I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 378); Méndez Ferrín (1966: 177 [= LPGP 874-875]); Azevedo Filho (1995 [1974]: 76); Cohena (2003: 423); Cohenb (2014 [2013]: 55); Littera (2016: II, 414); Cohenc (2016b: 20).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 273); Braga (1878: 149); Bell (1922: 260); Machado & Machado (1956: V, 293-294); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 53-54); Bernárdez (1952: 116); Nunes (1959: 318); Álvarez Blázquez (1975: 210); Torres (1977: 362); Beltrán (1987: 80); Dobarro Paz et alii (1987: 98-99); Tavani (1989: 4); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 218); Diogo (1998: 240); Morán (1999: 65-66); [Morán] (2001: 79).
6 querria] Q̅iria B
(I) Quérovos preguntar, madre, para que me digades a verdade, se ousará o meu amigo falar comigo diante de vós.
(II) Xa que del recibín o recado, de bo grado querería saber se ousará o meu amigo falar comigo diante de vós.
(III) Irei, miña nai, á fonte onde van dos cervos do monte, se ousará o meu amigo falar comigo diante de vós.
Esquema métrico: 3 x 7’a 7’a 7’B 7’B (= Tav 37:56)
Encontros vocálicos: 9 madre,‿a
De novo en Meogo se manifesta a conservación de /l/ nunha forma do artigo en posición posvocálica na procura dunha retórica arcaizante na elaboración de cantigas de amigo (véxase Ferreiro 2008, 2013), igual que acontece noutras moitas cantigas (609, 704, 735, 781, 825, 864, 891, 892, 903, 969, 1130, 1166, 1167, 1169, 1201, 1281, 1294, 1297, 1299, 1304 e 1314) e do mesmo xeito que acontece coas correspondentes formas pronominais (véxase nota a 586.5).
Repárese nesta estrofa como non existe un verbo que introduza o refrán, tal como na estrofa I (digades, v. 2) e na estrofa II (queria saber, v. 6).