[last revised: 03/06/2022]Print

966 [= Tav 63,22]
Dizen-mi a mí quantos amigos ei

Dizen-mi a mí quantos amigos ei
que nunca perderei coita d’amor
se m’eu non alongar da mia senhor;
e digo-lhis eu como vos direi:
«Par Deus, sempr’eu alongado vevi
dela e do seu ben, e non perdi
coita d’amor». Pero dizen que ben
farei eu mia fazenda de viver
longi dela, que mi non quer valer;
mais de tal guisa lhis dig’eu por én:
«Par Deus, sempr’eu alon[gado vevi
dela e do seu ben, e non perdi]
coita d’amor». Pero dizen que non
poss’eu viver se me non alongar
de tal senhor, que se non quer nembrar
de min; mais digo-lhis eu log’enton:
«Par Deus, sempr’eu [alongado vevi
dela e do seu ben, e non perdi]
coita d’amor, nen alhur nen ali
non lhi guarrei, ca muito lhi guari».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscripts


B 964, V 551

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 384-385); Rodríguez (1980: 125 [= LPGP 382]); Littera (2016: I, 437-438).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 197-198); Braga (1878: 105); Machado & Machado (1953: IV, 336-337); Fernández Pousa (1959: 103).

Manuscript variants


1 Dizen] Dizeu B; amigos] amigus V   6 e non] enono BV   8 eu] en BV; mia] ma B : m\h/a V   13 Pero dizen] pezo dissen B   20 guarrei] guairey B

Editorial variants


3 da] de Rodríguez, Littera   6 non perdi] non [v]o[s]] perdi Rodríguez   12 non perdi] non [v]o[s]] perdi Rodríguez   18 non perdi] non [v]o[s]] perdi Rodríguez

Paraphrase


(I) Dinme cantos amigos teño que nunca perderei a coita de amor se non me vou lonxe da miña señora; e dígolles eu como vos direi: «Por Deus, sempre eu vivín lonxe dela e do seu ben, e non perdín (II) a coita de amor». Pero din que mellorarei o meu estado se vivir lonxe dela, que non me quere valer; mais eu a iso respóndolles deste xeito: «Por Deus, sempre eu vivín lonxe dela e do seu ben, e non perdín (III) a coita de amor». Pero dinme que eu non podo vivir se non me afastar de tal señora, que non se quer lembrar de min; mais dígolles eu entón: «Por Deus, sempre eu vivín lonxe dela e do seu ben, e non perdín (1) a coita de amor, nin noutro lugar nin alí a sobrevivirei, pois xa moito sobrevivín».

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:80) + 10c 10c

Encontros vocálicos: 1 -mi‿a

Notes


Text
  • *

    Esta composición é unha cantiga ateúda, con ligazón sintáctico-discursiva entre todas as súas estrofas, incluída na relación de cantigas ateúdas confeccionada por Gonçalves (2016 [1993]: 269-270).

  • 1

    En V rexístrase a terminación gráfica -us en voces en que é xeral a terminación -os (<amigus>); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 5

    A utilización da forma disimilada vevi (< vivi) do primeiro verso do refrán, que tamén se rexistra tamén en 902.6, 960.18 e 1060.6, é mostra dunha tendencia moi limitada á disimilación de formas do tipo dizia > dezia ou vivia > vevia (véxase nota a 888.50). En calquera caso, non achamos atestacións de vevi na produción prosística medieval.

  • 6

    A interpretación da lección <e nono perdi> como e non [v]o[s] perdi que fai Rodríguez semella unha miga forzada paleograficamente, en face da alternativa da expunción do pronome, que ben podería ser adventicio neste contexto, exactamente igual que acontece, por exemplo en 593.16 ou 1374.4, onde a lección <nono> ten de ser reconvertida en non. Deste modo, deberá considerarse o hiato ou dialefa en dela | e.

    Por súa parte, Elsa Gonçalves (1983: 109) propón manter o elemento que omitimos e realizar a emenda o > a, «atribuindo ao pronome a função de antecipar o complemento coita d’amor: com esta emenda, o refrão insere-se habilmente na estrutura de “ata-finda”, que, através do enjambement de estrofe para estrofe e da “finda” conclusiva, enquadra uma linha temática que se inicia com coita d’amor no final do verso 2 e se fecha com coita d’amor no começo da “finda”».

  • 8

    A copia en B e V mostra como a forma ma pode ser un erro por mia (<mha>), xa que no Cancioneiro da Vaticana o <h> é introducido a posteriori polo copista, igual que acontece en 599.13 (<M\h/a> B), 678.8 (<m\h/as> V), 984.1 (<m\h/a> V), 1009.1 (<m\h/a> V), 1297.1 (<M\h/a> V). Véxase nota a 609.1.

  • 9

    A vogal final -i de longi (tamén en 33.6, 323.7, 721.12, 800.5, 916.4, 957.3, 1032.24 e 1139.2, 5, 7 e 10), a convivir con longe, tamén aparece nos adverbios eiri (véxase nota a 114.9) e tardi (véxase nota a 1008.16). Nos nomes só se rexistra sangui (véxase nota a 1410.17).

Search
    No results