143 [= Tav 97,21]
Non ouso dizer nulla ren

Non ouso dizer nulla ren
a mia sennor, e sen seu ben
non ei mui gran coita a perder:
vedes que coita de sofrer!
D’amar a quen non ousarei
falar, pero non perderei
gran coita sen seu ben-fazer,
vedes que coita de sofrer!
Por gran coita per-tenn’atal
d’amar a quen nunca meu mal
nen mia coita ei a dizer:
vedes que coita de sofrer!
E vejo que moiro d’amor
e, pero vej’a mia sennor,
nunca o per min á saber:
vedes que coita de sofrer!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 

Manuscritos


A 56, B 167bis

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 119); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 103 [= LPGP 649-650]); Littera (2016: II, 129-130).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 69); Carter (2007 [1941]: 36); Machado & Machado (1949: I, 254); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 143).
III. Antoloxías: Spina (1972: 298-299); Torres (1977: 478).

Variantes manuscritas


3 coita a] coyta B   9 tenn’atal] tenho tal B   15 á saber] a assaber B

Variantes editoriais


3 coita] coit(a) Michaëlis : coyt’ Bertolucci Pizzorusso : coit' Littera   9 tenn’atal] tenho tal Bertolucci Pizzorusso, Littera   15 á] á / a Bertolucci Pizzorusso, Littera

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8a 8b 8B (= Tav 37:53)

Encontros vocálicos: 3 coita‿a

Notas


Texto
  • 7

    A formación nominal ben-fazer ‘beneficio, auxilio, favor’, derivada do correspondente sintagma tan frecuente na cantiga de amor, non é considerada por Vallín, tal como se deduce da grafía (ben fazer) e mais da tradución correspondente. De calquera maneira, o mesmo substantivo pode verse, en formulación singular e plural, noutras obras da última Idade Media, como na Crónica de D. Fernando: e as rrendas eram postas em seu poder, afora muitos herdamentos moviis e de rraiz e muito bem-fazer da rrainha sua irmãa (Macchi 2004: 355-356); tamén no Livro das Confissões: ca veemos que alguu͂s synaaes dan largamente aos que lhe pormeten en grandes bem fazeres (Martín Pérez 2012-2013: 367).

  • 9

    Na lingua trobadoresca a forma atal aparece en concorrencia coa forma simple tal, mesmo con convivencia das dúas variantes na mesma composición: 128, v. 17 tal vs. 12 e 17 atal; 147, vv. 1, 8 e 15 tal vs. v. 14 atal; 200, vv. 24 e 26 tal vs. v. 15 atal; 222, vv. 4 e 10 tal vs. v. 8 atal etc.). Ademais, pode comprobarse como nos diversos manuscritos alternan as dúas formas: 82.11: atal don’amar A vs. tal dona amar B; 128.12 e 17: d’atal A vs. de tal B; 143.9: tenh’atal A vs. tenho tal B; 430.27: co[n]ven tal afan a sofrer A vs. conven atal afan sofrer B. Así mesmo, nalgún caso A ofrece atal onde B ofrece un verso hipómetro (véxase 202.15), ao tempo que B pode presentar a variante atal (vs. tal A) que debe ser corrixida para evitar a hipermetría (167.2, 188.2, 200.15). Cfr. nota a 83.7.

  • 15

    Entre a lección de A (aver + infinitivo) e a de B (aver + a + infinitivo), resulta máis acaída a de Ajuda do punto de vista métrico, porque evita unha sinalefa, para alén de se documentar o mesmo uso en Pero Garcia Burgales: assi / por quen no nunca per min á saber (175.14).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado