606 [= Tav 25,70]
Pera veer meu amigo

Pera veer meu amigo,
que talhou preito comigo,
ala vou, madre.
Pera veer meu amado,
que mig’á preito talhado,
ala vou, madre.
Que talhou preito comigo,
é por esto que vos digo:
ala vou, madre.
Que mig’á preito talhado,
é por esto que vos falo:
ala vou, madre.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 589, V 192

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 90 [= LPGP 209-210]); Nunes (1973 [1928]: 40-41); Cohen (2003: 625); Littera (2016: I, 233-234).
II. Outras edicións: Moura (1847: 173-174); Monaci (1875: 76); Braga (1878: 39); Machado & Machado (1952: III, 224); Júdice (1997: 65); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 183); Seoane (1941: 145); Piccolo (1951: 186-187); Nunes (1959: 380); Vasconcellos (1959: 33-34); Sansone (1990: 314); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 42).

Variantes manuscritas


7 (Que miga p̄yto talhado) / Que talhou p̄ito comigo V

Paráfrase


(I) Para ver o meu amigo, que se citou comigo, alá vou, madre.

(II) Para ver o meu amado, que comigo se citou, alá vou, madre.

(III) Que se citou comigo, é por isto que vos digo: alá vou, madre.

(IV) Que comigo se citou, é por isto que vos falo: alá vou, madre.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 7’a 7’a 4’B (= Tav 26:117)

Notas


Texto
  • 2

    Talhar preito (tamén nos vv. 5, 7 e 10), expresión frecuente na voz da amiga, é ‘marcar un encontro, concertar unha cita’ (véxase 1200.1, 1402.7, 1430.26).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado