I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 888 [= LPGP 265]); Zapico Barbeito (2005b: 1.606); Marcenaro (2013: 121-122); Littera (2016: I, 279-280).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 22-23); Braga (1878: 8); Machado & Machado (1950: II, 251-252); Rios Milhám (2018b: III, 402).
1 vos] uos BV 2 vos] uos BV 3 vos] uos BV 4 bõa] bona V; vos] uos BV 5 de] d’ B; que qⁱ V 6 quen] qem B 7 vosso] uossa B; coraçon] coracō BV 8 vos] uos BV 9 am’eu] ameū B; quanto] q̄nto V 10 servo] sser no B 11 poderia] podero V; vós] uꝯ BV 14 servi[r]-vos quen vos] seruj quer nos B : seruꝯ. quen uos V 15 tamin ben por dando candm V 16 vós] uꝯ BV 17 poderia] rederia B; vós] uꝯ BV
1 vos] vus Michaëlis 2 vos] vus Michaëlis 3 vos] vus Michaëlis 4 vos] vus Michaëlis 6 e] en Michaëlis : em Littera; fezes[s]’eu i pesar a quen] fezes’eu i pesar... a quen? Zapico Barbeito 8 vos] vos Michaëlis 9 vos] vus Michaëlis : vós Marcenaro; posso] poss(o) Michaëlis 10 servo-vos] sérv[i]o-vus Michaëlis : sérv[i]o-vos Littera 12 e] en Michaëlis : em Littera; fezes[s]’eu i pesar a quen] fezes’eu i pesar... a quen? Zapico Barbeito 13 vos] vus Michaëlis 14 de vos servir o que vus mereceu Michaëlis : de vos servi[r] quen vos mereceu Zapico Barbeito : de vos servir [o] que vós mereceu Marcenaro : de vos servir quem vos [i] mereceu Littera 15 e a min ben, porque ando sandeu] ca mui ben perdud’ando e sandeu Michaëlis; ca min ben; por que ando sandeu Zapico Barbeito; porque] par que Littera 16 senhora] senhor; e Michaëlis, Littera 18 e] en Michaëlis : em Littera; fezes[s]’eu i pesar a quen] fezess’eu i pesar a alguen Michaëlis, Littera : fezes’eu i pesar... a quen? Zapico Barbeito 19 om. Michaëlis, Zapico Barbeito, Marcenaro, Littera
(I) Señora fermosa, sabe Deus agora que desde que vos amei sempre vos servín canto eu máis puiden; e servinvos así, abofé, polo que vos direi: (por ver) se podería recibir de vós ben, e que así eu fixese pesar a quen (II) vós sabedes no voso corazón que vos causou el moitas veces pesar; e ámovos eu canto vos podo amar e sírvovos por esta razón: (por ver) se podería recibir de vós ben, e que así eu fixese pesar a quen (III) vós sabedes, pois ben condirá convosco que vos sirva quen vos mereceu, e a min (cadrarame) ben, porque ando louco por vós; señora, dicide agora xa se podería recibir de vós ben, e que así eu fixese pesar a quen
(1) vós sabedes [...].
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:41)
Encontros vocálicos: 9 posso‿amar
Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición, incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), véxase nota á cantiga 15.
De todos os modos, nesta cantiga falta a fiinda, que os apógrafos italianos non transmitiron nin indican explicitamente. É por isto que na edición de Zapico Barbeito se impugna o carácter de cantiga ateúda desta composición, que resolve atribuíndo carácter interrogativo ao refrán:
Se poderia de vós aver ben,
e que fezes’ eu i pesar... a quen?
Porén, esta decisión editorial –que respecta a letra dos manuscritos– acarreta problemas na articulación discursiva da cantiga, que parece efectivamente precisar unha fiinda ausente dos manuscritos.
A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> de V é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de B), o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.
Ao longo do corpus das cantigas profanas rexístrase a locución de carácter concesivo e que (‘aínda que’), en xeral emendada polos editores para en que, tal como acontece neste caso (ou segmentada por medio da puntuación), por ser infrecuente no período medieval:
quand’aqui chegar,
e que lh’eu falar non quiser,
muito terrá que baratou
mal porque tan muito tardou (729.4);pois m’el ben quer, e que lh’eu faça mal,
que faria se lh’eu fezesse ben? (743.5);E que me non pesass’a mí por al,
pesar-mi-á [én] muito por ũa ren: / ... (818.7);E que mi queirades valer,
ai coita do meu coraçon,
ben sei eu, se Deus mi perdon: / ... (885.6);e des oimais, quer se queixe, quer non,
e que se queixe, non mi pode dar
maior afan (1128.11).
De todos os xeitos, a existencia desa locución é confirmada polo seu uso noutras obras afastadas territorial e cronoloxicamente das cantigas:
E que [ed.: E, que] vos eu quisesse contar como el rei dom Rodrigo era vestido e da sua nobreza, certo eu nõ saberia dizer cõ verdade (Crónica Geral d’Espanha de 1344; Cintra 1952-1990: 330)
e que o fosse, foy-o de hũu mui nobre rrei (Fernão Lopes, Crónica de D. Fernando; Macchi 2004: 255).
O pronome vós, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.
A P1 do presente de indicativo (e o presente de subxuntivo) de servir presenta, nun primeiro momento evolutivo, iode na desinencia (sĕrviō > sérvio; sĕrvĭam > sérvia etc.), que posteriormente desapareceu (servo; serva etc.) para, finalmente, seren formas semirregularizadas en sirvo, sirva etc. solidariamente con outros verbos similares da terceira conxugación (dormir, mentir, sentir etc.) (véxase Ferreiro 1999 [1995]: §192a). Este testemuño de servo súmase aos presentes en 36.17, 374.14, 1172.1 e 1543.7, formas aínda moi minoritarias fronte ás xerais sérvio e sérvia.
Nesta cantiga detéctase o erro <uꝯ> vós en BV (tamén nos vv. 16 e 17, mais cfr. <uos> na v. 5), en liña cun lapso que se rexistra nos tres grandes cancioneiros. Véxase este mesmo erro en A fronte ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional (vós <uꝯ> A : <uos> B) en 72.13, 88.20, 90.16, 133.10, 134.24, 138.14, 315.8. Mais tamén se atesta o mesmo lapso de copia en BV, con lección errada coincidente tamén en 791.13, 840.17, 855.13, 920.14, 929.r1 (vv. 5, 11 e 17), 1052.5, 1111.11, 1195.15, 1264.6 etc.; do mesmo xeito, aparece en cantigas transmitidas só por un dos cancioneiros italianos: 183.17 e 185.21 (en B); 1013.1 (en V); e aínda existe en pasaxes con diferente lección conforme os manuscritos: 900.7 (<uꝯ> B vs. <uos> AV), 1022.7 (<uꝯ> V vs. <uos> B).
Nas edicións precedentes da cantiga, en esencia coincidentes, este verso é obxecto de forte emenda; porén, e malia o erro da lección manuscrita, pode reconstruírse con bastante certeza a partir do texto transmitido por B e V.
O pronome tónico vós cumpre función de CI sen preposición (véxase nota a 4.9). Isto é: ‘de servirvos a vós quen vos mereceu’.
O feminino analóxico senhora, de xeración tardía na lingua, é aínda na lingua trobadoresca excepcional con relación á forma invariábel senhor, xa que só se atesta en Afonso Sanchez (383.27), Don Denis (551.24 e 29), Martin de Caldas (1211.9), Fernand’Esquio (1315.3, 8 e 13) e Gil Perez Conde (1546.23, 1547.16).
Carolina Michaëlis, seguida por Littera, remata o refrán con alguen, para cerrar sintáctica e semanticamente a composición que, como xa foi dito, non presenta fiinda en BV. A propia editora suxire a posibilidade de a cantiga ser incompleta: «Supponho que o refram teria no fim esta variante, ou então que a cantiga continuava com uma fiinda, en que o poeta rematava o sentido».
Por súa vez, Marcenaro cerra a cantiga con quen, atribuíndolle un valor inexistente ao relativo, tal como se percibe na versión ao italiano do derradeiro refrán: «se potessi avere la vostra benevolenza per cui potessi far patire qualcun altro».
Nous utilisons des cookies de tiers à des fins analytiques pour pouvoir connaître les habitudes de navigation (par exemple, les pages visitées). N'oubliez pas que si vous acceptez les cookies de tiers, vous devrez les exclure des options de votre navigateur ou du système proposé par des tiers.
Cliquez sur le bouton correspondant pour accepter ou rejeter les cookies :