I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 280 [= LPGP 930]); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 176-177); Littera (2016: II, 486).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 110); Carter (2007 [1941]: 84); Machado & Machado (1950: II, 34-35); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 244).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 66).
1 vos] uus A 2 vos am’e] uus am(e) e A; pois] Poys que B 3 vos] \uos/ A 6 vos] uos A 7 porque] pᵉ B; vos] uus A : om. B 8 vos] vos A 11 tẽedes] teedes B 14 én] eu B 16 foi sempr’] fuj senp’ B; de] de (de) B
1 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro 2 vos am’] vus am’ Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro; vos] vus Michaëlis 3 vos] vos Michaëlis : vós Lorenzo Gradín & Marcenaro 6 vos] vos Michaëlis : vós Lorenzo Gradín & Marcenaro 7 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro 11 tẽedes] teedes Littera 13 quen] que Littera 16 foi] fui Littera
Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C (I, II [= Tav 155:11]) + 10a 10b 10b 10a 10B (III [= Tav 147bis:1]) + 10c
A conexión desta cantiga coa cantiga 560 de Don Denis, co mesmo íncipit e parte do v. 2, parece evidente.
Dado que queixar (tamén nos vv. 1, 6 e 8) é un verbo fundamentalmente pronominal, resulta certamente estraño que nas anteriores edicións sexa utilizada, contra a lección de B (<uos> A, <uꝯ> B), a forma tónica vós, que resulta anómala no contexto.
Aque é un adverbio presentativo (‘eis, velaí’) de uso limitado no corpus profano: 52.24, 246.6, 268.8, 553.4, 857.1, 1641.18. Debe ser forma oxítona, pois nas Cantigas de Santa Maria aparece en rima aguda (con fe, é, sé e pé): E en pe / sse levou e diss’: «Aque / m’estou tod’aprestidado / De log’ir» (CSM 135.109); E diz un a outr’: «Aque o / angeo que ven do ceo, / que alça aquele veo / e faz no aire parar» (CSM 405.36).
A forma foi (fui en B) é tamén P1 de pretérito de seer (e de ir): a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).