moito máis ca a min: creédeme ben, señora, que é así.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10a 10C 10C (= Tav 139:12) + 10c 10c

Notas


Texto
  • *

    Esta composición é unha cantiga ateúda atá a fiinda, con ligazón sintáctico-discursiva entre todas as súas estrofas, incluída na relación de cantigas ateúdas confeccionada por Gonçalves (2016 [1993]: 269-270).

  • 15-16

    Estes dous versos aparecen integrados literalmente na primeira estrofa dunha cantiga de Pero Garcia Burgales (191.3-4):
              Par Deus, sennor, ja eu non ei poder
              de non dizer de quanto mal me ven
              por vós, que quero mellor d’outra ren,
              que me fez Deus, por meu mal, ben querer,
              e o dormir, sennor, e praz-vos én,
              e trage-m’en gran coita voss’amor:       
              tod’este mal me por vós ven, sennor.

  • 20

    A preposición a non existe na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (44.13, 102.17, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. , func. 2). Véxase nota a 861.14. Cfr. nota a 177.22 e 243.16.

  • 23

    Resulta significativo comprobar a existencia da aférese de assi no encontro coa forma verbal é (véxanse tamén 179.30, 218.8, 246.15, 258.22, 284.16, 374.5, 511.5), que convive coa sinalefa éassi (509.7, 808.9, 1110.5, 1224.14, 1569.32); só existe hiato en 754.4) e co xeral ést’assi para evitala, con recurso á variante éste (cfr. nota a 88.10).

Buscar
    Sin resultados