195 [= Tav 125,3]
Ai eu, coitado, e quand’acharei quen

Ai eu, coitado, e quand’acharei quen
me dé consello como possa ir
a un logar u eu querria ir?
E non posso nen ar poss’achar quen
me dé consello como possa ir
vee-la dona que por meu mal vi,
máis fremosa de quantas donas vi,
e por que moiro querendo-lle ben,
ca tan fremosa dona nunca fez
Nostro Sennor de quantas donas fez,
nen tan comprida de tod’outro ben:
por esta moiro, que Deus atal fez,
e non llo disse, se me valla Deus,
ca non ousei, assi me valla Deus,
ca me quis ante mia coita ‘ndurar
ca me perder con tan bõa sennor,
a que deu tanto ben Nostro Sennor,
e quero-m’ante mia coita ‘ndurar;
mais rogarei tanto Nostro Sennor
que El me lev’u a possa veer,
ca muit’á ja que non pude veer
niun prazer, ca non fui a logar
u a eu viss’, e por aquesto non
vi nunca máis prazer nen ja máis non
mi ar veerei se non for a logar
u veja ela, ca sei eu que non
verei prazer e sempr’averei mal
se non vir ela, que vi por meu mal.
E, meus amigos, se non ést’assi,
non me dé Deus dela ben nen de sí;
e, se non, leve Deus u son os seus
estes meus ollos que vejan os seus.
E, se os viren, veran gran prazer,
ca muit’á que non viron gran prazer:
leve-os Deus cedo, que pod’e val,
u veran ela, que tan muito val.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 
35
 

Manuscritos


A 102, B 209-210

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 211-212); Blasco (1984: 163-164 [= LPGP 811-812]); Marcenaro (2012b: 252-253); Littera (2016: II, 356-357).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 90-91); Carter (2007 [1941]: 61-62); Machado & Machado (1949: I, 341-342 e 343); Fernández Pousa (1953: 19-20); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 195).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 200-201); Alvar & Talens (2009: 468-470).

Variantes manuscritas


1-2 quen / me] Quemi B   3 querria] queria B   5 me] mj B   7 fremosa] fremosa(s) B   8 lle] lhi B   13 disse] dixi B   14 me] mi   15 ca] Oa A; me quis ante mia coita endurar] mi qⁱgante mha coita endurar B   17 deu] om. B   18 m’ante mia coita’ndurar] mhāte mha coita endurar B   20 lev’u a] leue hua B   21 ca muit’á ja que non pude veer] Ca nō ousyr hua possa ueer B   22 niun] Nē hū B; logar] logwr B   23 eu] om. B   25 logar] logʷr B   27 verei] Veerey B   30 me dé Deus dela] mi de dela deus B   31 E] om. B   33 E] om. B; veran] ueeram B   34 á] a / a A; prazer] prarer B   36 veran] ueeram B

Variantes editoriais


1 coitado] coitad(o) Michaëlis   2 dé] dê Michaëlis, Littera   5 dé] dê Michaëlis, Littera   12 atal] a tal Littera   22 niun] nẽum Littera   30 dé] dê Michaëlis, Littera   33 veran] verran Littera   36 veran] veeran Michaëlis : verran Littera 

Paráfrase


(I) Ai de min, coitado, e cando encontrarei quen me dea consello sobre como poder ir a un lugar a onde eu querería ir? E non podo, nin tampouco podo achar quen me dea consello sobre como poida ir ver a dona que, para a miña desgraza, vin, a máis fermosa de cantas donas vin, (II) e por quen morro amándoa, pois dona tan fermosa nunca fixo Noso Señor de entre todas as donas que fixo, nin tan plena de calquera outro ben: por esta morro, que Deus fixo así, e non llo dixen, así me valla Deus, porque non ousei, así me valla Deus, (III) porque quixen antes soportar a miña coita que inimizarme con tan boa señora, a quen lle deu tanto ben Noso Señor, e antes prefiro soportar a miña coita; mais rogarei moito a Noso Señor para que El me leve onde a poida ver, que xa hai moito que non puiden ver (IV) ningún pracer, porque non fun a lugar onde a eu vise, e por isto non vin nunca máis pracer nin endexamais o verei se non vou a un lugar onde a vexa, pois eu sei que non verei pracer e que sempre sufrirei mal se non a vexo a ela, que vin para o meu mal.

(1) E, meus amigos, se non é así, que non me dea Deus ben dela nin de si; (2) e, se non, a onde están os seus estes meus ollos Deus leve para que vexan os seus.

(3) E, se os viren, verán gran pracer, porque hai moito tempo que non viron gran pracer: (4) léveos axiña Deus, que pode e socorre, onde a verán a ela, que tanto vale.
 

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10b 10c 10c + 10c 10c (sobre I) + 10c 10c (sobre II) + 10c 10c (sobre III) + 10c 10c (sobre IV) (= Tav 154:1)

Encontros vocálicos: 1 coitado,‿e; 25 mi‿ar

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición véxase nota á cantiga 15. Nótese como cada unha das rimas vai asociada a unha mesma palabra rimante repetida. Ademais, cada unha das catro fiindas recolle na mesma orde as rimas dos vv. 6-7 de cada estrofa.
    Por outra parte, en B as fiindas foron copiadas sen separación interlinear: isto fixo que Colocci as considerase como unha cantiga independente de unha soa estrofa, como se deduce da súa numeración (210) e anotación marxinal (una stāza).

  • 12

    A segmentación de atal en a tal, realizada en Littera, tamén é coherente co sentido do texto (‘por esta morro, que tal a fixo’).

  • 13

    A forma xeral da P1 de pretérito de dizer é dixe (coa variante dixi especialmente en BV, cfr. nota a 270.15-16), opóndose á P3 disse (~ disso) pola palatalización favorecida por longo latino final na P1 (Ferreiro 1999: §20a). Ora ben, no Cancioneiro da Ajuda achamos dous casos (195.13 e 235.20) en que a P1 presenta tamén a forma disse, sen dúbida por extensión da P3, mentres que en B continúa a usarse a forma dixi; polo contrario, en 278.2, frente a dixi de A agora aparece disse en B.

  • 15

    Nótese a aparición da variante palatalizada quig(e) en B fronte a quis en A. Véxase nota a 179.13.
    O verbo endurar presenta elisión da vogal inicial e- (tamén no v. 18), do mesmo modo que outras voces foneticamente similares que se poden achar ao longo do corpus, sempre após vogal a: encobrir: a ‘ncobrir (6.4, 261.11); ensandecer: querria ‘nsandecer (182.7), a ‘nsandecer (182.16), ela ‘nsandeci (389.5); entender: ela ‘ntendi (1092.9), podia ‘ntender (1249.9). A mesma elisión pode verse en a ‘ndar (700.r2) e mais en ela ‘nton (1400.5), para alén doutros encontros con crases similares. Véxase nota a 18.16, 51.1, 73.19, 358.21, 878.1.

  • 21

    A alternativa redaccional de B (ca non ous’ir u a possa veer) parece deberse a un intento de restauración do verso baseado nunha expresión tópica moi recorrente, mais que neste contexto non ten sentido porque o enunciado continúa na estrofa seguinte.

  • 26

    Ela (tamén nos vv. 28 e 36) é complemento directo: na lingua trobadoresca as formas pronominais tónicas oblicuas poden funcionar como CD e CI sen preposición.

  • 27

    Nesta cantiga rexístrase a variación verei, veran vs. veerei, veeran (vv. 27, 33 e 36). Para alén da presenza de erros de copia ou de variación inducida pola aparición ou supresión doutros elementos, en B (e V) percíbese, con relación a A, unha maior tendencia á utilización de formas gráficas máis arcaicas de seer e veer no relativo á conservación de hiatos gráficos en posición pretónica: Tan vil vos serei [<seerei> B] de pagar (90.15); ca nunca vira, nen vi, nen verei [<ueerei> B] (178.6); o entender máis como seria [<seeria> B] (236.7); ben vera [<ueera> B] que cab’ela non son ren (305.9); meu ben seria [<seeria> B, <seeria> V]; mais non llo direi (996.15) etc.

  • 33

    Nótese a transformación de veer en viir (tamén no v. 36) que se produciu na edición de Littera, coa conversión da forma veran en verran (cfr. nota ao v. 27).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado