568 [= Tav 25,83]
Por Deus, senhor, pois per vós non ficou

Por Deus, senhor, pois per vós non ficou
de mi fazer ben, e ficou per mí,
teede por ben, pois assi passou,
en galardon de quanto vos servi,
de mi teer puridade, senhor,
e eu a vós, ca est’é o melhor.
Non ficou per vós de mi fazer ben,
e de Deus ajades bon galardon;
mais a mia mingua foi grand’, e por én,
por mercee, teede por razon
de mi teer poridade, senhor,
[e eu a vós, ca est’é o melhor].
Sempre vos desto bon grado darei,
mais eu minguei en loor e en prez
como Deus quis; mais assi passei,
praza-vos, senhor, por qual vos El fez,
de me teer poridade, senhor,
[e eu a vós, ca est’é o melhor],
ca non tiro eu nen vós prez nen loor
daqueste preito se sabudo for.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 551, V 154

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 63-64 [= LPGP 215]); Nunes (1972 [1932]: 200-201); Littera (2016: I, 210).
II. Outras edicións: Moura (1847: 114-115); Monaci (1875: 63-64); Braga (1878: 31); Machado & Machado (1952: III, 160-161); Júdice (1997: 147); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


8 de] đ V   9 grand’, e] g̃ade V   10 por] Pᵉe B   11 mi] me V   13 Sempre] Senpro V; vos] uos B   15 passei] passou BV   16 praza] praxa B   20 preito] pyto V

Variantes editoriais


3 teede] tẽede Nunes   4 vos] vós Lang   5 mi] me Nunes   6 est’é] éste Littera   9 mia] mi a Littera; grand’, e] grande Lang   10 teede] tẽede Nunes   11 mi teer poridade] me teer puridade Lang, Littera : me teer poridade Nunes   12 est’é] éste Littera   15 mais assi passei] [e] pois assi passou Lang : e, poi’l’assi passei Nunes : mais [pois] assi passou Littera   17 poridade] puridade Lang, Littera   18 est’é] éste Littera   19 tiro] tir(o) Nunes

Paráfrase


(I) Por Deus, senhor, pois non foi por non quererdes que non me fixestes ben, e foi por culpa miña, tende a ben, xa que pasou así, en galardón por canto vos servín, de me gardar o segredo, senhor, e eu a vós, pois isto é o mellor.

(II) Non foi por non quererdes que non me fixestes ben, e Deus vos dea un bo galardón; mais a miña perda foi grande, e por iso, por mercé, tede por razoábel [refrán]

(III) Sempre vos darei as grazas por isto, mais eu perdín en mérito e valor o que Deus quixo; mais xa que me pasou iso, prázavos, senhor, por cal vos El fixo, [refrán],

(1) pois eu non obteño, nin vós, mérito ou valor deste caso se fose divulgado.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C + 10c 10c (= Tav 99:7)

Encontros vocálicos: 15 ma·is; 19 tiro‿eu

Notas


Texto
  • 5

    Nesta cantiga aparece de nova unha leve variación lingüística no refrán, con vacilación vocálica en puridade ~ poridade, que afecta ás vogais velares (en posición átona neste caso), cunha vacilación fonética [o]-[u] que vai aparecer en múltiplos refráns en voces e formas de diversa condición (véxase 570, 714, 746, 1352, 1439 etc.). Ademais, neste refrán tamén se rexistra vacilación fonética na forma pronominal mi ~ me. Véxase nota a 102.26. Cfr. nota a 27.4.
    Canto á voz puridade ‘segredo’, do lat. tard. puritatem, aparece de modo restrito no corpus trobadoresco, con só máis tres ocorrencias (860.9, 1049.2, 1075.13) nas cantigas profanas e outras tantas nas Cantigas de Santa Maria; ora ben, é especialmente frecuente na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España, para alén doutros textos galego-portugueses (véxase CGPA, s.v. puridade, poridade).

  • 6

    Littera optou, lexitimamente, por non segmentar o demostrativo na secuencia <este>. No entanto, consideramos que o demostrativo focaliza o asunto que se quere enfatizar: ‘isto (= gardar o segredo sobre o acontecido) é o mellor’.

  • 14

    As leccións <mĩguey> B e <minguey> V non permiten sabermos se estamos perante mingüei, de minguar, ou minguei, de mingar, variante tamén existente (véxase nota a 1415.30). Cfr. nota a 205.13.

    Por outra parte, obsérvese que loor (tamén no v. 19) é variante única no corpus das cantigas profanas, fronte a formas do tipo louvar que concorren con loar (véxase nota a 618.10); ademais, agás pola aparición en 993.6, de Pero da Ponte, loor só se rexistra na poesía de Don Denis (véxanse tamén 496.17, 536.7, 8, 12, 537.16, 538.24, sempre asociado a prez nestas ocorrencias).

  • 15

    A contaxe bisilábica de mais evita calquera tipo de emenda no verso que Lang, Nunes e Littera fixeron condicionados pola aparente hipometría (véxase nota a 12.8). Ademais, Lang e Littera manteñen a P3 passou, que é claramente errada, pois ten que rimar en -ei co primeiro verso da estrofa e, en consecuencia, debe realizarse a emenda para passei.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado