690 [= Tav 75,13]
O por que sempre mia madre roguei

O por que sempre mia madre roguei
(que vos visse), meu amigo, non quer,
mais pesar-lh’-á muito quando souber
que vos eu dig’esto que vos direi:
cada que migo quiserdes falar,
falade mig’, e pes a quen pesar.
Pes a quen-quer e mate-se por én,
ca post’é ja o que á de seer:
veer-vos-ei se vos poder veer,
e poderei, ca, meu lum’e meu ben,
cada [que migo quiserdes falar,
falade mig’, e pes a quen pesar].
Pois entendo que mia mort’e meu mal
quer, pois non quer ren de quant’a mí praz
e poi-lo ela por aquesto faz,
fazed’aquest’, e depois fara-s’al:
cada que migo quiserdes falar,
[falade mig’, e pes a quen pesar].
Sempr’eu punhei de mia madre servir
máis por esto ca por outra razon:
por vos veer, amig’, e por al non;
mais, pois mi-o ela non quer consentir,
cada que migo quiserdes falar,
[falade mig’, e pes a quen pesar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 675, V 277

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 100-101 [= LPGP 493]); Cohen (2003: 161); Littera (2016: I, 574-575).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 109); Braga (1878: 53-54); Machado & Machado (1952: III, 349-350).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 278); Arias Freixedo (2003: 517-518); Mongelli (2009: 117).

Variantes manuscritas


1 mia] ma V   2 quer] quei V   8 á] ia V   15 por] pre V

Paráfrase


(I) Aquilo polo que eu sempre roguei a miña nai –poder vervos–, meu amigo, (ela) non o quere; mais pesaralle moito cando souber que eu vos digo isto que vos direi: cada vez que comigo quixerdes falar, falade comigo, e péselle a quen lle pesar.

(II) Péselle a quen queira e mátese por iso, pois xa está decidido o que ha de ser: vereivos se puider vervos, e poderei, pois, meu lume e meu ben, cada vez que comigo quixerdes falar, falade comigo, e péselle a quen lle pesar.

(III) Pois entendo que quere a miña morte e o meu mal, xa que non quere nada do que a min me prace, e xa que ela por iso o fai, facede isto, e despois farase outra cousa: cada vez que comigo quixerdes falar, falade comigo, e péselle a quen lle pesar.

(IV) Sempre fixen canto puiden por servir a miña nai máis por isto que por outra razón: por vervos, amigo, e non por outra cousa; mais, xa que ela non mo quere consentir, cada vez que comigo quixerdes falar, falade comigo, e péselle a quen lle pesar.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:131)

Notas


Texto
Buscar
    Non se atopou ningún resultado