I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 900-901); Panunzio (1992 [1967]: 119-120 [= LPGP 781]); Littera (2016: II, 292-293).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 206-207); Braga (1878: 110-111); Machado & Machado (1953: IV, 371-372); Fernández Pousa (1956: 816-817); Juárez Blanquer (1988: 146-147).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 422); Jensen (1992: 302); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 249-250).
3 querra] queira B 4 sol] fol BV 11 cofonder] confonder V 12 par] per V; cofondeu] con fondeu B 13 quando] qnando B 15 e oimais] Efoy mays B; manterra] manteira B 19 pois] Poys q̅ B : poys q̅ V 23 façamos] façamus V; oraçon] oracon B 24 prês] prez B 25 én] o en V 27 assi] Esse B : esse V
2 o] ao Michaëlis, Panunzio, Littera 4 escarnho] escárnio Littera 5 escarnho] escárnio Littera 11 cofonder] confonder Michaëlis, Panunzio, Littera 12 par] per Michaëlis; cofondeu] confondeu Michaëlis, Panunzio, Littera 14 manteer] mantẽer Michaëlis, Panunzio 20 Lopo] Lop(o) Michaëlis 23 façamos] façamus Michaëlis, Panunzio 24 prês] prez Panunzio 25 que] que o Michaëlis 27 assi] esse Michaëlis, Panunzio, Littera
(I) Agora xa eu non podo crer que Deus non quere mal o mundo, e quererá, mentres lle fixer tal escarnio como o que lle adoita facer e como o escarnio que lle agora fixo: deixoulle tanto home sen valía e foino privar de Don Lopo.
(II) E de hoxe en diante ben pode dicir todo aquel que isto souber que o mundo non paga a pena, desde que Deus o quere condenar, xa que, por Deus, mal o condenou cando o privou de Don Lopo, que o adoitaba manter.
(III) E de hoxe en diante quen manterá (o mundo) dando nel tan ricos presentes, cabalos e armas en abundancia? Ou de hoxe en diante quen o dará, pois Don Lopo Díaz está morto, o mellor Don Lopo que houbo, abofé, nin que haberá xamais?
(IV) E aínda que isto (a morte de Don Lopo) así é xa, fagamos tal oración: que Deus, que sufriu morte e martirio, o salve, que ten poder para iso; así o leve a un bo lugar (ao ceo) polo gran poder que ten para iso.
(1) Amén! Amén! Este amén xamais se me esquecerá!
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= RM 161:271) + 8d 8a
Encontros vocálicos: 14 so·i·a; 20 Lopo,‿a
A composición de Pero da Ponte é un pranto pola morte de Don Lopo Díaz, senhor de Haro e de Biscaia, que se produciu o 15 de novembro de 1236.
En todas as edicións <ou> foi interpretado como un erro por <ao>. Con efecto, poderiamos estar perante unha evolución da aglutinación ao (> *au > ou; cfr. lat. uadō > *vao > *vau > vou), e, por tanto, estabelecer no texto crítico esta minoritaria e insólita forma, que se rexistra noutra ocasión no corpus profano:
A donzela de Bizcaia
ainda mi a preito saia
de noite ou lũar! (1454.3).
No entanto, a anómala presenza da preposición a co CD (quer mal o/ao mundo) fai verosímil a existencia dun erro <ou>/<o>, que se rexistra en múltiplas pasaxes do corpus nos dous cancioneiros apógrafos, mesmo na seguinte composición: prove <proue> A, <prouue> B (240.13); por <pour> B, <p̄> V (927.17); xo <xou> B, <xo> V (991.23), trobar <troubar> V (1434.22); cobrades <coubrades> B, <cobrades> V (1478.6); osa <osa> B, <ousa> V (1489.48); fodeu <foudeu> B, <fodeu> V (1509.21); o <ou> B (1534.5); doze <douze> B (1554.21); sacodiu <Sacoudiu> B (1577.9); maravilho <m̃auylho> B, <marauilhou> V (1662.12) etc. Nesta dirección apunta Nobiling na súa revisión da edición michaëliana: «Muito mais simples é mudar ou para o; pois querer ben e querer mal não se usam apenas, de acordo com sua significação original (“desejar bem”, desejar mal”) de forma intransitiva, mas também, com no mínimo a mesma freqüência, de forma transitiva» (Nobiling 2007 [1907]: 2018).
Para alén da aparición de confunda en 115.27 (véxase nota), na lingua da poesía trobadoresca profana é xeral a forma cofonder, con evolución [nf] > [f] (véxase Ferreiro 1999: §101e), similar á variación inferno ~ iferno (véxase nota a 379.11), sendo minoritaria a forma máis conservadora confonder (só en 203.8, 216.10, 1050.5, 1224.15, 1407.6 e 1650.14). Con todo, a variación cofonder ~ confonder aparece con frecuencia nos cancioneiros: cofonder A vs. confonder B (197.28, 216.19), cofonder B vs. confonder A (194.7, 203.8, 216.10), cofonder B vs. confonder V (990.11, 1050.12, 19 e 22, 1497.19), cofonder V vs. confonder B (990.12, 1224.15, 1650.14). Cfr. nota a 379.11.
Contra a preeminencia xeral das leccións de B, neste caso acollemos cofondeu de V, perfectamente paralelo á forma do verso anterior. Véxase nota ao v. 11.
Fóra das cantigas, a locución adverbial a baldon ‘con abundancia, á vontade’ só se localiza nas Cantigas de Santa Maria:
E ela o fez a seu sennor amar,
assi que o leixou entrar a baldon (CSM 265.38).
Fronte á posibilidade de e, pero, con independencia sintáctica das dúas conxuncións, optamos pola locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’, de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar por unha ou outra lectura.
A grafía -us de V (<façamus>) aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, e nomeadamente a V, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.
Estes versos xa aparecían, cunha mínima variación, na anterior cantiga de Pero da Ponte:
Mais façamos tal oraçon:
que Deus, que prês mort’e paixon,
o mande muito ben reinar (989.31-33).
Nótese a confusión gráfica de B, ás veces presente en voces que poden sofrer contaminación gráfica (ou, quizais, fónica), do tipo fis / fiz etc.
Ningunha das posibilidades que se enxergan a partir da secuencia <Esse / esse> de BV permite un texto semanticamente aceptábel (téñase en conta o matiz pexorativo de esse):
e Deus, que o pode salvar,
*Esse o lev’a bon logar
pelo gran poder que end’á! (Michaëlis, Panunzio, Littera)
e Deus, que o pode salvar,
*e se o lev’a bon logar
pelo gran poder que end’á! (Juárez Blanquer)
Mesmo se podería contemplar unha outra posibilidade segmentatativo-interpretativa:
e Deus, que o pode salvar,
*é se o lev’a bon logar
pelo gran poder que end’á!
É por isto que acreditamos nun erro de copia <esse>/<assi>, que se rexistra tamén en 247.14 [A141, B262], na copia de B: assi Deus me perdon <assi d’s me ꝑdon> A, <esse d’s mj ꝑdon> B. Deste xeito, o texto fica correcto desde todos os puntos de vista:
e Deus, que o pode salvar,
assi o lev’a bon logar
pelo gran poder que end’á!
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.