1026 [= Tav 63,7]
A meu amigo mandad’enviei

A meu amigo mandad’enviei
a Toled’, amiga, per boa fe,
e mui ben creo que ja co[n] el é;
preguntad’, e gradecer-vo-lo-ei,
en quantos dias poderá chegar
aqui de Toledo quen ben andar,
ca do mandadeiro sei eu mui ben
que, depois que lh’o mandado disser,
que se verra máis cedo que poder;
e, amiga, sabede vós d’alguen
en quantos [dias poderá chegar
aqui de Toledo quen ben andar].
E sempre catan estes olhos meus
per u eu cuido que á de viir
o mandadeir’, e moiro por oir
novas del; e preguntade, por Deus,
en quantos dias poderá [chegar
aqui de Toledo quen ben andar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1022, V 612

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 271-272); Rodríguez (1980: 195 [= LPGP 375]); Cohen (2003: 555); Littera (2016: I, 451).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 218); Braga (1878: 117); Machado & Machado (1956: V, 15-16); Fernández Pousa (1959: 245).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 56).

Variantes manuscritas


1 enviei] eu ueiey B   4 gradecer] grad cer V   9 verra] neira B : uẽra V   14 cuido] cuydado B; viir] mj e B   15 mandadeir’, e] mandadayre B; oir] oye B : dyr V   17 quantos] quanteu B : quantus V

Variantes editoriais


2 boa] bõa Cohen   3 co[n] el] co el Rodríguez, Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Enviei un recado ao meu amigo a Toledo, amiga, abofé, e moi ben creo que xa o recibiu; preguntade, e héivolo agradecer, en cantos días poderá chegar aquí desde Toledo quen ben andar, (II) pois moi ben sei eu do mandadeiro que, así que lle dixer o recado, se virá o máis cedo que puider; e, amiga, procurade saber por alguén en cantos días poderá chegar aquí desde Toledo quen ben andar.
(III) E sempre espreitan estes meus ollos cara a onde eu coido que ha de vir o mandadeiro, e morro por ouvir novas del; e preguntade, por Deus, en cantos días poderá chegar aquí desde Toledo aquí quen ben andar.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:76)

Encontros vocálicos: 1 en·vi·ei

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga, igual que as cantigas 213, 270, 926, 960 etc. presenta unha unión interestrófica coa copulativa e entre as estrofas II e III (con ligazón causal nas estrofas I-II) que facilmente, por medio dunha disposición tipográfica minúscula e unha puntuación máis leviana, se podería interpretar como unha cantiga ateúda. Véxase nota á cantiga 74.

  • 3

    Consideramos a lección <co el> como un erro banal por <cõ el> (véxase tamén 714.4, 745.4, 1026.3, 1214.13 e 1492.23), do mesmo xeito que aparece noutras pasaxes nos apógrafos italianos na preposición con (647.2, 1337.17 etc.) e igual que <no> aparece frecuentemente, por erro de copia, por <nõ>. Unha crase do tipo co’el (actualmente dialectal en galego) sería anacrónica por canto ese proceso de desaparición de -n- por fonética sintáctica é un fenómeno que só se produciu moi tardiamente. Cfr. nota a 338.3.

  • 7

    A frecuente frase formularia u non jaz al ‘certamente, sen dúbida’, concorrente con u al non jaz (só en 55.15), é equivalente a u al non á (e as súas variantes), como se patentea a través da variante de B' en 31.10. Véxanse notas a 25.11 e 66.29.

  • 9

    Obsérvese a repetición da conxunción completiva que tras unha frase parentética: ca do mandadeiro sei eu mui ben / que, depois que lh’o mandado disser, / que se verra máis cedo que poder. Véxase nota a 53.17-18.

  • 17

    No Cancioneiro da Vaticana rexístrase a terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<quantus>); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado