584 [= Tav 25,2]
De que morredes, filha, a do corpo velido?

– De que morredes, filha, a do corpo velido?
– Madre, moiro d’amores que mi deu meu amigo.
Alva é, vai ledo.
– De que morredes, filha, a do corpo louçano?
– Madre, moiro d’amores que mi deu meu amado.
Alva [é, vai ledo].
Madre, moiro d’amores que mi deu meu amigo
quando vej’esta cinta que por seu amor cingo.
Alva [é, vai ledo].
Madre, moiro d’amores que mi deu meu amado
quando vej’esta cinta que por seu amor trago.
Alva [é, vai ledo].
Quando vej’esta cinta que por seu amor cingo
e me nembra, fremosa, como falou con migo.
Alva [é, vai ledo].
Quando vej’esta cinta que por seu amor trago
e me nembra, fremosa, como falamos ambos.
Alva [é, vai ledo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 567, V 170

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 75 [= LPGP 191]); Nunes (1973 [1928]: 18-19); Cohen (2003: 600); Littera (2016: I, 220).
II. Outras edicións: Moura (1847: 138-139); Monaci (1875: 69); Braga (1878: 34); Machado & Machado (1952: III, 189-190); Cohen (1987: 47); Júdice (1997: 60); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 175-176); Seoane (1941: 141-142); Fernández Pousa (1951: 105); Alonso & Blecua (1969 [1956]: 126-127); Oliveira & Machado (1959: 116-117); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 85); Álvarez Blázquez (1975: 234); Lapa (1976: 31-32); Reckert & Macedo (1980: 214); Fiúza (1981: 83-85); Ferreira (1988: 87-88); Pena (1990: 161-162); Jensen (1992: 86); Pena (1993: 95); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 33).

Variantes manuscritas


1 morredes] moiredes B   3 ledo] lieto B : liero V   4 De que morredes] Do q̄ moiredes   8 vej’esta] ueesta V   17 falamos] falamˢ V

Variantes editoriais


3 Alva é, vai ledo] Alva e vai liero Lang, Nunes : Alva é, vai liero Cohen, Littera   4 louçano] loução Nunes   5 mi] me Lang   6 Alva é, vai ledo] Alva e vai liero Lang, Nunes : Alva é, vai liero Cohen, Littera   9 Alva é, vai ledo] Alva e vai liero Lang, Nunes : Alva é, vai liero Cohen, Littera   10 que] qui Lang   12 Alva é, vai ledo] Alva e vai liero Lang, Nunes : Alva é, vai liero Cohen, Littera   14 con migo] comigo Nunes   15 Alva é, vai ledo] Alva e vai liero Lang, Nunes : Alva é, vai liero Cohen, Littera   18 Alva é, vai ledo] Alva e vai liero Lang, Nunes : Alva é, vai liero Cohen, Littera

Paráfrase


(I) –De que morredes, filla, a do corpo belo?

–Madre, morro de amores que me deu o meu amigo. É a alba, vai ledo!

(II) –De que morredes, filla, a do corpo louzán?

–Madre, morro de amores que me deu o meu amado. É a alba, vai ledo!

(III) Madre, morro de amores que me deu o meu amigo cando vexo esta cinta que polo seu amor cingo. É a alba, vai ledo!

(IV) Madre, morro de amores que me deu o meu amado cando vexo esta cinta que polo seu amor traio. É a alba, vai ledo!

(V) Cando vexo esta cinta que polo seu amor cingo e me lembra, fermosa, como falou comigo. É a alba, vai ledo!

(VI) Cando vexo esta cinta que polo seu amor traio e me lembra, fermosa, como falamos ambos. É a alba, vai ledo!

Métrica


Esquema métrico: 6 x 13’a 13’a 6’B (= Tav 26:36)

Notas


Texto
  • 3

    A estraña (e inexistente) forma liero, derivada das leccións <lieto> B, <liero> V, foi insatisfactoriamente explicada como unha variante (?) de ligeiro, de modo que o refrán significaría: ‘Amañece, vaite axiña’. Porén, resulta suxestiva e verosímil, aínda que ecdoticamente insatisfactoria, a posibilidade de estarmos perante un lapso de transmisión na copia do único refrán completo (na estrofa I), en que <liero> (lección de V) fose un erro por <lieto> (lección de B), isto é, ledo en italiano. 
    De calquera maneira, a puntuación de Lang e Nunes, coa interpretación de <e> como copulativa non ten sentido.

  • 4

    A forma louçano, como outras que aparecen con frecuencia nas cantigas de amigo (Granada, irmana, louçana, sano, venia etc.), mostra a conservación de -n- intervocálico, sen dúbida como decoración arcaizante propia deste xénero (véxase Ferreiro 2008b), aínda que tal arcaísmo fonético pode moi esporadicamente aparecer tamén noutro tipo de composicións (véxase 429.r8 e 473.4).

  • 8

    A cinta é o cordón con que se apertaba a camisa ou o vestido á cintura. Por ese uso como ataxe, foi tomada como símbolo de unión e de fidelidade entre os namorados, que se intercambiaban anacos de cintas para mostrar que o amor era correspondido e tamén cando se separaban por un período longo, para manteren viva a chama do amor e a fidelidade.

  • 14

    A forma medieval migo, con algunhas variantes (véxase nota a 10.18), xa convivía na altura con comigo, que aínda pode presentar a forma analítica con migo1 (11.24, 585.8, 773.8, 846.r1, 856.1, 928.8, 939.13, 1010.14, 1039.10 e 26, 1099.19, 1234.20, 1303.8) , fórmula concorrente coa arcaizante con mego (469.6 e 9).

  1. ^

    Tamén se podería representar conmigo, mais non debe ser cõmigo, como aparece en Cohen, pois non se trata dunha vogal nasal senón dunha secuencia de vogal + consoante nasal (< cŭm mēcum).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado