I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 800-801); Blasco (1984: 133 [= LPGP 823-824]); Marcenaro (2012b: 214); Littera (2016: II, 350-351).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 87); Machado & Machado (1949: I, 328-329); Fernández Pousa (1953: 14-15); Rios Milhám (2018a: II, 187).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 751-752).
3 morrer] moirer B 5 qual] a qual B
2 veeren] vẽeren Michaëlis 3 morrer] moirer Blasco 7 máis] mais Marcenaro 9 meu] mui Michaëlis 12 que] que [eu] Michaëlis, Marcenaro 13 faz] fez Michaëlis 17 eu pudi [ja]] eu [nunca] pùdi Michaëlis : eu pudi Blasco : eu [ja] pudi Marcenaro : eu pud[e] i Littera 18 quen] quien Marcenaro 21 dev’[a] aver] dev[i]’aver’ Michaëlis : dev’aver Blasco : dev[a] aver Marcenaro : dev’haver Littera
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10a (= Tav 100:15)
Encontros vocálicos: 12 ma·i·la
A métrica confirma que o elemento <a> que antecede <qual> en B é de carácter espurio, pois sería a preposición a introducindo o CD co verbo querer, tal como acontece en nen qual quero melhor (197.4), onde B tamén presenta o mesmo elemento fronte a A que achega a lección correcta. Véxanse notas a 68.1 e 77.8.
Marcenaro presenta máis como se fose unha adversativa, ao tempo que divide o verso cunha vírgula após én; no entanto, a única interpretación coherente do verso implica a consideración de máis como adverbio de cantidade na estrutura comparativa máis ca, de modo de a orde recta sería por én non ei a perder máis ca perç(o).
En convivencia con outras fórmulas alternativas (véxase nota a 65.3, 230.10, 415.29), a frase formularia de tipo relativizante por excelencia é a meu cuidar ou a meu coidar (tamén ao meu cuidar, 435.17; en meu cuidar, 746.3; a seu cuidar, 1659.3), que aparece con frecuencia ao longo do corpus da poesía trobadoresca profana. Ora ben, esta formulación presenta outras variantes amplificadas, como aquant’é meu coidar (228.8, 275.8), que conviven con quant’é meu cuidar (549.14, 1186.1) e quant’é a meu cuidar (só en 454.5) e con outras variantes aínda máis extensas: segundo quant’é meu cuidar (1401.10), segund’agora meu cuidar (92.2).
Existen indicios suficientes para considerar que a contaxe bisilábica de mais (ou máis) era un feito na lingua trobadoresca, nomeadamente a partir da análise das leccións manuscritas de preto dun centenar de pasaxes que apoian tal consideración métrica (Ferreiro 2016c). A partir deste feito, é desnecesaria a emenda de Michaëlis.
Blasco mantén o texto de B, fronte a Michaëlis, que converte o verso en hipermétrico coa introdución de nunca, voz bisilábica. De calquera maneira, as opcións para reintegrar un elemento unisilábico neste contexto son diversas, pero limitadas, e varían conforme os editores, agás en Blasco que mantén o verso hipométrico.
A preposición a da perífrase dever + a + infinitivo constitúe a mellor opción para resolver a hipometría do verso. Véxase nota a 60.14.