(I) Enviei un recado ao meu amigo a Toledo, amiga, abofé, e moi ben creo que xa o recibiu; preguntade, e héivolo agradecer, en cantos días poderá chegar aquí desde Toledo quen ben andar, (II) pois moi ben sei eu do mandadeiro que, así que lle dixer o recado, se virá o máis cedo que puider; e, amiga, procurade saber por alguén en cantos días poderá chegar aquí desde Toledo quen ben andar.
(III) E sempre espreitan estes meus ollos cara a onde eu coido que ha de vir o mandadeiro, e morro por ouvir novas del; e preguntade, por Deus, en cantos días poderá chegar aquí desde Toledo quen ben andar.