I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 228-229); Pagani (1971: 84-85 [= LPGP 258]); Littera (2016: I, 257).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 87-88); Braga (1878: 45); Machado & Machado (1952: III, 274-275).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 263-264).
2 e] Et B : et V; el] ell BV 3 e] et B : τ V 5 a min] ami V 8 ouço i eu] ouço ua V; muitos] muyto B 9 gran] g̃ra B; sofrer] ssofror V 10 gran] g̃ra B 11 ven] nē V 13 ten] rem V; razon] irazō B 14 pran] p̃ra B 15 an] hara V 16 e] et BV 17 a min] amy V
2 e] et Pagani; el] ell Nunes 3 e] et Pagani 8 i] om. Nunes 16 e] et Pagani
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C + 8c 8c (= Tav 160:338)
Encontros vocálicos: 8 ouço‿i
Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición, incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), véxase nota á cantiga 15.
As formas como que[i]xar e le[i]xar (e derivados), con aparente absorción da vogal palatal por parte de /ʃ/, son certamente esporádicas no corpus (só en 38.6, 371.27, 726.1, 791.6, 1319.3, 7 e 14; 1547.20), e son produto de omisións por parte dos copistas: <quexume> A, <queixume> B queixume (238.3); <lexedes> A, <leixedes> BV lexedes (387.9); <quexume> B, <queixume> V queixum’e (785.2); <lexou> B, <leixou> V leixou (989.30), <lexou> B, <leyxou> V leixou (1319.7), <lexad> B, <leixad> V leixad[e] (1365.2).
A grafía <ll> /l/ en posición trabante, final de sílaba ou de palabra, constitúe unha rareza gráfica nos manuscritos que transmitiron a lírica profana galego-portuguesa. Ausente no Cancioneiro da Ajuda, só aparece esporadicamente nos apógrafos italianos. No que di respecto a el <ell>, pronome ou artigo (en el-rei), véxase 637.2 (BV), 868.5 (BV), 918.8 (V vs. B), 1446.2 (V vs. B), 1450.4 (BV); tamén <all> al en 1446.7 (V vs. B). Cfr. nota a 29.22.
Obsérvese a superflua repetición da conxunción completiva que: pero vej’eu muitos de pran / que dizen que quanto mal an / que d’Amor lhes ven e d’al non. Véxase nota a 53.17-18.