[last revised: 22/08/2021]Print

746 [= Tav 7,1]
Amigos, nunca mereceu

Amigos, nunca mereceu
omen, com’eu mereci, mal,
en meu cuidar, ca non en al;
mais ando-me por én sandeu
por quanto mi faz cuidador
d’aver eu ben de mia senhor.
Mais leixade-mi andar assi,
pero vós ajades poder,
meus amigos, de me valer;
sol non vos doades de mí
por quanto mi faz coida[do]r
[d’aver eu ben de mia senhor],
ca sei que, per nen ũu logar,
amigos, que non averei
dela ben por quanto cuidei;
mais leixade-m’assi andar
por quanto mi faz cuida[do]r
[d’aver eu ben de mia senhor],
ca o sandeu quanto máis for
d’amor sandeu tant’é milhor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscripts


B 731, V 332

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 236-237 [= LPGP 92-93]); Marcenaro (2013: 87); Littera (2016: I, 58-59).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 131); Braga (1878: 63); Machado & Machado (1953: IV, 28-29).

Manuscript variants


1 Amigos] Amigas BV   2 mereci] m’ety B : mēty V   3 en al] eu al V   4 por] pr / pr B   5 por] pro B   7 leixade-mi] leixa damhādar B : leixadamhādar V   10 vos] uez B : uos V   11 quanto] qūto B : q̄nto V; faz] fez BV   14 averei] ueerey B : acerey V   15 quanto] q̄nto BV   20 tant’é] eāte B : m̄te V

Editorial variants


2 omen] ome Marcenaro   7 leixade-mi] leixad’a mí Marcenaro   11 coida[do]r] cuydador Nunes   12 eu] en Nunes   13 nen ũu] nen un Marcenaro : nẽum Littera   18 eu] en Nunes

Paraphrase


(I) Amigos, nunca ninguén mereceu mal como eu merecín, conforme o meu pensamento, e non por outra cousa; mais ando como louco por iso, porque (o meu pensamento) me fai pensar en recibir o ben da miña senhor.

(II) Mais deixádeme andar así, aínda que vós teñades poder, amigos meus, para me axudar; non sintades dó por min porque (o meu pensamento) me fai pensar en recibir o ben da miña senhor, (III) pois sei que, de ningunha maneira, amigos, non recibirei ben dela por canto eu pensei; mais deixádeme andar así porque (o meu pensamento) me fai pensar en recibir o ben da miña senhor, (1) pois sei que o que perdeu o xuízo, canto máis louco estiver por amor, tanto é mellor (para el).

Metrics


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C + 8c 8c (= Tav 160:318)

Encontros vocálicos: 7 -mi‿andar; 13 ũ͜u

Notes


Text
  • *

    Esta composición, con ligazón sintáctico-discursiva entre as estrofas a partir da primeira, unida adversativamente á segunda e con continuidade causal até a fiinda mostra un certo carácter de cantiga ateúda atá fiinda, xa que a ligazón adversativa ben podería xustificar unha puntuación sen ruptura estrófica final. Cfr. notas ás cantiga 55 e 74.

  • 1

    Resulta inevitábel a emenda do vocativo amigas do manuscrito para o masculino amigos, interlocutores que reaparecen no v. 9 (estrofa II) e mais no v. 14 (estrofa III).

  • 3

    En convivencia con outras fórmulas alternativas (véxase nota a 65.3, 230.10, 415.29), a frase formularia de tipo relativizante por excelencia é a meu cuidar ~ a meu coidar (tamén ao meu cuidar, 435.17; en meu cuidar, 746.3; a seu cuidar, 1659.3), que aparece con frecuencia ao longo do corpus da poesía trobadoresca profana. Aínda esta formulación presenta outras variantes amplificadas, como aquant’é meu coidar (tamén en 275.8), que conviven con quant’é meu cuidar (187.9, 549.14, 1186.1) e quant’é a meu cuidar (só en 454.5) e con outras variantes aínda máis extensas: segundo quant’é meu cuidar (1401.10), segund’agora meu cuidar (92.2).

  • 5

    A forma pronominal mi é susceptíbel de ser interpretada como forma tónica en función de CD «cuxa tonicidade se explicaría porque vai acompañado dun complemento predicativo»; alternativamente, tamén pode funcionar como CI, átono (mesmo coa posibilidade dunha segmentación m’i), «caso que se podería explicar porque vén rexido polo verbo que tipicamente expresa a predicación causante das construcións causativas (fazer), xa que nestas, como sabemos, cando o verbo que expresa a predicación causada é transitivo, o suxeito aparece pronominalizado en dativo. A analoxía coa construción predicativa é evidente: ‘por quanto mi faz cuidar d’aver eu ben’» (Monteagudo 2019: 114).

    Nótese no refrán a vacilación fonética [o]~[u] que afecta coidador ~ cuidador, en liña con outros refráns en que tamén existe este tipo de alternancia. Cfr. nota a 568.5.

  • 7

    A grafía <mh> de BV indica que a forma pronominal é átona (en sinalefa con andar), feito que invalida a súa conversión nun tónico , tal como propón Marcenaro para evitar a necesaria emenda da forma verbal leixade (<leixada> en BV).

  • 10

    A forma etimolóxica doades, sen -i- antihiático (vs. doia en 189.10 e 522.4), é maioritaria na lingua trobadoresca (véxase tamén doa, 548.6; doades, 814.9).

  • 11

    A aparente variación introducida por BV no refrán, con cambio de tempo verbal, semella un erro de transmisión textual que debe ser emendado.

  • 13

    O indefinido ũu (e tamén algũu e neũu) debería, aparentemente, computar como bisilábico, e así acontece con certa frecuencia ao longo do corpus; porén, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, embora nalgunhas ocasións computen como unisilábicas.

  • 13-14

    Obsérvese a repetición da conxunción completiva que tras unha frase parentética: ca sei que, per nen ũu logar, / amigos, que non averei / dela ben por quanto cuidei. Véxase nota a 53.17-18.

  • 20

    A emenda das erradas leccións <eāte> B, <m̄te> V leva para tant’é, paleograficamente xustificada e conveniente para a estrutura comparativa, que solicita dúas partes. No que respecta á forma milhor, con pechazón de /e/>/i/ por influencia de consoante palatal (por iode na súa base etimolóxica meliōrem), ten certa presenza na lingua trobadoresca.

Search
    No results