(I) En aciago día vos coñecín, señora, por canto mal me vén por vós, porque me vén coita –nunca a vin maior–, por vós, señora, sen outro ben; alén diso, por este mal que me a min vén por vós, como se fose ben, quéreme mal (aquel) a quen nunca llo merecín, (II) pois considera, señora, porque eu sempre vos servín e digo que sodes a mellor do mundo e trobo polo voso amor, que me facedes gran ben; e así vede agora, miña señora de bo siso: este ben tal non me é necesario, agás se vós máis valedes por iso.

(III) Mais eu, señora, en aciago día nacín por causa del, que non ten o voso ben nin o coñece, a quen Deus, aínda que lle fixo ben así, non lle concedeu o mérito de llo dar; porén, señora, así me veña ben, deste gran ben que el non considera como ben, moi pouco del sería moito para min, (1) pois, miña señora, é xusto que, cando alguén presta servizo e non pide nada (a cambio), que lle dean (algo): eu servín sempre e nunca vos pedín (nada).