194 [= Tav 125,6]
Ai mia sennor e meu lum’e meu ben

Ai mia sennor e meu lum’e meu ben,
per bõa fe, verdade vos direi,
e, sennor, nunca vos eu mentirei,
ca vos quero mui mellor d’outra ren:
non me dé Deus de vós ben, nen de sí,
se nunca tan fremosa dona vi
come vós, e confonda-me por én!
E, mia sennor e meu lum’e meu ben,
pero que m’eu muitas terras andei,
nunca i tan fremosa dona achei
come vós, per que me muito mal ven;
e fez-vos Deus nacer por mal de mí,
sennor fremosa, ca per vós perdi
Deus e amigos e esforç’e sén,
ca nunca eu no mundo pud’achar,
des quando me vos Deus fez[o] veer,
dona que me fezess’escaecer
vós, a que Deus no mundo non fez par,
ca vos fez de todo ben sabedor,
e, se non, Deus non me dé voss’amor
nen vosso ben, que me faz desejar.
E mal m’ach’eu (que non querri’achar)
de toda ren se vo-l’eu vin dizer
por ben que nunca de vós coid’aver;
nen ar digo por vos prazentear,
mais porque dig’a verdade, sennor,
ca vos vejo parecer mui mellor
das outras donas, e mellor falar.
E tod’aquesto por mal de mí é,
ca morrerei cedo, per bõa fe,
por vós, ca me vej’én de guis’andar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 

Manuscritos


A 101, B 208

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 209-210); Blasco (1984: 159-160 [= LPGP 813]); Marcenaro (2012b: 246-247); Littera (2016: II, 355).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 90); Carter (2007 [1941]: 60-61); Machado & Machado (1949: I, 339-340); Fernández Pousa (1953: 19); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 194).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 198-199); Alvar & Talens (2009: 464-466).

Variantes manuscritas


1 Ai] [M]y A : Dy B   2 bõa] boa B; vos] uus A   3 vos] uus A   4 vos] uus A; mui] om. B   5 me] mj B   7 confonda-me] cofonda mj B   9 terras] tir̄as B   11 me] mj B   12 vos] uus A; mí] mj̄ B   14 amigos e] Amigue B   16 me] mj B   17 me] mj B   20 me] mj B   21 me] mj B   22 querri’] q̄ro hi B   23 vo-l’eu] uolo eu B   24 coid’aver] cuydauer B   25 nen] Nemo B; vos] uos A; prazentear] pzentēar B   27 vos] uus A : huu B   29 E] {e} A : om. B; mí] mj̄ B   30 bõa] boa A   31 guis’andar] guisa andar B

Variantes editoriais


2 vos] vus Michaëlis, Blasco   3 vos] vus Michaëlis, Blasco   4 vos] vus Michaëlis, Blasco   5 dé] dê Michaëlis, Littera   10 dona] don(a) Michaëlis   11 per] por Michaëlis; mí] min Marcenaro   12 vos] vus Michaëlis, Blasco   15 eu no] eno Michaëlis   16 vos] vus Michaëlis, Blasco; fez[o]] fez Blasco, Littera   19 vos] vus Michaëlis, Blasco   20 dé] dê Michaëlis, Littera   24 coid’] cuid’ Littera   25 vos] vus Michaëlis : v[u]s Blasco : vós Marcenaro   27 vos] vus Michaëlis, Blasco   29 mi] min Michaëlis

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10d 10d 10a (sobre III-IV) (= Tav 161:79)

Encontros vocálicos: 10 dona‿achei

Notas


Texto
  • 7

    Para alén da aparición de confunda en 115.27 (véxase nota), na lingua da poesía trobadoresca profana é xeral a forma cofonder, con evolución [nf] > [f] (véxase Ferreiro 1999: §101e), similar á variación inferno ~ iferno (véxase nota a 379.11), sendo minoritaria a forma máis conservadora confonder (só en 203.8, 216.10, 1050.5, 1224.15, 1407.6 e 1650.14). Con todo, a variación cofonder ~ confonder aparece con frecuencia nos cancioneiros: cofonder A vs. confonder B (197.28, 216.19), cofonder B vs. confonder A (194.7, 203.8, 216.10), cofonder B vs. confonder V (990.11, 1050.12, 19 e 22, 1497.27), cofonder V vs. confonder B (990.12, 1224.15, 1650.14). Cf. nota a 379.11.

  • 16

    A recuperación da medida decasilábica do verso leva a recorrer á variante fezo. Na lingua medieval aparece a desinencia -o na P3 dos pretéritos fortes, de modo que naquelas formas en que -it final latino desapareceu é posíbel a convivencia das formas fez, quis ou pôs con fezo (tamén feze), quiso (tamén quise) ou poso (tamén pose). Os trobadores utilizan unha ou outra variante por necesidades métricas, e os manuscritos achegan datos que confirman esta variación nos usos lingüísticos, de modo que en ocasións as leccións de A e B son diverxentes. Así, face ao necesario fezo transmitido por A (ás veces produto da revisión da copia) achamos <fez> en B: 277.17 (<fez{o}> A, <fez> B), 286.2 (<fezo> A, <fez> B), 309.10 (<fezo> A, <fez> B), 404.10 (<fezo> A, <fez> B), 430.28 (<fez{o}> A, <fez B>). Porén, en 175.6 o necesario fezo transmitido por B correspóndese co <fez> de A, que torna o verso hipométrico. E aínda se achan contextos en que fronte á lección de A, con fezo, B rexistra unha variante en que, mantendo o monosilábico fez, se reescribe o texto para asegurar a isometría: Qual dona Deus fez melhor parecer / e que fezo [B: <a fez>] de quantas outras son (175.2), de rogar Deus, e fezo-me [<a d’s e fez mj> B] perder (197.30). É por isto que o recurso a fez[o] está certamente xustificado perante leccións afectadas por hipometría versal: é significativo que no v. 1 do refrán da cantiga 847, face ao correcto fezo que se rexistra na estrofa I (<fez> B, <fezo> V), apareza fez en BV nas estrofas II e III. Cfr. nota a 60.19.

  • 18

    O pronome vós, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 25

    O pronome o de B na lección <nemo> = <nem o> (nen o ar digo...), sendo acaído do punto de vista sintáctico, faría hipermétrico o verso.

    A voz prazentear ‘lisonxear’ só volve aparecer noutras dúas cantigas de Pero Garcia Burgales (quen vos nunca viu ten / que vos lo’eu por vos prazentear (183.16); ca non vos [vou] prazentear, 184.11) e, como substantivo, en Martin Moxa (888.30).

Procurar
    Não foram encontrados resultados