I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 97-98); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 79-80 [= LPGP 645]); Littera (2016: II, 121).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 63-64); Carter (2007 [1941]: 28-29); Marques Braga (1945: 93-94); Machado & Machado (1949: I, 232); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 132).
1 niun] neum B 2 me] mj B 5 me fara cuita] mj fara coyta B 9 fillei] filei A 10 fillei] filei A 16 vos] uos B 20 morrer assi] add. {morrendasi} morrer assi A : moirer assy B 21 com’om’] como mē B 22 cuita] coyta B 24 outro ome] outᵒmē B 30 d’en vós cuidar] deuuos andar B 32 fillar] p’nder B
Os vv. 3-4 e 6-7 de cada estrofa forman un único verso en todas as anteriores edicións, aínda que en Bertolucci Pizzorusso se indica a rima interna cunha separación tipográfica interior neses versos.
1 niun] neum Bertolucci Pizzorusso 2 me] mi Bertolucci Pizzorusso, Littera 5 me ... cuita] mi ... coyta Bertolucci Pizzorusso : mi ... coita Littera 9 fillei] filei Michaëlis 10 fillei] filei Michaëlis 16 vos] vus Michaëlis : vos Bertolucci Pizzorusso 21 om’a que sennor] omen / a que, senhor, Bertolucci Pizzorusso 22 cuita] coyta Bertolucci Pizzorusso : coita Littera 24 outro ome] outro / omen Bertolucci Pizzorusso : outr’homem Littera 31 ca] c(a) Michaëlis 32 fillar] prender Michaëlis
(I) Miña señora, ningún pracer me dará xa un gran pracer sen o voso ben, pois outro ben non me fará perder a coita mentres eu viva, e quen viva ha de me crer isto despois.
(II) Que má decisión tomei aquel día en que vos tomei a vós por señora, pois, miña señora, sempre eu a miña morte desexei: busquei o meu mal porque pensei en vos amar, mais que farei?
(III) Que farei eu con tanto mal, porque todo o voso ben é o meu mal? Xa que é así, morrer así como o vasalo a quen o seu señor non o ampara perante unha coita tal que nunca tal sufriu ningún outro home, de amor nin doutra cousa (IV) como (o feito de) que Deus me fai desexar o voso ben para desexar a miña morte, mais eu sei que, pois Deus non me quere librar de pensar en vós, conforme eu penso, a morte non me ha de levar.
Esquema métrico: 4 x 8a 8a 4b 4b 8a 4a 4a 8a (cfr. RM 27:1)
Encontros vocálicos: 8 -mi-‿á; 24 outro‿ome; 31 *ca,‿a
A estrutura estrófica da cantiga pon en relevo a repetición das palabras rimantes nos vv. 1-2, 3-4 e 6-7.
No Cancioneiro da Ajuda niun é a forma xeral para o indefinido, mais tamén se rexistra neun (fem. neũa); en todos os casos, cando existe copia en BV, a forma nos cancioneiros italianos é nen un (<nen hun ~ nē hū ~ nē hūu...>), agás en 132.1 (<niun> A, <neum> B). De calquera xeito, en textos transmitidos en BV tamén se rexistra a forma feminina neũa en 1267.r1 e 1319.11, xunto coa forma neũu de V en 1007.22).
A lección <filei> de A debe ser similar a aqueloutros casos en que o Cancioneiro da Ajuda presenta <n> por <nn> (cfr., por exemplo, o frecuente <senor>); é por isto que a (errada) opción editorial de Michaëlis é contraditoria cos seus hábitos editoriais. Cfr. nota a 89.3.
Todos os editores, desde Michaëlis, presentan unha puntuación deficiente deste verso (...; ja mais que farei?), xa que manteñen a unidade sintagmática de ja mais sen asociar o adverbio ja a amar. Na realidade, mais deberá ser considerada conxunción adversativa a iniciar a frase interrogativa.
A lección orixinaria de A, confirmada en B, fronte á anotación marxinal do Cancioneiro da Ajuda, presenta o lóxico infinitivo (morrer) como resposta á pregunta dos vv. 17-18.
Nótese, máis unha vez, como a lección omen en B impediría a necesaria crase (ou sinalefa) para a medida octosilábica do verso, correcta en A. Véxase nota a 82.14.
O cancioneiro da Ajuda mostra unha clara preferencia pola forma ome face á variante omen, máis frecuente nos apógrafos italianos (mais véxase nota a 129.14). Deste xeito, nos textos transmitidos por A e por B, achamos con frecuencia a oposición ome / omen (66.19, 68.1, 74.28, 85.5, 121.11, 129.27, 131.11, 132.24, 139.8, 164.2, 174.7). Véxase tamén nota a 559.9.
A lección <andar> de B (por <cuidar>) explícase facilmente por a haste esquerda de <u> cerrar o <c> inicial e a indeterminación paleográfica entre <u>/<n>/<ii> etc.
Non achamos explicación (nin solución) para a necesaria sinalefa ca‿a, esixida polas catro sílabas métricas do verso.
A errada lección <p’nder> de B, con ruptura da rima, mostra como o copista sofreu un lapso pola frecuencia do sintagma prender morte ~ morte prender. Sorprendentemente, Michaëlis acolleu a lección do Cancioneiro da Biblioteca Nacional.
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: