589 [= Tav 25,24]
Com’ousará parecer ante mí

Com’ousará parecer ante mí
o meu amig’, ai amiga, por Deus,
e com’ousará catar estes meus
olhos se o Deus trouxer per aqui,
pois tan muit’á que nos veo veer
mí e meus olhos e meu parecer?
Amiga, ou como s’atreverá
de m’ousar sol dos seus olhos catar
se os meus olhos vir un pouc’alçar,
ou no coraçon como o porra,
pois tan muit’á que nos veo veer
[mí e meus olhos e meu parecer?]
Ca sei que non terrá el por razon,
como quer que m’aja mui grand’amor,
de m’ousar veer nen chamar «senhor»,
nen sol non o porra no coraçon,
pois tan muit’á que nos vẽo [veer
mí e meus olhos e meu parecer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 571, V 175

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 79 [= LPGP 187]); Nunes (1973 [1928]: 24); Cohen (2003: 607); Littera (2016: I, 223-224).
II. Outras edicións: Moura (1847: 147-148); Monaci (1875: 70); Braga (1878: 35); Machado & Machado (1952: III, 200-201); Cohen (1987: 61); Júdice (1997: 34); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


1 Com'ousará] Camousara B   3 ousará] ōsara B   5 nos] uꝯ V   10 porra] poira B   11 nos] uꝯ BV   13 terrá] teira B   16 porra] poira B; coraçon] corazō B : corazon V   17 nos] uꝯ BV

Variantes editoriais


5 nos veo] nom veo Lang : non veo Nunes : non vẽo Cohen : nom vẽo Littera   5-6 veer / mí] veer- / mi Littera   11 nos veo] nom veo Lang : non veo Nunes : non vẽo Cohen : nom vẽo Littera   11-12 veer / mí] veer- / mi Littera  17 nos vẽo] nom veo Lang : non veo Nunes : non vẽo Cohen : nom vẽo Littera   17-18 veer / mí] veer- / mi Littera

Paráfrase


(I) Como ousará presentarse ante min o meu amigo, ai amiga, por Deus, e como ousará ollar estes ollos meus se o Deus trouxer por aquí, pois xa hai tanto tempo que nos veu ver a min e aos meus ollos e ao meu (fermoso) aspecto.

(II) Amiga, ou como se atreverá a simplemente ousar ollarme cos seus ollos se os meus vir alzar un pouco, ou como o pensará sequera, pois xa hai tanto tempo que nos veu ver a min e aos meus ollos e ao meu (fermoso) aspecto.

(III) Porque sei que non terá el por sensato, aínda que me ame moito, o ousar ollarme nin chamarme «senhor», nin sequera se lle ocorrerá pensalo, pois xa hai tanto tempo que nos veu ver a min e aos meus ollos e ao meu (fermoso) aspecto.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:17)

Notas


Texto
  • *

    O sentido parece aconsellar  a inclusión de amiga como vocativo interpelado na primeira pregunta formulada na cantiga:
              Com’ousará parecer ante mí
              o meu amig’, ai amiga, por Deus,
              e com’ousará catar estes meus
              olhos se o Deus trouxer per aqui,
              pois tan muit’á que nos veo veer
              mí e meus olhos e meu parecer,

              amiga? Ou como s’atreverá
              de m’ousar sol dos seus olhos catar / ...

    Porén, a presenza do mesmo vocativo no v. 2 (ai amiga) fai máis probábel a manutención da autonomía estrófica por máis que esperásemos unha copulativa como partícula introdutora da segunda pregunta.

  • 3

    A lección <ōsara> ousará mostra o erro <o͂>~<on>/<ou> (derivado de <n>/<u>) que é moi frecuente ao longo dos cancioneiros, especialmente en B: <cōsimento> cousimento (116.22), <con simēt> cousiment’ (117.15), <guisō> guisou (501.3), <pōco> pouco (591.9), <baratō> baratou (729.5), <em car nō> encarnou (877.21), <ōui> ouvi (1233.12), <ōny> ouvi (1458.7), <sōbe> soube (1505.1, 1509.7), <buscō> buscou (1507.7), <nōtro> noutro (1509.1), <sōba> soub’a (1509.16), <cōsa> cousa (1510.1). E en V tamén se encontra o mesmo erro: <tornō> tornou (603.15), <morō> morou (865.12), <nō> vou (1012.20), <cōtre> voutre (1015.17).

  • 5

    Todos os editores coincidiron en emendar a lección dos manuscritos para afirmar que o amigo non veu ver a amiga; mais o que o texto afirma é, simplemente, que xa hai moito tempo que o amigo veu, incidindo na demora: é, por tanto, desnecesaria tal emenda. Alén diso, por medio da utilización do pronome plural nos, o autor executa de xeito maxistral o desdobramento do eu poético tópico das cantigas de amor.
    Nótese, por outra banda, a moi leve variación veo (I-II) vs. ve͂o (III) no refrán, que mostra como a nasalidade fonolóxica en múltiplas voces e contextos estaba en proceso de desaparición. Cfr. nota a 27.4-6.

  • 6

    O pronome (no segundo verso do refrán), como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca. 

Buscar
    Non se atopou ningún resultado