1027 [= Tav 63,68]
Queredes ir, meu amigo, eu o sei

Queredes ir, meu amigo, eu o sei,
buscar outro conselh’e non o meu:
porque sabedes que vos desej’eu,
queredes-vos ir morar con el-rei;
mais id’ora quanto quiserdes ir,
ca pois a mí avedes a viir.
Ides-vos vós e fic[o] eu aqui,
que vos ei sempre muit’a desejar;
e vós queredes con el-rei morar
porque cuidades máis valer per i;
mais id’ora [quanto quiserdes ir,
ca pois a mí avedes a viir].
Sabor avedes, a vosso dizer,
de me servir, amig’, e pero non
leixades d’ir al rei; por tal razon
non podedes el-rei e min aver;
mais id’ora [quanto quiserdes ir,
ca pois a mí avedes a viir].
E, amigo, querede-lo oir?
Non podedes dous senhores servir
que ambos ajan ren que vos gracir.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 1023, V 613; B 1049, V 639

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 272-273); Rodríguez (1980: 198 [= LPGP 403]); Cohen (2003: 556); Littera (2016: I, 451-452).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 218, 227); Braga (1878: 117, 129); Machado & Machado (1956: V, 17, 53); Fernández Pousa (1959: 246 e 272).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 437-438).

Variantes manuscritas


1 amigo, eu] amig eu B   2 buscar] Huscar B’; conselh’] conselho B’ : con sselho V’   3 sabedes] cuydades B’V’; vos] uos BV   6 ca] E a B’ : ea V’   7 Ides] Hades B’; fic[o] eu] ficer eu B : ficr̃eu V : fiqueu B’V’   8 sempre] sempra B’; muit’a] muta B’V’   13 a] ao BV   14 amig’, e] e amigue BV   16 el-Rei e min aver] uos mī e el Rey auer B’ : uos min e el rey auer V’; min] mj B   19 E] om. BV; querede-lo] queixdelo B : queredolo V   20 Non podedes dos senhores uir / Nen podedes doꝯ senres seruir B : non podedes doa senhor** uir / nen podedes doꝯ senẽsuir V; dous] doꝯ B’V’   21 ambos] anbus V’; ren] om. B’V’; vos] uos BV; gracir] g̃c̃r B : graç̃r V

Variantes editoriais


1 amigo] amigu’ Nunes, Rodríguez   16 non podedes el-rei e min aver] non podedes vós min e el-rei aver Cohen

Paráfrase


(I) Queredes ir, meu amigo, eu o sei, buscar outro consello e non o meu: porque sabedes que eu vos desexo, queredes ir morar (á corte) co rei; mais ídevos agora canto vos quixerdes ir, que despois a min habedes de vir.
(II) Ídesvos vós e fico aquí eu, que moito vos hei desexar sempre; e vós queredes morar (na corte) co rei porque pensades que valeredes máis por iso; mais ídevos agora canto vos quixerdes ir, que despois a min habedes de vir.
(III) Agrádavos moito, segundo dicides, servirme, amigo, aínda que non deixades de ir (servir) ao rei; por tal razón non me podedes ter a min e ao rei (por señores); mais ídevos agora canto vos quixerdes ir, que despois a min habedes de vir.
(1) E, amigo, querédelo ouvir? Non podedes servir dous señores e que ambos teñan algo que vos agradecer.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:95)

Encontros vocálicos: 1 amigo,‿eu

Notas


Texto
  • 3

    Nótese a concorrencia poeticamente sinonímica de saber/cuidar conforme a dupla transmisión da cantiga: porque sabedes/cuidades que vos desej’eu.

  • 6

    A segunda copia da composición confirma a frecuencia do erro <Ca>/<E a>, nomeadamente no inicio dunha estrofa, dun refrán ou dun verso que solicita a conxunción copulativa: e vi-a <e uia> A, <Cuia / Cuia / Cuya / Cuya> B (302.r1), e a <ca> (494.32 e 35), e amigo <Camigo / Ca:- / Ca:- / Ca:-> B, <ca migo / ca / ca / ca> V (649.r1), E á <E a> B, <Ca> V (722.25), e a <Ca / Ca / Ca> B, <ca / ca / ca> V (767.r1), e a <Ca / Ca / Ca> B, <e a / e a / e a> V (792.r2), e amigas <Camigas> B, <E amiga> B’, <camigas> V, <e amiga> V’ (1048.9), e o <C o> B, <eo> V (1056.3), e assi <Cassy / Cassy> B, <cassy / cassy> V (1364.r3), e a <Ca> BV (1645.15) etc.

  • 7

    O acento na cuarta sílaba aconsella a restauración da vogal ausente na forma verbal fico; porén, sería tamén posíbel a reintegración dunha copulativa inicial, frecuentemente omitida no inicio de estrofa. Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.

  • 13

    Semella obvio o erro dos manuscritos en *ao vosso dizer (o mesmo lapso de copia pode verse en B, en 1495.6) nunha expresión que se constrúe coa preposición a + posesivo + nome, similar a a vosso pesar / poder / prazer / sabor, sempre sen artigo (cfr. Glosario, s.v.).

  • 14

    A métrica e a sintaxe sinala con clareza o carácter espurio da copulativa na segunda copia da cantiga: a presenza adventicia desta conxunción en interior de verso, tal como se pode comprobar nalgún outro contexto do corpus (véxase, por exemplo, 128.14 ou 830.9), así como no inicio de verso (véxase nota a 1.37-40), confirma que a súa expunción é necesaria en certos contextos.

    Por outra parte, a locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’ é de uso regular ao longo de corpus, por máis que nalgúns contextos é posíbel optar pola autonomía dos dous elementos (e pero vs. e, pero).

  • 16

    A segunda versión do texto presenta, para alén dunha inversión dos complementos directos, unha lección hipermétrica pola imposibilidade da sinalefa da copulativa: non podedes el-rei e min aver vs. non podedes vós min e el-rei aver. Outrosí, obsérvese que o pronome min, forma tónica oblicua, é utilizada como CD sen preposición, feito frecuente no corpus das cantigas.

  • 19

    É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de verso) ou de fiinda nos manuscritos, tal como se pode comprobar na copia de BV (fronte a B’V’), feito que permite restaurar a isometría versal en bastantes contextos. Casos semellantes, en fiindas, documéntanse en 287.19, 398.22, 527.19, 578.19, 581.19, 633.22, 841.19, 1019.221020.19, 1051.19, 1057.19

  • 21

    Obsérvese a aparición da terminación -us en <anbus> na segunda copia da cantiga no Cancioneiro da Vaticana; na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado