I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 317-318 [= LPGP 533]); Correia (2001: 215); Littera (2016: I, 595).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 94-95); Machado & Machado (1960: VII, 17-18); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 266).
III. Antoloxías: Fiúza (1981: 148-149); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 149); Fidalgo (2009a: 56).
1 vos] uus A 3 vos] uos A 4 vos] uus A 16 vos] uos A 20 vos] uos A 24 vos] uos A 28 vos] uos A 29 vos] {uos} A 31 vos] uus A
1 vos] vus Michaëlis 3 vos] vos Michaëlis 4 vos] vus Michaëlis 7 min] mi Michaëlis 15 E na ... vos] Essa ... vus Michaëlis : Ena ... vos Littera 16 vos] vus Michaëlis 17 vos] vus Michaëlis 20 non vos esté] per vos est’é Michaëlis : non vos estê Correia : non vos éste Littera 21 vos] vus Michaëlis 22 vos] vus Michaëlis 24 vos] vos Michaëlis 25 vos] vus Michaëlis 27 vos diran] vus dirá Michaëlis : vos dirá Littera 28 vos] vus Michaëlis 29 guarde-vos vós] vos guarde-vus Michaëlis : vos guarde-vos Littera 31 vos] vus Michaëlis
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10c 10c 10a (= Tav 161:56)
Os pronomes min (v. 7) e vós (v. 29) son formas tónicas oblicuas en función de complemento indirecto sen preposición, función que na lingua trobadoresca pode ser exercida polas formas pronominais tónicas oblicuas (cfr. ou por min fazerdes vós ben, 18.14; nen quer’eu ela consentir / quanto mal me faz, 84.10) etc.
As emendas michaëlianas contradín a lección de A e non melloran en absoluto o texto, tal como se pode comprobar en varios versos desta cantiga (vv. 15, 20, 29).
É desnecesaria a recolocación dos pronomes persoais realizada por Michaëlis e Littera. Sintacticamente a lección do manuscrito é correcta, xa que a forma tónica vós, CD, pode ir sen preposición (véxase nota a 10.1); por outra banda, a repetición sucesiva dos pronomes átono - tónico é voluntaria, como demostra o feito de que apareza a mesma sucesión no derradeiro verso (v. 31)
A frase formularia u non jaz al ‘certamente, sen dúbida’, concorrente con u al non jaz (só en 55.15), é equivalente a u al non á (e as súas variantes), como se patentea a través da variante de B’ na cantiga 31 (véxanse notas a 25.11 e 66.29). De todos os xeitos, nótese como na segunda copia desa cantiga se rexistra a variante fraseolóxica u non á al (<hunō aal B’), que só se rexistra en 104.34.
A consideración de esté, presente de subxuntivo, evita a irregular e forzada segmentación est’é de Michaëlis, que se viu tamén obrigada a converter non en per, para alén de responder a outros usos da mesma forma verbal. Cfr. por Deus, senhor, non querades fazer / en min agora que vos esté mal (497.14). E tampouco é acorde co sentido do período a forma presente éste proposta en Littera.
Lémbrese que traedor, como todos os nomes acabados en -or, é invariábel no período medieval (cfr. a omnipresente senhor), e só no final do período se manifesta unha forma feminina analóxica (véxase Glosario, s.v. senhora, con nove ocorrencias unicamente).
A voz preço (do lat. pretium) mostra unha perfecta equivalencia semántica co provenzalismo prez, que ten a mesma orixe. Cfr. que El i leixe mao prez aver / a quen mal preço vos quer apoer (212.5-6).