[last revised: 16/10/2021]Print

380 [= Tav 9,12]
Tan grave dia que vos conhoci

Tan grave dia que vos conhoci
por quanto mal me ven per vós, sen[h]or,
ca me ven coita, nunca vi maior,
sen outro ben por vós, sen[h]or; des i,
por este mal que mi a min por vós ven,
come se fosse ben, quer-me por én
gran mal a quen [o] nunca merec’i,
ca ten, sen[h]or, porque vos eu servi
sempr’e digo que sode-la milhor
do mund’e trobo polo voss’amor,
que me fazedes gran ben; e assi
veed’ora, mia sen[h]or do bon sén:
este ben tal [non] se compr’a min ren,
senon se valedes vós máis per i.
Mais eu, senhor, en mal dia naci
del, que non ten nen é conhecedor
do vosso ben, a que non fez valor
Deus de lho dar, que lhi fezo ben i;
pero, sen[h]or, assi me venha ben,
deste gran ben que el por ben non ten
mui pouco del seria grand’a min,
pois, mia senhor, razon é, quand’alguen
serv’e non pede ja-que, [que] lhi den:
eu servi sempr’e nunca vos pedi.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscripts


B 412, V 23

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 30-31 [= LPGP 106]); Arbor Aldea (2001: 181); Longo (2003: 98-99); Littera (2016: I, 70).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 16); Braga (1878: 5); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 511-512); Machado & Machado (1950: II, 221-222); Rios Milhám (2018b: III, 380).

Manuscript variants


1 vos] uus BV   3 coita] corta V; nunca] uūca B   6 quer] q̄rer BV   7 nunca [o] merec’i] uūca merecj B : nūca merercj V   8 vos] uos BV   9 sode-la] ssadela V   13 ren] irem V   17 do] de B   18 dar, que] dir V   21 pouco] puoco V   22 quand’] q\e/nd   24 vos] uus BV

Editorial variants


1 vos] vus Arbor Aldea, Longo   2 per] por Nunes, Longo   6 quer-me] ven-me Nunes, Arbor Aldea : querer-me Littera   7 a quen [o] nunca merec’i] a quen nunca [o] mereci Nunes, Arbor Aldea, Littera : á quen nunca [eu] mereci Longo   8 ca ten, sen[h]or] Ca, mha senhor Nunes : Ca eu, senhor Arbor Aldea : Ca vem, senhor Longo; servi] serv’i Littera   9 sempr’e] sempre Nunes, Arbor Aldea : [e] sempre Littera   13 [non] se compr’a min] compre [en] mi Nunes : compr[e] a min Arbor Aldea, Longo : se compre [em] mim Littera   14 se] me Longo   18 fezo] fez o Longo   21 min] mi Nunes, Littera   23 serv’e] serve [e] Littera; [que] lhi den] [rem] lhi den Nunes, Longo : lhi [én] den Arbor Aldea : lhi dem Littera   24 vos] vus Arbor Aldea, Longo

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10c 10c 10a (= Tav 161:7)

Encontros vocálicos: 5 mi‿a

Notes


Text
  • *

    Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas atá a fiinda, cunha ligazón adversativa coa derradeira estrofa neste caso, véxase nota á cantiga 92. Con todo, nas edicións precedentes nin sequera é considerada a ligazón interestrófica das dúas primeiras cobras, excepto na edición de Longo.

  • 6

    O sentido da composición e a métrica condicionan a necesaria emenda da lección <q̄rer> de BV, para estabelecer, como solución ecdoticamente máis respectuosa cos manuscritos, quer, cuxo suxeito é unha terceira persoa (un rival ou o marido), que tamén é o suxeito do verbo ten do v. 9. Neste sentido, a manutención de querer, para alén de solución hipermétrica, é dificilmente integrábel no discurso, e a innovación ven dalgúns editores tampouco ten xustificación editorial.

  • 7

    A interpretación que propomos parte de considerar que as leccións <merecj> e <merercj> de B e V, respectivamente, encobren unha P3 que esixe a segmentación merec’i (= merece + i), que ningún editor practica. Deste xeito, cunha lectura fiel do manuscrito, transparece unha interpretación coherente semanticamente e correcta do punto de vista lingüístico, coa introdución do pronome CD, necesario, por outra banda, para a correcta contaxe decasilábica do verso.

  • 8-11

    Para alén de mantermos a unánime lección <tem> (mha en Nunes; eu en Arbor Aldea; vem en Longo), coidamos que é posíbel evitar intromisións textuais e respectar a lección dos manuscritos sempre e cando se segmente a conxunción copulativa en sempr’e (v. 9). Deste modo, a interpretación da pasaxe sería a seguinte: ‘porque (o rival) considera (ten), señora, porque vos servín sempre e digo que sodes a mellor do mundo e trobo polo voso amor, que me facedes gran ben...’.

    Aínda que minoritaria, a forma milhor, con pechazón de /e/> /i/ por influencia de consoante palatal (por iode na súa base etimolóxica meliōrem), ten certa presenza na lingua trobadoresca.

  • 13

    En frases negativas con ren, a presenza do adverbio non é constante; é por isto que, tendo en conta ademais a ausencia dunha sílaba métrica no verso, restauramos o adverbio de negación que non é contemplado en ningunha das precedentes edicións. Para contextos semellantes, cfr., por exemplo, e non lle custar / a ela ren de seu aver (123.20-21), ou ca mi non tolh’a mí ren (578.13).

  • 15-16

    Enténdase: ‘Mais eu, señora, en mal día nacín, comparado con el’. Isto é, el [o marido/rival] non aprecia o ben que ela ten, non é capaz de o valorar (non ten por ben o gran ben dela).

    Nesta cantiga rexístrase conhecedor (tamén en 113.11, xunto con conhecer no v. 22), e fronte aos xerais conhocer e conhocedor, que se corresponden coa base cognoscere antes da disimilación consolidada modernamente. Neste sentido, lémbrese que Afonso Sanchez pertence á derradeira xeración de trobadores.

  • 18

    A segmentación dun artigo en fezo por parte de Longo (fez o ben) contradí o frecuente e habitual fazer ben trobadoresco.

  • 23

    A hipometría resólvese ben coa consideración dun que ausente por haploloxía, similar á dé [de] (19.3, 183.17), aínda que outras opcións son posíbeis, tal como mostran as diferentes propostas editoriais precedentes.

    A aglutinación de ja e que xerou o pronome indefinido ja-que ‘algo’ (cfr. ja-quanto; véxase nota a 347.9), que ten certo uso na lingua trobadoresca (33.14, 56.25, 238.23, 266.16, 347.14, 603.7, 1021.20, 1417.2, 17 e 27, 1675.3). Cfr. notas a 1012.18 e 1419.32.

Search
    No results