741 [= Tav 140,3]
O voss’amig’, amiga, foi sazon

O voss’amig’, amiga, foi sazon
que desejava no seu coraçon
outra molher; mais en vossa prison
ést’[or]a quite por vós d’outra ren,
e, pois al non deseja se vós non,
ben seria de lhi fazerdes ben.
El outra dona soia querer
gran ben, amiga, e foi-vos veer
e ora ja non pod’aver prazer
de sí nen d’al se lhi per vós non ven;
e, pois assi é no vosso poder,
ben seria de lhi fa[zerdes ben].
El outra dona avia por senhor,
e ora Deus por lhi fazer maior
coita sofrer, ja mentre vivo for,
mostrou-lhi vós, por que el perd’o sén;
e, poi-lo assi força voss’amor,
ben se[ria de lhi fazerdes ben].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 726, V 327

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 146-147); Ferreiro (1992: 79 [= LPGP 884]); Cohen (2003: 214); Littera (2016: II, 430-431).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 129-130); Braga (1878: 62-63); Machado & Machado (1953: IV, 22).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 37).

Variantes manuscritas


1 sazon] sazo V   4 ést’[or]a quite] esta quite BV   7 outra] aout̄ BV   8 veer] u(**)\ee/r V   11 no] om. B   17 força] forza V

Variantes editoriais


4 ést’[or]a quite] está quite Nunes : [el] está quite Ferreiro : está, [e] quite Littera; d’outra] d[e] outra Nunes   10 per] por Nunes

Paráfrase


(I) O voso amigo, amiga, houbo un tempo en que desexaba de corazón outra muller; mais na vosa prisión está agora liberado por vós doutra cousa, e, xa que nada desexa senón a vós, ben sería de lle facerdes ben.

(II) El outra dona soía amar, amiga, e foivos ver e agora xa non pode sentir alegría de si nin de nada senón o que lle vén de vós; e, xa que así está no voso poder, ben sería de lle facerdes ben

(III) El tiña outra dona por senhor, e agora Deus por lle facer sufrir unha coita maior mentres estiver vivo, mostróullevos a vós, por que el perde o xuízo; e, pois así o forza o vosso amor, ben sería de lle facerdes ben.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10a 10b 10a 10B (= Tav 13:26)

Encontros vocálicos: 7 so·i·a; 13 dona‿avia

Notas


Texto
  • 4

    Para alén da existencia dunha secuencia ést’ora no íncipit Que grave m’ést’ora de vos fazer de Joan Airas (957.1), a reintegración por razóns métricas do adverbio ora neste verso vén indicada pola súa presenza nas estrofas II (v. 9) e III (v. 14).

    Con todo, outra posibilidade de restauración do verso, atendendo neste caso á reiteración do adverbio ja nas estrofas II (v. 9) e III (v. 15), sería editar: ést[e j]a quite por vós d’outra ren.

  • 7

    É relativamente frecuente achar nos cancioneiros o acrecentamento do elemento a (artigo ou preposición), como acontece neste verso, coa presenza espuria da preposición a introducir o CD: querer (a) outra dona. O mesmo erro pode verse en 226.9, onde A subministra a lección correcta: De querer ben [a B] outra moller / punnei eu i á gran sazon. Outras adicións similares de a poden verse en 68.1, 197.4 e 225.2 (B vs. A) ou en 1100.4 (V vs. B). De todos os xeitos, véxase a construción paralela no v. 13, sen preposición a: El outra dona avia por senhor.

  • 16

    O pronome vós é CD sen preposición, como pode acontecer cos pronomes persoais tónicos oblicuos –mi(n), ti, el(a), nós, vós, eles, elas–, feito relativamente frecuente pola flexibilidade métrica que tal posibilidade expresiva ofrece.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado