[last revised: 18/05/2022]Print

878 [= Tav 94,13]
Per como achamos na Santa ‘Scritura

Per como achamos na Santa ‘Scritura,
o Antecristo ora seera na terra,
ca se non guarda tregoa nen postura,
e cada parte vejo avolver guerra
e fazer mal con mengua de justiça,
e na gent’é tan grande a cobiiça
que non á i conselho nen mesura,
ca non leixan [e]spital nen egleja,
romeu nen dona nen omen fidalgo
nen omen d’orden, por bõo que seja,
que non desonren por levar del algo:
forçan molheres e rouban caminhos
e non temen [.........] nen [....-inhos],
[................................................. -eja]
Perde[n]-se [.......................... -ades],
porque non an omen que os defenda:
nen lavran vinhas nen lavran erdades,
nen ar teen per u se pag’a renda.
Perden-s’as onras [.........................
........................................................]
prez e mesura †.............................†
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscripts


B 887, V 471

En V só aparecen copiados os vv. 1-12.

Editions


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 415); Stegagno Picchio (1968: 101 [= LPGP 627]); Lopes (2002: 291); Littera (2016: II, 93-94).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 173); Braga (1878: 89); Machado & Machado (1953: IV, 224).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 207); Landeira Yrago (1975: 197); Tavares & Miranda (1987: 13-14).

Manuscript variants


1 ‘Scritura] sp’tura B : sopicura V   2 seera] leera B; terra] cirā BV   3 tregoa] cregoa B : tregōa V   4 e cada parte] et cada parce B : ꞇ cada rarce V; avolver] a uoluer BV   5 con mengua] cōnnēgw : cō mēg̃ V; justiça] Justica B : justica V   6 cobiiça] cobijca B : cobijza V   7 i conselho] hō cō solho V   8 leixan [e]spital] leyxar spiral V   9-10 nen omen fidalgo, / nen omen d’orden, por bõo que seja] nē ame fidalgo / nē omē fidalgou nē homē / dondē por bōo q̅ sera B : nē ame fidalgo / nē amē fidalgo nē homē dōdā por bō q̅ seda V   11 desonren] des omrē V; levar del algo] lenar del aga B   12 Forçan] forcā B; molheres] molhe rs B : molhio V; rouban caminhos] ronbā cam̄iha B   13-21 om. V   13 temen] demē B   16 non an omen que os] nō nō hā hom̄s q̅ es B   18 teen per u] ceē peiu B   19 onras] aoras B   21 p’z e τ mesura ūgomj τcedade B

Editorial variants


1 achamos] achamus Stegagno Picchio; Santa ‘Scritura] Sancta Scriptura Stegagno Picchio : Santa Escritura Lopes, Littera   2 Antecristo ora seera] Anti-Cristo ora será Lopes, Littera   4 vejo avolver] vejo a volver Lapa, Stegagno Picchio, Lopes, Littera   5 mengua] mengoa Stegagno Picchio   8 leixan [e]spital] leyxam spital Stegagno Picchio : leixam [ho]spital Lopes, Littera   13 e non temen [lac.] nen [lac.]] e non temen [alcaides] nen [meirinhos] Lapa, Lopes, Littera   14 [ante chaman sempre quen os proteja] Lapa : [ante acham sempre quem os proteja] Littera   15 Perde[n]-se [lac.]] Perden-se [lavradores nas cidades] Lapa : Perde[m]-se [lavradores] [...] Lopes   16 an] há Lopes, Littera; os] as Stegagno Picchio   18 teen] tẽe Lapa : têm Littera   19 Perden-s’as onras [lac.]] Perden-sse as arras [...] Stegagno Picchio : Perden-s’as onras [sem mais cousimento] Lapa   21 prez e mesura †...†] paz e mesura, [vejo-os neicedades] Lapa : paz e mesura, [vingoan [ne]icedade[s] Stegagno Picchio : paz e mesura nom som já verdades Lopes, Littera

Paraphrase


(I) Tal como achamos na Santa Escritura, o Anticristo estará agora na terra, pois non se respecta tregua nin acordo e en todas as partes vexo armar guerra e facer mal por falta de xustiza; e na xente é tan grande a cobiza que non hai alí lugar para o consello e a mesura, (II) pois non respectan hospital ou igrexa, nin romeu nin muller nobre, nin fidalgo nin frade, por bo que sexa, que o non deshonren por lle roubar algo: forzan mulleres e rouban nos camiños e non temen [...].
(III) Pérdense [...] porque non teñen home que os defenda; nin labran viñas nin labran herdades, nin tampouco teñen con que pagar a renda. Pérdense as honras [...] e prez e mesura [...].

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10’a 10’b 10’a 10’b 10’c 10’c 10’a (= Tav 100:44)

Encontros vocálicos: 1 como‿achamos; 2 Antecristo‿ora se͜e·ra; 3 tre·go͜a; 4 vejo‿avolver; 6 grande‿a

Notes


Text
  • *

    O estado lacunoso dos manuscritos (tanto en B como especialmente, pola ausencia das estrofas II-III en V) non permite reconstrucións certas da cantiga.

    Na obra de Martin Moxa, clérigo trobador, salientan as sátiras de ton moralizante, que denuncian de forma xenérica a corrupción e a perda de valores do mundo presente (UC 878, 880, 888, 917, xunto coa cantiga 897). Utilizando tópicos clásicos como o do Ubi sunt?, a voz poética lembra con saudade o tempo pasado en que o mundo se rexía por virtudes como a verdade, a lealdade, o saber, o bo xuízo, o valor ou a xenerosidade, e describe o tempo actual, que aborrece, como un mundo ás avesas, pois nel imperan a vileza, a covardía, a necidade e a mentira.

    Esta modalidade poética de Martin Moxa debeu ser xa recoñecida na época, até o punto de ser utilizada como tópico literario polo trobador Joan de Gaia nunha sátira contra un prelado corrupto onde, entre outros argumentos para que acepte o convite a xantar, se lle di que nel van ser interpretadas cantigas de Martin Moxa, o que no contexto hai que entender como unha clara ironía, pois ao corrupto non lle agradaría ouvir en público cantares en que se criticasen os vicios e defectos que el tiña (véxase UC 1471).

    En calquera caso, o feito de que Joan de Gaia cite a Martin Moxa, sendo el un autor tardío do ámbito do conde Don Pedro de Barcelos, é un dos argumentos aducidos para defender a hipótese de que a cantiga Vós que soedes en corte morar (UC 879) é unha tençon entre o conde Don Pedro e de Martin Moxa.

  • 1

    Da mesma maneira que, tras vogal, existen casos de aférese de e- en voces iniciadas por /est-/, tamén en palabras que comezan por /esk-/ se percibe esa posibilidade de crase fonética (anulada en Lopes e Littera) con perda da vogal inicial: Santa ‘Scritura (878.1), e ‘scudeiros (1119.17), aja ‘scarnho (1487.10). Véxase nota a 6.4, 18.16, 51.1, 73.19, 358.21.

  • 3

    A voz tregoa computa sempre como bisilábica, tamén nas restantes tres composicións en que se rexistra (874.15; 1366.2, 10, 12, 25 e 38; 1387.12).

  • 4

    Todos os editores fixan un texto cunha aparente perífrase veer + a + infinitivo (volver): e cada parte vejo a volver guerra. Porén, non achamos tal construción verbal, de modo que a solución ecdoticamente máis pertinente é a consideración dunha forma avolver, variante protética que convive con volver, do mesmo modo que moitos outros verbos na lingua trobadoresca (guardar ~ aguardar, devinhar ~ adevinharmostrar ~ amostrarviltar ~ aviltar, conselhar ~ aconselhar, guisar ~ aguisar, levantar ~ alevantar, parar ~ aparar, prazer ~ aprazer, salvar ~ assalvar). A variante avolver aparece repetidamente, e coa mesma semántica e similares contextos, por exemplo, na Crónica Geral d’Espanha de 1344 (cfr. CGPA, s.v.): e, assy como chegou, avolveo a lide fortemente, ferindoos muy de ryjo, e lidou cõ elles [...] E fezeron sua esporoada muy boa, de guisa que se avolveo toda a hoste [...] Mas os iffantes e todollos que erã da sua parte ouverõ muy grande medo, ca penssarõ que, pois ja tiinha as espadas, que queria avolver a corte [...] Os de Cordova, quando virom que rey de Graada lhes ẽvyava aquelles dous altos homeens em ajuda, avolverom peleja com os Berberiis que ficarõ cõ elles em guarda da cidade [...] O treedor, por que vy[o] que nõ tiinha ainda tempo de conprir seu coraçõ assy como elle querya e por que nom podya entom sayr bem, se se enton avolvessem, disse que lhe prazia muyto do que dizia e que o tiinha por bem [...] e que entõ avolvessem com elles pelleja sobre o lançar e que per esta guysa os poderyã matar todos. Tamén na Crónica de D. João I de Fernão Lopes: começarom de sse avolver jumtamdosse pera hir ao paaço [...] mas aimda per sospeiçom, a quall cousa amda muito amtrelles, pode seer quamdo nos virem jumto cõssigo, que sse avolveram todos sem governamça.

  • 5

    Na lingua medieval rexístrase certa vacilación de resultados en vogais tónicas de grao medio trabadas por nasal. Tal é o caso de mingua, que concorre cunha variante minoritaria mengua (11.17, 360.1, 469.1, 476.14, 1316.16, 1620.31), igual que menguar ~ mengar aparecen a carón de minguar. Cfr. nota a 205.13.

  • 8

    No corpus das cantigas son dominantes as formas igreja ~ egreja, pois esta pasaxe é a única que mostra a variante egleja, con grupo -gl- (véxase nota a 1340.6). Neste sentido, cómpre insistir na frecuencia con que no territorio galego-portugués alternan as solucións cr-/cl-, gr-/gl-, pr-/pl- e fr-/fl- (iniciais ou internos) pola vacilación fonética [ɾ] ~ [l] nestes grupos. Así, a carón do xeral prazer achamos plazer (7.44, 9.1, 20.23, 62.3, 102.11, 924.3, 1624.1), fronte a preito, existe un caso de pleito (434.13), mais é sistemática a forma planeta (1340.2, 3, 8, 12 e 27; 1451.23); por súa vez, sendo clerigo forma única, existe vacilación entre clerizia (1340.11, 1497.36) e crerezia ~ crerizia (888.43, 917.3); por último, fronte ao maioritario frol e fror, rexístrase tamén flor (113.15, 517.17, 551.16, 585.1 e 4, 864.19, 866.2), para alén do antropónimo Flores (530.9, 772.10).
    De calquera xeito, no CGPA (s.v. egleia ~ egleya ~ egleja, igleja ~ igleia ~ igleya, eigleja ~ eigleia ~ eigleya ~ eygleja etc.) esta minoritaria variante aparece ben representada en múltiplos documentos medievais.

  • 10

    O sintagma omen d’orden (coas variantes ome e ordin) era expresión moi común na Idade Media que convivía cos seus sinónimos frade, freire e monje.

  • 13-21

    O carácter fragmentario destes versos, especialmente os vv. 13-15 e 19-21 impiden o estabelecemento do texto e a súa recuperación. Con todo, nótese a seguinte pasaxe da tradución portuguesa da Confessio amantis, na mesma dirección destas dúas estrofas: As igrejas som queimadas, e os clerigos mortos, e as molheres e as virgẽes tomadas per força, a lei perdida, e, assi, Deus desservido (Faccon 2012: 415).

Search
    No results